1147 [= RM 77,2]
A San Servand’en oraçon

A San Servand’en oraçon
foi meu amig’, e porque non
foi e[u] choraron des enton
estes meus olhos con pesar,
e non os poss’end’eu quitar
estes meus olhos de chorar.
Pois que s’agora foi d’aqui
o meu amig’e o non vi,
filharon-s’a chorar des i
estes olhos meus con pesar,
e non os poss’end’eu quitar
[estes meus olhos de chorar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1144, V 736

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 335 [= LPGP 499]); Cohen (2003: 371); Littera (2016: I, 583-584).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 257); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 216); Camargo et alii (1990: 30); Burgazzi (2015: 32-33).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 95).

Variantes manuscritas


1 en oraçon] eu orazon V   2-3 non / foi] nō (foy) / Foy B   5 non os] nouꝯ B; end’eu] andeu B   11 non os] nouꝯ B; end’eu] andeu B

Variantes editoriais


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 2-3, sen incluír o primeiro verso.

10 olhos meus] meus olhos Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo foi facer oración a San Servando, e, porque eu non fun, desde entón choraron estes meus ollos de pena, e non os podo tirar, estes meus ollos, de chorar.

(II) Porque agora se foi de aquí o meu amigo e non o vin, puxéronse a chorar desde ese momento estes ollos meus de pena, e non os podo tirar, estes meus ollos, de chorar.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8a 8a 8B 8B 8B (= RM 19:29)

Notas


Texto
  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 3

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 9

    A perífrase filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción; presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, viu-me chorar e filhou-s’a chorar (1222.6).

  • 10

    Máis unha vez aparece unha variación sintáctica, sen consecuencias significativas, no refrán dunha cantiga; neste caso prodúcese unha mudanza posicional de elementos (estes meus olhos > estes olhos meus), que nas anteriores edicións (Nunes, Cohen, Littera) foi apagada coa extensión do refrán da estrofa I para a estrofa II. No caso da edición de Littera resulta sorprendente que este verso do refrán, embora nivelado co v. 4, non sexa considerado como tal.

Procurar
    Não foram encontrados resultados