868 [= Tav 14,3]
A Santiag’en romaria ven

A Santiag’en romaria ven
el-rei, madr’, e praz-me de coraçon
por duas cousas, se Deus me perdon,
en que tenho que me faz Deus gran ben:
ca ve[e]rei el-rei, que nunca vi,
e meu amigo, que ven con el i.
 
 
 
 
5
 

Manuscrits


B 874, V 458

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 234-235); Tavani (1993 [1963]: 104 [= LPGP 121]); Cohen (2003: 316); Littera (2016: I, 127).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 169); Braga (1878: 87); Machado & Machado (1953: IV, 207); Fernández Pousa (1954: 26); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 34).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 33); Pellegrini (1928: 29); Seoane (1941: 27); Álvarez Blázquez (1975: 26); Torres (1977: 445); Pena (1990: 181); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 20).

Variantes manuscrites


1 A Santiag’en romaria] A santi\a/gu em em iromaria B   2 el-] ell V; coraçon] coracon B : coracō V   3 cousas] cousa V; Deus] *s V   5 el-] Ell B : ell V   6 e] et B; i] hir B : hu V

Variantes éditoriales


5 ve[e]rei] verê’i Nunes

Paraphrase


A Santiago vén en romaría el-rei, madre, e práceme de corazón por dúas cousas, así Deus me perdoe, en que considero que me fai Deus gran ben: que verei el-rei, que nunca o vin, e (que verei) o meu amigo, que vén con el aquí.

Métrique


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C

Encontros vocálicos: 1 San·ti·a·g’en; 5 ve·e·rei

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga debe estar incompleta, pois ficaron seis liñas en branco no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Por outra parte, non existe certeza da existencia do refrán, aínda que a súa presenza está suxerida pola maiúscula inicial en B (<Ca>) e mais pola rima idéntica dos dous versos.

  • 2

    A grafía <ll> /l/ (véxase V no v. 2 e BV no v. 5) en posición trabante, final de sílaba ou de palabra, constitúe unha rareza gráfica nos manuscritos que transmitiron a lírica profana galego-portuguesa. Ausente no Cancioneiro da Ajuda, só aparece esporadicamente nos apógrafos italianos. No que di respecto a el <ell>, pronome ou artigo el-(rei), véxase 637.2 (BV), 868.2 e 5 (BV), 918.8 (V vs. B), 1446.2 (V vs. B), 1450.4 (BV); tamén <all> al en 1446.7 (V vs. B). Cfr. nota a 29.22.

  • 5

    Nunes tentou restaurar a isometría cunha complexa crase trisilábica verê’i (= verei + i). Porén, a solución máis económica pasa por recuperar o hiato etimolóxico, partindo da formación latino-vulgar do futuro: *uĭdēre + ai(o) veerei.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé