983 [= RM 120,1]
Agora me part’eu mui sen meu grado

Agora me part’eu mui sen meu grado
de quanto ben oje no mund’avia,
ca ‘ssi quer Deus, e, mao meu pecado,
ai eu!,
demais, se me non val Santa Maria,
d’aver coita muito tenn’eu guisado;
e rog’a Deus que máis d’oj’este dia
non viva eu se m’El i non dá consello.
Non viva eu se m’El i non dá consello,
nen viverei nen é cousa guisada,
ca, pois non vir meu lum’e meu espello,
ai eu!,
ja por mia vida non daria nada,
mia sennor, e digo-vos en concello
que, se eu moir’assi desta vegada,
que a vó-lo demande meu linnage.
Que a vó-lo demande meu linnage,
sennor fremosa, ca vós me matades,
pois voss’amor en tal coita me trage,
ai eu!,
e sol non quer Deus que mi-o vós creades,
e non me val i preito nen menage,
e ides-vos e me desamparades:
desampare-vos Deus, a que o eu digo.
Desampare-vos Deus, a que o eu digo,
ca mal per-fic’oj’eu desamparado;
demais, non ei parente nen amigo,
ai eu!,
que m’aconsell’, e desaconsellado
fic’eu sen vós, e non ar fica migo,
sennor, senon gran coita e cuidado:
ai Deus, valed’a ome que d’amor morre!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


A 290, B 981, V 568

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 581-582); Panunzio (1992 [1967]: 85-87 [= LPGP 764-765]); Littera (2016: II, 287).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 204); Braga (1878: 109); Carter (2007 [1941]: 170-171); Machado & Machado (1953: IV, 362-363); Fernández Pousa (1956: 810-811); Juárez Blanquer (1988: 98-99); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 40-41); Alvar & Beltrán (1989: 156-157); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 98); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 180-181); Arias Freixedo (2003: 715-717); Alvar & Talens (2009: 400-402); Fidalgo (2009: 38).

Variantes manuscritas


2 oje] oie u B : oieu V   5 me] mj B : mi V   7 e] Mays B : mays V   8 i] om. BV; dá] om. A   10 guisada] grisada V   13 mia] nha V; daria] diria V   14 -vos] uos A   15 moir’assi] morrassy B; vegada] negada B   21 vós] nos V   22 me] mj B : mi V; val] nal V   23 -vos] uos A; me desamparades] mī desenparades BV   24 desampare] Desenpare B : desenpare V; -vos] uos A   25 desampare] Desenpare B : desenpare V; -vos] uos A   26 desamparado] desenparado BV   32 morre] moirer B

Variantes editoriales


2 oje] oj’eu Panunzio : hoj’eu Littera   3 ca ‘ssi] c’assi Panunzio   5 me] mi Panunzio   7 e] mays Panunzio : mais Littera   8 i] om. Panunzio, Littera   9 i] om. Littera   13 por] per Panunzio   14 vos] vus Michaëlis, Panunzio   15 moir’] morr’ Panunzio, Littera   22 me] mi Panunzio   23 vos] vus Michaëlis, Panunzio; me desamparades] min desemparedes Panunzio   24 desampare] desempare Panunzio; vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   25 desampare] desempare Panunzio; vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   26 desamparado] desemparado Panunzio   32 ome] hom Panunzio

Paráfrasis


(I) Afástome eu agora moi contra a miña vontade de canto ben eu hoxe tiña no mundo, pois así o quere Deus, infelizmente, ai de min!, e ademais, se Santa María non me vale, estame destinado que eu sufra coita; e rogo a Deus que non viva eu máis alá deste día se El non me auxilia neste transo.
(II) Non viva eu máis alá deste día se El non me auxilia neste transo, nin vivirei nin é cousa oportuna, pois, cando non vexa a miña luz e o meu espello, ai de min!, xa non darei nada pola miña vida, señora miña, e dígovos publicamente que se eu morro así desta vez que a miña liñaxe volo demande a vós.
(III) Que a miña liñaxe volo demande a vós, señora fermosa, porque vós me matades, pois o voso amor me trae en tal tormento, ai de min!, e Deus non quere nin que vós mo creades, e nese asunto de nada me vale pacto nin xuramento de fidelidade, e ídesvos e desamparádesme: desampárevos Deus, a quen eu llo pido.
(IV) Desampárevos Deus, a quen eu llo pido, porque moi mal desamparado fico eu hoxe; e, alén diso, non teño parente nin amigo, ai de min!, que me aconselle, e desaconsellado fico eu sen vós, e tampouco fica comigo, señora, agás unha gran mágoa e aflición: ai Deus, valédelle a un home que morre de amor!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10’b 10’a 2C 10’b 10’a 10’b 10d (= RM 120:1)

Encontros vocálicos: 8 vivaeu; 9 vivaeu; 21 mi͜-o; 24 oeu; 25 oeu; 30 aome

Notas


Texto
  • *

    Cun refrán desconectado sintacticamente do desenvolvemento sintáctico da cantiga, a composición presenta un artificio de encadeamento estrófico, de modo que o derradeiro verso dunha estrofa é sempre o primero da seguinte.

  • 3

    O adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois da conxunción causal ca (82.10, 94.10, 239.10, 290.16, 321.15, 702.11, 1022.r2, 1231.7, 1364.r3). En calquera caso, a crase c’assi é anómala pola automía silábica de ca (xunto con que e a condicional se) na lingua trobadoresca. Cfr. tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.

    A expresión mao meu pecado ‘por mal dos meus pecados, infelizmente’, variante de mao pecado ou mal pecado, só se rexistra esporadicamente (véxanse tamén 59.8 e 259.15). Véxase a variante con artigo na Crónica de 1344:

    Mas os cristãaos nom se acaudilharom bem e forõ vencidos, maao o seu pecado (Cintra 1952-1990: IV, 35).

  • 7

    Nótese a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mais en BV, que se rexistra tamén noutras pasaxes (131.26, 226.20, 414.16): este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).

    A expresión oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral corpus trobadoresco (520.7, 715.4, 1288.1, 1467.5), aínda que pode aparecer con interpolacións (cfr. Se oj’el este dia / soubesse, migo iria; 736.5) ou sen a presenza do demostrativo (oje dia cuidades que venha?; 682.3). En calquera caso, resulta significativo que hoj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), con orixe en hoc die ‘(n)este día’.

  • 8-9

    A ausencia do adverbio i na copia de BV (e na edición de Panunzio e de Littera) é compensada co hiato viva | eu, con sinalefa na versión de A.

  • 11

    O apelativo meu lum’e meu espello, dirixido á dona, lembra 920.14, onde se rexistra o apelativo directo ao amigo como ai meu espelho!, expresión que non reaparece no corpus.

  • 14

    O sintagma en concelho (‘publicamente’)1 constitúe unha locución adverbial que se reitera no corpus (véxase tamén 6.32, 470.3, 1552.19, 1612.8), coa variante a concelho (629.8).

  • 24-25

    A forma desampare, P3 do presente de subxuntivo de desamparar, resulta anómala pola vogal final -e que tiña desaparecido no tránsito do latín ao galego-portugués e que agora (e mais en 423.23) reaparece por un proceso analóxico que afectou a diversas formas verbais (val vale etc.) e que se foi consolidando progresivamente na lingua. De igual maneira acontece coa forma ampare (só en 169.r2 e 423.23). Cfr. nota a 169.r2.

    Por outra parte, nótese a sinalefa oeu, similar a outras sinalefas co pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): oouvesse (8.17), oEle (67.19), oei (291.19, 1571.3), oer (498.10), oeu (1215.2), oaprendestes (1430.21), oen (1433.20), ooistes (1531.17), oome (1613.12). Cfr. nota a  56.10.

  • 32

    Neste verso tamén hai que considerar a sinalefa aome (cfr., por exemplo, aOlmedo en 1389.5), de modo que resulta desnecesaria, para alén de inexistente, a redución hom que propón Panunzio.

  1. ^

    Na Crónica Troiana, así como noutras obras medievais, é moi frecuente a expresión en praça, sinónima de en concello (véxase CGPA, s.v. en praça ~ em praça). Esta expresión presenta tamén a variante de praça, frecuente nas crónicas de Fernão Lopes (véxase CGPA, s.v.) e noutras obras, como a tradución da Confessio Amantis (véxase Faccon 2012: 307) ou a Estoria de Dom Nuno Alvrez Pereyra (véxase «Glossario» en Calado 1991: s.v. praça).

Buscar
    Sin resultados