118 [= RM 115,2]
A ren do mundo que mellor queria

A ren do mundo que mellor queria
nunca m’én ben quis dar Santa Maria,
mais quant’end’eu no coraçon temia
ei! ei! ei!,
sennor: sennor, agora vi
de vós quant’eu sempre temi.
A ren do mundo que eu máis amava
e máis servia nen máis desejava,
Nostro Sennor, quant’end’eu receava
ei! ei! ei!,
sennor: [sennor, agora vi
de vós quant’eu sempre temi].
E que farei eu, cativ’e cuitado?
Que eu assi fiquei desamparado
de vós, por que cuita grand’e cuidado
ei! ei! ei!,
[sennor: sennor, agora vi
de vós quant’eu sempre temi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 32, B 147

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 71-72); Vallín (1995b: 159 [= LPGP 726-727]); Littera (2016: II, 234-235).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 58); Carter (2007 [1941]: 31-22); Marques Braga (1945: 68-69); Machado & Machado (1949: I, 212-213); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 118).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 4); Torres (1977: 505); Alvar & Beltrán (1989: 92-93); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 168); Alvar & Talens (2009: 326).

Variants manuscrites


2 santa] sancta B   3 eu] en B   6 vós] uus A; temi] tā muyto temj B   8 servia] ƥma B   13 eu, cativ’e cuitado] ca ciue mujtado coitado B   14 desamparado] desenparado B   15 cuita grand’e cuidado] coita g̃nde coydado B

Variants editorials


2 Santa] sancta Michaëlis, Vallín   6 vós] vus Vallín   12 vós] vus Vallín   13 cuitado] coitado Littera   15 cuita] coita Littera; cuidado] coidado Michaëlis   18 vós] vus Vallín

Paràfrasi


(I) Da cousa do mundo que mellor quería nunca dela me quixo dar ben Santa María, mais canto eu no corazón temía teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.

(II) Da cousa do mundo que eu máis amaba e máis servía e máis desexaba, Noso Señor, canto eu receaba teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.

(III) E que farei eu, infeliz e coitado? Que eu fiquei así desamparado de vós, por quen coita grande e aflición teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 3B 8C 8C (cfr. RM 25:2)

Notes


Text
  • 4

    No primeiro verso do refrán sería teoricamente posíbel interpretar a tripla secuencia <ei>~<ey> como é i, é i, é i, con coherencia semántica no conxunto da cantiga (mudando a estrutura métrica para 10’a 10’a 10’a  6B 8C 8C.

  • 6

    Nótese en B o carácter decasilábico do terceiro verso do refrán, resultado talvez dun intento de igualar a medida á dos versos do corpo estrófico.

  • 7

    Certas formulacións características da poesía trobadoresca poden acharse, en ocasións, formalmente incorporadas en obras afastadas da órbita da poesía. Véxase este verso literalmente reproducido na Crónica de 1344:

    por quanto eu perdi el rey dom Sancho, meu irmãao e teu padre, que era a rem do mu͂do que eu mais amava (Cintra 1952-1990: III, 66).

  • 13

    Nótese a alternativa expresiva de B para este verso: E que farei eu, cativ’e cuitado? A vs. E que farei, cativ’e moi coitado? B.

    En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat