523 [= RM 25,17]
A tal estado mi adusse, senhor

A tal estado mi adusse, senhor,
o vosso ben e vosso parecer
que non vejo de mí nen d’al prazer,
nen veerei ja, enquant’eu vivo for,
u non vir vós, que eu por meu mal vi.
E queria mia mort’e non mi ven,
senhor, porque tamanh’é o meu mal
que non vejo prazer de min nen d’al,
nen veerei ja, esto creede ben,
u non vir vós, que eu por meu mal vi.
E, pois meu feito, senhor, assi é,
querria ja mia morte, pois que non
vejo de mí nen d’al, nulha sazon,
prazer, nen veerei ja, per bõa fe,
u non [vir] vós, que eu por meu mal vi,
pois non avedes mercee de min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscripts


B 525, V 108, T 2

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 32 [= LPGP 183-184]); Nunes (1972 [1932]: 113-114); Eirín (2015: 128); Littera (2016: I, 181).
II. Outras edicións: Moura (1847: 42-44); Monaci (1875: 47-48); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 67); Montero Santalha (1997: 231-232); Júdice (1997: 104); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 130-131).
III. Antoloxías: Vasconcellos (1959: 28); Tavares (1943 [1923]: 24-25); Tavares (1961: 20).

Manuscript variants


8 nen] ne T   12 querria] Queiria B : q̄iria VT   14 bõa] boa B : bona V1

Editorial variants


14 bõa] bona Lang   16 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paraphrase


(I) A tal estado me levou, señora, o voso ben e a vosa fermosura que non vexo nin de min nin doutra cousa nada que me agrade, nin o verei nunca en canto eu estiver vivo, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal.

(II) E querería a miña morte e non me vén, señora, porque o meu mal é tan grande que non vexo en min nin noutra cousa nada que me agrade, nin o verei xa, crédeo ben, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal.

(III) E pois o meu estado, señora, é este, querería xa a miña morte, xa que non vexo nin de min nin de ningunha outra cousa, nunca, nada pracenteiro, nin o verei xa, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal, (1) pois non tendes piedade de min.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10c (= RM 155:2)

Encontros vocálicos: 1 miadusse; 4 ve͜e·rei; 9 ve͜e·rei; 14 ve͜e·rei

Notes


Text
  • 5

    O pronome vós (no refrán, tamén nos vv. 10 e 15), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 9

    Co verbo creer como núcleo, no corpus trobadoresco profano aparecen as frases formularias aseverativas ben o creede, ben o creades e esto creede ben (véxase Glosario, s.v. creer).

  • 14

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilãoSobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 16

    Eirín isola sintacticamente a fiinda da estrofa anterior, a pesar de constituír unha cláusula causal dependente de vejo (v. 13) e veerei (v. 14).

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

Search
    No results