927 [= RM 59,1]
A vos[s]a mesura, senhor

A vos[s]a mesura, senhor,
aguardei mal dia por min,
ca desmesura des ali
me faz ca[da] dia peior,
ca me busca convosco mal,
e a mesura non me val
e leixa-me morrer d’amor.
E, senhor, mal dia naceo
que[n] mesura muito aguardou
como eu guardei, e sempre achou
desmesura, que me tolheu,
ca onde eu cuidei aver ben
por servir nunca ouve én ren,
ca desmesura me tolheu.
A vossa mesura gardei,
senhor, sempre máis d’outra ren,
e a desmesura por én
me faz tal mal que me non sei
con ela ja conselh’aver,
e leixa-me d’amor morrer,
e da mesura ben non ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 924, V 512

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 343-344); Lorenzo Gradín (1996: 224 [= LPGP 359]); Littera (2016: I, 409).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 186); Braga (1878: 97-98); Machado & Machado (1953: IV, 288).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 81).

Variants manuscrites


3 ca] ia V; ali] ah BV   4 me] che B   5 busca] hus ta V   7 morrer] moirer B   8 naceo] nateo V   13 servir] seeruir BV; ouve] eame V   14 desmesura] desmesuta B : des messura V   15 mesura] messura V; gardei] gardei B : ḡrdei V   17 e] Et BV; desmesura] desmessura V; por] pour B   18 me non sei] non sei B   19 ja] iā B   20 e] Et B; d’amor] da amor V; morrer] moirer B   21 e] Et B; mesura] messura V

Variants editorials


3 ali] ahí Lorenzo Gradín : aí Littera   8 naceo] naceu Littera   9 muito] muyt(o) Nunes   10 sempre] sempr(e) Nunes : sempr’ Lorenzo Gradín   12 onde] ond(e) Nunes   13 ouve] ouv(e) Nunes   15 gardei] guardei Nunes

Paràfrasi


(I) En mal día para min, señora, esperei a vosa mesura, pois a desmesura desde entón faime cada día peor, porque me busca o voso mal e a mesura non me socorre e déixame morrer de amor.
(II) E, señora, mal día naceu quen esperou moito a mesura como eu esperei, e sempre achou desmesura, que me deixou privado (do ben), porque onde eu pensei recibir ben por servir nunca recibín nada diso, porque a desmesura me paralizou.
(III) A vosa mesura esperei, señora, sempre máis que outra cousa, e por iso a desmesura me fai tal mal que non sei xa como facer con ela, e déixame morrer de amor e da mesura non recibo galardón.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:243)

Encontros vocálicos: 8 na·ce͜o; 10 comoeu, sempreachou; 12 ondeeu; 13 ouveén

Notes


Text
  • 3

    Só un lapso pode explicar o ahí de Lorenzo Gradín ( en Littera), forma inexistente na lingua trobadoresca, que na serie espacial en -i só utilizaba as formas aqui - i - ali.

  • 4

    Nótese o significativo erro <ch>/<m>, que se rexistra en diversas ocasións ao longo dos cancioneiros italianos, con importantes repercusións na fixación textual dalgunhas pasaxes (véxase Ferreiro 2012c): Maria <charia> B, <chana> V (383.7); muito <chuyto> B (451.3);  Milia <chilia> B (455.4); Mari’ <chari> BV (479.13); me <che> B, <me> V (927.4); meu <meu> B, <cheu>V (1193.7 e 11); mouros <touros> B, <chouros> V (1472.4); m’es <ches> BV (1593.6 e 12); Mompisler <chon pis ler> BV (1594.5).

  • 8

    A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa no corpus trobadoresco do que a desinencia -io nos verbos da terceira conxugación, xa que en todo o corpus só se atestan as seguintes formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), vendeo (1467.2), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7 e 9.
    Canto ás rimas, igual que acontece coa desinencia -iu/-io na P3 dos pretéritos da terceira conxugación (véxase 41.7-9 guariu : vio, 603.14-15 espediu : riio, 614.8-10 serviu : vio, 838.15 serviu : oio, 1352.19-21 mentiu : oio : viu, 1361.26 guariu : oio : guario), tamén con -eu/-eo non se fai distinción fono-rimática: viveo : sandeu (640.2-3), aprendeu : prometeu (1340.29-30).

  • 15

    A prioridade concedida a B fai con que seleccionemos a variante gardei fronte a guardei (<gr̄dei> V, que tamén permitiría un desenvolvemento gardei), opción preferida pola maioría dos editores portugueses, que marcan, en xeral, unha dirección lusitanizante na presentación e fixación dos textos trobadorescos.

     

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat