1051 [= RM 63,16]
A que mi a min meu amigo filhou

A que mi a min meu amigo filhou
mui sen meu grad’e non me tev’en ren,
que me servi’e mi queria ben,
e non mi-o disse nen mi-o preguntou,
mal i sera quando lho eu filhar
mui sen seu grad’e non a preguntar.
E, se m’ela mui gran torto fez i,
Deus me leixe dereito dela aver,
ca o levou de min sen meu prazer
e ora ten que o levará assi:
mal i sera quando lho eu filhar
[mui sen seu grad’e non a preguntar].
E ben sei eu dela [o] que dira:
que non fiz eu por el quant’ela fez,
mais quiçai mi-o fezera outra vez;
e, pero ten ben que o avera,
mal i sera [quando lho eu filhar
mui sen seu grad’e non a preguntar].
[E] enton veredes molher andar
pos min chorand’, e non lho querrei dar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 1047, V 637

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 296-297); Rodríguez (1980: 271 [= LPGP 379]); Cohen (2003: 582); Littera (2016: I, 466).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 226); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 48-49); Fernández Pousa (1959: 270).

Manuscript variants


1 min] mi V   8 dereito] dẽuo V   13 eu] en B   14 quant’ela] an̄tela V   15 fezera] feza B   19 enton] euton B   20 querrei dar] queirey andar B : q̅rrey / eu dar V

Editorial variants


1 min] mi Nunes, Littera   3 me] mi Rodríguez; servi’e] servi[a] e Nunes   5 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   8 me] mi Nunes   11 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   13 [o] que dira] que [vos] dirá Cohen, Littera   17 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   19 [E] enton veredes] Enton ve[e]redes Nunes, Littera   20 querrei dar] querrei eu dar Cohen

Paraphrase


(I) A que me arrebatou a min o meu amigo moi ao meu pesar e non me tivo en consideración, que me servía e me quería ben, e non mo dixo nin mo preguntou, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(II) E se ela me fixo unha ofensa moi grande, Deus me permita recibir xusta compensación, porque o levou de min contra a miña vontade e agora cre que o levará así: mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(III) E ben sei eu o que ela dirá: que eu non fixen por el tanto como ela fai, mais quizais llo fixera noutra ocasión; e, aínda que cre que o terá, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(1) E entón veredes unha muller andar tras min chorando, e non llo quererei dar.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:78) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 1 mia; 4 mi͜-o; 8 delaaver; 10 levaráassi; 15 mi͜-o

Notes


Text
  • 5

    É desnecesaria, na nosa opinión, a emenda no refrán que converte i en lhi, corrección que se encontra en diversos editores ao longo do corpus, sempre despois de vocábulo acabado en -l (véxase 212.51425.5).

  • 13

    A corrección máis natural da hipometría asenta na recuperación do artigo.

  • 15

    A forma maioritaria do adverbio de dúbida quiça (véxase Glosario, s.v.), convive coa diverxente quiçai, que só se rexistra nos textos poéticos (tamén en UC 1526.8 e 1594.11). A controversa orixe deste adverbio apunta ao lat. qui sapit, por máis que haxa problemas fonéticos para explicar a súa evolución. A forma quiçai tamén está presente nas Cantigas de Santa Maria:

    mas de vos[s]as dõas me dad’, e eu llas darei,
    e quiçay per esto a poderei enganar (CSM 64.64).

    Entonce disseron todos: "Quiçai aqueste rapaz
    foi furtar a offerenda, que lle Deus [aqu]esto faz" (CSM 329.65).

    De todos os modos, a variante quiçais, consolidada no galego moderno, xa aparece na Crónica Troiana (cfr. CGPA, s.v. quiçays).

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19

  • 20

    A aparición do erro <andar>/<eu dar> por dar en BV semella inducido pola presenza de andar no verso anterior, cunha refacción do copista na procura de sentido no Cancioneiro da Vaticana.

Search
    No results