962 [= RM 63,15]
A por que perço o dormir

A por que perço o dormir
e ando mui namorado,
vejo-a d’aqui partir
e fic’eu desemparado;
a mui gran prazer se vai
a Crexent’en sua mua baia:
vestida d’un pres de Cambrai,
Deus, que ben lh’está manto e saia!
A morrer ouvi por én,
tanto a vi ben talhada
que parecia mui ben
en sua sela dourada;
as sueiras son d’ensai,
e os arções, de faia:
vestida d’un pres de Cambrai,
[Deus, que ben lh’está manto e saia!]
Se a podess’eu filhar,
terria-m’én por ben-andante,
e nos braços a levar
na coma do rocin, deant’, e
per caminho de Lampai
passar Minh’e Doir’e Gaia:
vestida d’un pres de Cambrai,
[Deus, que ben lh’está manto e saia!]
Se a podess’alongar
quatro legoas de Crecente
e nos braço-la filhar,
aperta-la fortemente,
non lhi valria dizer «ai!»
nen chamar Deus nen Santa Ovaia:
vestida d’un pres de [Cambrai,
Deus, que ben lh’está manto e saia!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manoscritti


B 960, V 547

Edizioni


I. Rodríguez (1980: 130-131 [= LPGP 378-379]); Lopes (2002: 195); Arias Freixedo (2017: 197); Littera (2016: I, 435-436).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 196); Braga (1878: 104); Gassner (1933: 413); Machado & Machado (1953: IV, 331-332); Fernández Pousa (1959: 100); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 62-63).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 155-156); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 55-57); Álvarez Blázquez (1975: 30-31); Pena (1990: 26-27); Pena (1993: 108-109); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 87-88); Morán (1999: 39-40); [Morán] (2001: 40-41); Arias Freixedo (2003: 434-435); Souto Cabo (2017: 115); Corral Díaz & Vieira (2023: 154-155).

Varianti manoscritte


1 perço] perco B : perzo V   2 ando] audo B : q̅do V   3 d’aqui] da qni V   6 a Crexent’en] A quexenten B : aquexenten V   9 morrer] moirer B   13 sueiras] sueytas B; son d’ensai] son deu ssay B : sou deu ssay V   14 arções] arcōes B   15 pres] prez B   18 terria-m’én] temamēde B : temaraēde V; ben-andante] beu andāte B   19 nos braços] uꝯ bracos B   20 rocin] racin B   23 Cambrai] tābray V   26 legoas] legdas B   27 nos] uꝯ V   29 valria] ualiria B

Varianti editoriali


1 perço] perco Lopes   6 a Crexent’en] a que x’én ten Rodríguez : a Quexent’, em Lopes, Littera   9 ouvi] houv’i Littera   14 de faia] [son] de faia Rodríguez, Lopes, Arias Freixedo : [som] de faia Littera   17 podess’eu] pudess’eu Lopes, Arias Freixedo, Littera   20 deant’, e] deante Rodríguez, Lopes, Littera   22 Minh’] Minh[o] Rodríguez   25 podess’eu] pudess’eu Lopes, Arias Freixedo, Littera   30 Santa Ovaia] Sant’Ovaia Lopes, Arias Freixedo, Littera

Parafrasi


(I) Aquela, por quen perdo o sono e de quen ando moi namorado, véxoa irse de aquí e eu fico desamparado; moi contenta se vai para Crecente, na súa múa baia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(II) Houben de morrer por iso, de tan ben feita que a vin, pois estaba moi fermosa na súa sela dourada; as galdrapas son de lá escura e os arzóns (son) de faia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(III) Se a puidese coller teríame por afortunado, e levala abrazada diante na coma do cabalo, e polo camiño de Lampai pasar o Miño e o Douro e Gaia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(IV) Se puidese afastala catro leguas de Crecente e collela nos brazos, apertala fortemente, de nada lle valería gritar “ai” nin chamar por Deus nin por Santa Vaia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!

Metrica


Esquema métrico: 7a 7’b 7a 7’b 7c 9’d 8C 8’D (I, IV) + 7a 7’b 7a 7’b 7c 7’d 8C 8’D (II-III) (cfr. RM 112:2)

Encontros vocálicos: 1 perçoo; 8 mantoe; 16 mantoe; 18 te·rri͜a; 20 de͜an·t’, e; 24 mantoe; 26 le·go͜as; 29 val·ri͜a; 30 mantoe

Note


Testo
  • *

    Esta composición de Joan Airas presenta, tal e como foi transmitida polos apógrafos italianos, unha aparente división métrica entre as estrofas I e IV, por unha banda, e as estrofas II e III, por outra. En calquera caso, e aínda así, son necesarias diversas crases para encaixar algúns versos no esquema da cantiga.

  • 6

    A lectura Crexente (cfr. a complicada interpretación de Rodríguez, tentando ser fiel aos códices) foi estabelecida por Arias Freixedo (2012a) 1a partir de dous factos: a) a frecuente confusión <q>/<cr> nos apógrafos italianos: mizcrado <mi[*]crado> B (148.24), creer <qeer> V (349.10), creo <qeo> V (371.6, 1448.15), creede <qee/de> V (476.16), creede <creede> B, <qede> V (628.22), crua <qua> BV (876.4), creede <qeede> BV (1237.44), cras <qas> B (1588.16). Do mesmo xeito, a confusión <q>/<cr>/<tr>, polo frecuente troco gráfico <c>/<t>: trobei <trobey> B,  <qoley> V (384.10), trobar <trobar> B, <qobar> V (384.21), trobo <troto> B, <qoto> V (384.26), trobastes <trotastes> B, <qotastes> V (384.30), trob’e <trobe> B, <qobe> V (384.34), outro <outro> B, <ouqo> V (477.8), outra <outra> V, <ouq(u)a> V (478.26), retraudo <reqau’do> B, <reqaudo> V (494.43), falcatrua <falcacrua> B, <falçaqua> V (876.10), mentre <mētre> B, <mēqe> V (880.23), escontra <E scõqa> B, <escõ (q)cra> V (938.15); b) unha explicación coherente desde a base latina do topónimo Crescentem para xustificar a evolución a Crexente (cfr. a mesma forma en 969.1, tamén de Joan Airas de Santiago), que alterna con Crecente (véxase v. 26): sen dúbida, o grupo consonántico -sc- pode desembocar na solución fonética /ʃ/ con absorción do iode (cfr. mĭscere > mexer) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §25d.2, 27b).
    Crecente alude á aldea dese nome, moi cerca do río Sar, actualmente xa integrada no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

  • 7

    O pres refírese a un tecido fino de Flandres, tamén citado, coa mesma orixe en Cambrai, nunha cantiga de Fernan Soarez de Quinhones:

    e, se queren dizer «ai!»,
    atá lhis faz as olheiras
    ben come pres de Cambrai (1574.20).

    Véxase tamén o pres presente nun documento en latín (tardío) de 1245:

    Martino alfonisi clerico fratris mei Magistri Petri pallium meum et garnacham de pres (cfr. CGPA, s.v.).

    Cambrai é unha cidade francesa (Cambray) famosa polos seus tecidos1 .

  • 13

    As sueiras (‘galdrapas, tecidos que se colocan nas ancas das cabalarías’) son de ensai, un tecido de lá, negro ou escuro, de baixa calidade, fabricado en Bruxes, Iprés, Gante e Tournay (véxase Martínez Meléndez 1989: 73-75).

  • 14

    A medida heptasilábica do verso escusa a reintegración son que os anteriores editores introduciron desnecesariamente no verso, pois o verbo ben pode ser considerado elíptico.

  • 16

    A aparición de ende por én é relativamente frecuente nos apógrafos italianos (204.16, 798.18, 1187.8, 1229.10, 1538.10); esta forma ende é ás veces emendada no Cancioneiro da Ajuda, que transmite en xeral mellores lecturas: de lhe fogir, ca non ei én [<endo> B = end’o] poder (201.10).

  • 20

    A coma indica as crinas da cabalgadura. É voz que aparece fundamentalmente en obras relacionadas coa montaría ou coa arte de cabalgar. Así, a modo de exemplo, véxanse algunhas atestacións no Livro da Montaria (entre os séculos XIV e XV) no Corpus Galego-Portugués Antigo:

    Dito como se o porco á -de matar sen alaão, diremos como de justa e en que lugar, ca os porcos se matam de muytos modos, segundo as entençoões dos monteyros que con elles justam, ca alguns sempre os leixam à maão esquerda e per cima das comas do cavalo justam con elles, outros metem a azcuma igualmente ao rostro do seu cavalo e vam ao porco dereitos [...] A primeira he quando o monteyro corre empos o porco e o porco fica à maão ezquerda en o remesando a través da coma do cavalo, e este he boo matar sen perigo de si e do cavalo.

    Finalmente, repárese en que a segmentación da copulativa en deante (que ningún editor propuxo) permite ligar as cláusulas e evitar unha xustaposición que confire un ritmo sincopado á pasaxe.

  • 21

    Lampai é unha parroquia do concello de Teo, moi preto de Santiago de Compostela.

  • 22

    Gaia refírese a Vila Nova de Gaia, en Portugal, na marxe esquerda do río Douro, fronte ao Porto. Estes topónimos aparecen asociados no refrán doutra cantiga (anónima, e tamén atribuída a Roi Gomez de Briteiros e a Martin Soarez), talvez relacionada con esta (149.r2):
              morarei cabo da Maia,
              en Doir’, entr’o Port’e Gaia
    .

  • 26

    Legoa conta sempre como bisilábico na poesía trobadoresca profana galego-portuguesa (véxase 114.26, 461.3, 1366.r1).

  • 27

    Para alén da xeral asimilación do substantivo Deus co pronome identificador (véxase nota a 25.16), poden atestarse outras asimilacións esporádicas con algúns substantivos, como moscas (490.16) e tamén con donas (721.5), braços (962.27) e vezes (1487.4), ás veces coa grafía arcaica <s-l>. Véxase nota a 5.10.

  • 30

    Santa Ovaia é evolución do lat. Sancta Eulalia, que deixou múltiplos resultados no territorio galego-portugués: Santalla, Santaballa (port. Santa Valha), Santoalla...

  1. ^

    O cambrai das Cantigas de Santa Maria significa ‘tecido fino ou transparente, de algodón ou de liño’: Que me faz a mort' ond' ei gran pavor, / e o mal que me ten tod' enredor, / que me fez mais verde mia coor / que dun canbrai (CSM 279.22); na mesma composición rexístrase tamén a voz enssay (CSM 279.17), aínda que neste contexto teña unha significación diferente. Véxase tamén Rodríguez Parada (2019: 191-193) e Morán Cabanas (2001: 104).

Cerca
    Nessun risultato trovato