776 [= Tav 30,5]
A voss’amig’, amiga, que prol ten

– A voss’amig’, amiga, que prol ten
servir-vos sempre mui de coraçon
sen ben que aja de vós se mal non?
– E com’, amiga, non ten el por ben
entender de mí que lhi consent’eu
de me servir e se chamar por meu?
– Que prol ten el ou que talan lhe dá
de vos servir e amar máis que al
sen ben que aja de vós senon mal?
– E non ten el, amiga, que ben á
entender de min [que lhi consent’eu
de me servir e se chamar por meu?]
– A Deus, amiga, que nos ceos sé,
pero sei ben que me ten en poder,
non servirei senon por ben-fazer.
– E com’, amiga? E ten el que pouc’é
entender de min [que lhi consent’eu
de me servir e se chamar por meu?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 779, V 362

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 178-179); Pagani (1971: 91-92 [= LPGP 248]); Cohen (2003: 252); Littera (2016: I, 259).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 140); Braga (1878: 69); Machado & Machado (1953: IV, 70).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 69-70); Fernández Pousa (1951: 116-117); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 50).

Variantes manuscrites


1  que] q̅l B; ten] rem BV   2 vos] uos BV   7 el] om. V   8 vos] uos BV; servir] serū V; que] (q̅l) q̅ B   10 E] et V   11 entender] entēdea V   13 nos] uos B; ceos] teos V   14 poder] pod’er B   15 non] nono BV

Variantes éditoriales


1 que] qual Pagani   5 mí] min Nunes : mi[n] Cohen   11 min] mi Pagani, Littera   13 sé] se[e] Nunes   15 non] non o Nunes, Pagani : non |o| Cohen : non’O Littera   17 min] mi Littera 

Paraphrase


(I) –Ao voso amigo, amiga, que proveito lle ten servirvos sempre moi de corazón sen que reciba de vós ben ningún senón mal? –E como, amiga, non ten el por ben entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?

(II) –Que proveito ten el ou que vontade sente de vos servir e amar máis que a nada sen que reciba ben de vós senón mal? –E non considera el, amiga, que recibe ben (por) entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?

(III) –Amiga, a Deus que está nos ceos, aínda que sei que me ten no seu poder, non o servirei senón por (obter) recompensa. –E como é iso, amiga? E logo el pensa que é pouco entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:37)

Encontros vocálicos: 16 amiga,‿e

Notes


Texte
  • *

    Resulta interesante a razón arguída na última estrofa pola amiga confidente que intercede en toda a cantiga en favor do namorado para que a moza lle recompense o seu servizo: mesmo cando servimos a Deus é só porque esperamos a súa recompensa, o seu ben-fazer.

  • 1

    A lección de B, que implicaría un texto qual prol ten...?, debe ser un erro condicionado pola presenza de prol, xa que a utilización de que, para alén da correcta lección de V (e a súa presenza tamén no v. 8), neste tipo de interrogacións é constante ao longo do corpus: que prol me terrá ...? (30.7), que prol mi terria? (30.12), Que prol vos á...? (163.1, r1 etc.), que prol vos ten...? (190.r1), que prol á...? (600.2), que prol mi an...? (652.13) etc.

  • 5

    A forma consent(o), P1 do presente de indicativo de consentir, verbo derivado de sentir, que dispón dun paradigma do tipo senço, sentes, sente etc. (véxase nota a 74.1), mostra o paso de sĕntĭō a sento ou consento, que representa un salto evolutivo previo a sinto e consinto, tal como, por exemplo, dórmio  dormo  durmo (véxase nota a 641.3).

  • 7

    A voz talan (‘desexo, vontade, inclinación’)  é palabra de orixe galo-románica, seguramente provenzal (cfr. prov. talan ~ talen,  fr. talant, do lat. talentum), que escurece o uso de talante (só en 924.21 e 1334.11). Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. talan).

  • 11

    Nótese a diverxencia entre B () e min (V), neste verso do refrán, que xa anuncia a variación lingüística no pronome, que se vai consolidar no refrán da estrofa III, coa unanimidade dos dous manuscritos en prol de min. Cfr. nota a 27.4.

  • 13

    A pesar da existencia da P2 sees (1383.2), a P3 do presente de seer, descendente de sĕdet, é sempre , con crase vocálica (véxase tamén 618.15, 1050.18, 1453.10), en rima con é (v. 16). Esta situación é similar á da prosa, onde o resultado arcaico see conta con poucos rexistros fronte á forma contracta (véxase CGPA, s.v. see, sé).

  • 15

    Este verso é hipermétrico, e así foi editado até Cohen, que propón a omisión do pronome. Con efecto, a métrica indica o carácter espurio do pronome e a necesidade da súa expunción para acadar a isometría. Noutros contextos do corpus pode verse esa mesma aparición adventicia do pronome: véxase, por exemplo, 423.4 (V), 583.16 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé