310 [= RM 72,2]
A mia sennor, que me foi amostrar

A mia sennor, que me foi amostrar
Deus por meu mal, por vos eu non mentir,
e que sempr’eu punnei de a servir,
muit’ouve gran sabor de m’enganar,
ca me falou primeir’, u a vi, ben,
e, pois que viu que perdia o sén
por ela, nunca m’er quiso falar.
E, se m’eu dela soubesse guardar
quando a vi, punnara de guarir;
mais foi-me ela ben falar e riir,
e falei-ll’eu e non a vi queixar
nen se queixou que a chamei «sennor»,
e, pois me viu mui coitado d’amor,
prougo-lle muit’e non m’er quis catar.
E, pois me queria desemparar
quando a vi, mandasse-me partir
logo de sí e mandasse-m’end’ir;
mas non lle vi de nulla ren pesar
que ll’eu dissesse (tan ben me catou!),
e, pois viu que seu amor me forçou,
leixou-m’assi desemparad’andar.
E deferença dev’end’a fillar
tod’ome que dona fremosa vir
de min, e guarde-se ben de non ir
com’eu fui log’en seu poder entrar,
ca ll’averra com’avẽo a min:
servi-a muit’e, pois que a servi,
fez-mi aquesto quant’oides contar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 199, B 350

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 387-388 [= LPGP 469]); Littera (2016: I, 547).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 128); Carter (2007 [1941]: 116-117); Machado & Machado (1950: II, 113-114); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 310).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 323); Arias Freixedo (2003: 500-501).

Variantes manuscrites


1 amostrar] mostrar B   2 vos] uus A   3 e que sempr’eu punnei de a servir] Que senpreu muyto punhey de seruir B   5 me falou primeir’] mi falou primeyro B   6 viu] {uju} A : ueio B   7 er quiso] ar quis   8 E] om. A; soubesse] soubera B   9 punnara] punara A   10 me ela] me la B   12 que] pᵉ que B; sennor] senor A   13 pois me viu] poys que me uyo B   14 prougo-lle] Prouguelhi B; er] ar B   15 queria] queiria B   18 mas non lle] Mays non lhi B   20 viu] uyo B   21 desemparad’andar] desanparadandar B   22 end’a] en de B   23 tod’ome] Codome B   25 com’eu] Como eu B; seu] ssu B   26 ll’averra] lha ueiria B   28 fez-mi aquesto quant’oides contar] leixou massi desenꝑad andar A

Variantes éditoriales


2 vos] vus Michaëlis   3 e] é[n] Michaëlis   10 me ela] m(e) ela Michaëlis : m’ela Littera   18 mas] Mais Michaëlis   19 dissesse (tan ben] dissess’! e tamben Michaëlis   26 avẽo] aveo Littera

Paraphrase


(I) A miña señora, que Deus me mostrou para mal meu –non vos quero mentir–, e que sempre me esforcei en servir, tivo un gran desexo de me enganar, porque me falou ben primeiro, cando a vin, e, cando viu que perdía o sentido por ela, nunca máis me quixo falar.

(II) E se eu me soubese protexer dela cando a vin, esforzaríame por vivir; mais ela faloume ben e riu, e eu faleille e non vin que se queixase nin se queixou cando a chamei «señora», e, cando me viu moi coitado de amor, próugolle moito e xa non me quixo nin ver.

(III) E xa que me quería desamparar cando a vin, (debera) mandar que me separase inmediatamente dela e que me fose de alí; mais non vin que lle pesase cousa ningunha do que lle eu dixen –tan ben me mirou!–, e, cando viu que o seu amor me someteu, deixoume andar así desamparado.

(IV) E por isto debe tomar exemplo de min todo home que vexa unha dona fermosa, e gárdese ben de se someter ao seu poder como eu me sometín, pois halle acontecer como me aconteceu a min: servina moito e, porque a servín, fíxome todo isto que me ouvides contar.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:49)

Encontros vocálicos: 10 meela; 28 -miaquesto

Notes


Texte
  • 1

    A forma mostrar de B (vs. amostrar) restaría unha necesaria sílaba no verso (cfr. v. 7). Véxase nota a 35.12.

  • 2

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.) e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. 

  • 3

    Coa introdución de muito, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional equilibra metricamente o verso pola ausencia nese cancioneiro da copulativa e do pronome CD: e que sempr’eu punnei de a servir vs. que sempr’eu muito punhei de servir.

  • 7

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

    A variante quis de B faría hipométrico o verso (cfr. v. 1). Véxase nota a 60.19.

  • 8

    Resulta certamente interesante a variante de B, que presenta unha forma de antepretérito na cláusula condicional, especialmente cando o verbo principal tamén é unha forma de antepretérito (tamén en pretérito), unha construción que se encontra esporadicamente ao longo dos primeiros séculos da lingua (cfr. nota a 318.3). Véxase, por exemplo, na Crónica Troiana:

    E, sen falla, se eu cabo uós estouera, nõ fora home que vos ousasse matar (Lorenzo 1985: 365)

    En territorio portugués, na quiñentista obra de Gomes Eanes de Zurara:

    ate que a rrompeo por allgu͂s lugares como se fora sayo de pano (Zurara 1997: 184).

  • 11-12

    Nótese a consecutiva aparición de queixar como verbo intransitivo (raro) e pronominal (de uso frecuente).

  • 12-13

    Nestes versos, B presenta o acrecentamento espurio de dous elementos que hipermetrizan os versos: no v. 12 coa presenza de por, arrastrado por que (por que), e no seguinte coa aparición de que, arrastrado por pois (pois que).

  • 15

    Resulta sorprendente a aparición de emparar en A (tamén no v. 21), pois esta variante é típica de BV fronte a amparar, xeral no Cancioneiro da Ajuda (véxase amparar A vs. emparar BV en 73.17, 74.22, 118.14, 130.21, 133.28, 145.11, 146.1, 169.r2, 13 e 14, 170.3, 422.17, 423.4, 23 e 25, 982.15 e 16, 983.23, 24, 25 e 26). Cfr. nota a 72.3 e 506.18.

  • 16-17

    Mandasse (nos vv. 16 e 17) funciona nas dúas aparicións, a pesar de seren formas subxuntivas, como verbo principal do período, tendo que subentender un verbo declarativo. En calquera caso, usos sintácticos similares aparecen  esporadicamente na lingua medieval:

    E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 123).

    E quisesse ora Deus que nós... (Confessio Amantis; Faccon 2012: 283). 

    No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 237.3, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.

  • 19

    A discutíbel aglutinación michaëliana da copulativa deste verso provoca a aparición dun rarísimo tamben, que só se rexistra 295.22, cunha interpretación en que non se considera a cláusula exclamativa.

  • 21

    Este verso repítese case literalmente nunha cantiga de Joan Soarez Coelho (265.18).

  • 22

    Deferença, forma única no corpus profano galego-portugués (véxase Glosario, s.v. fillar deferença), probabelmente é termo de introdución tardía, pois é tamén infrecuente na restante produción medieval; só o achamos nos Miragres de Santiago (Santiago Alfeu he chamado Alfeu a deferença d’este Santiago primeiro que se chama Zebedeu; véxase Pensado 1958: 19), mais atéstase xa repetidamente na prosa portuguesa (didáctica) do século XV (véxase CdP, s.v. deferença, diferença).
    Por outra banda, de novo en B, fronte a A, aparece unha variante redaccional en que a perífrase dever + infinitivo omite o nexo preposicional (véxase nota a 146.29): dev’end’a fillar vs. dev’ende filhar (ou dev'én de filhar).

  • 28

    O Cancioneiro da Ajuda copiou, por lapso, o v. 21, final da estrofa anterior.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé