84 [= RM 78,1]
Agora m’ei eu a partir

Agora m’ei eu a partir
de mia sennor, e d’aver ben
me partirei, poi-la non vir;
mais, perque m’aqueste mal ven,
en tamanna cuita sera
por én migo que morrerá,
e non se pode guardar én.
E, pois me dela faz partir,
non lle quero ja sofrer ren
nen quer’eu ela consentir
quanto mal me faz; e, por én,
un vassalo soo que á,
de pran, de morte perde-l’-á
por esta cuita en que me ten.
Pero sei eu ca ren non dá
ela por est’ome perder,
máis per sa morte sabera;
e, se ll’eu podesse al fazer
por aqueste mal que me faz,
al lle faria, mais non praz
a Deus de m’én dar o poder.
E, pois me Deus poder non dá
de me per al ren defender,
est’averei a fazer ja,
e ela ben pod’entender
que esta morte ben me jaz,
ca non poss’eu viver en paz
enquanto ll’est’ome viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


A 18, B 111

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 41-42 [= LPGP 509-510]); Littera (2016: I, 632).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 40); Carter (2007 [1941]: 12-13); Marques Braga (1945: 41-42); Machado & Machado (1949: I, 155-156); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 84).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 232-233).

Varianti manoscritte


2 e d’] et A   4 m’aqueste] m(e) aqueste A : mha queste B   5 cuita] coyta B   6 migo que morrerá] mijgo ca moirera B   9 lle] lhi B   10 quer’eu ela] q̄ro eela B   12 vassalo] uasalo A   13 perde-l’-á] ꝑd’a B   14 cuita en] coitam B   15 ca] q̄ B   17 per] pʳ B   18 podesse al] podessal B   20 lle] lhi B   21 m’én] mj B   22 me] mj B   24 est’] esto B   26 me] mj B   27 poss’eu] posso B

Varianti editoriali


4 perque] per quen Michaëlis : per que[m] Littera   5 cuita] coita Littera   10 eu] a Littera   14 cuita] coita Littera   18 podesse al] podess(e) al Michaëlis : podess’al Littera

Parafrasi


(I) Agora eu teño que me afastar da miña señora, e de recibir ben me afastarei, cando non a vexa: mais, porque sufro este mal, ha de verse por iso nunha coita tan grande comigo que morrerá, e non se pode librar diso. 

(II) E, xa que dela me fai afastar, non lle quero eu soportar nada nin lle quero consentir canto mal ela me fai; e, por iso, un vasalo só que ten, por morte o ha de perder, certamente, por esta coita en que me ten. 

(III) Aínda que eu sei que a ela lle resulta indiferente perder este vasalo, pola súa morte ha saber máis del; e se eu lle puidese outra cousa facer por este mal que ela me fai, outra cousa lle faría, mais Deus non ten a ben darme o poder para iso. 

(IV) E xa que Deus non me dá o poder para me defender doutra forma, terei de facer isto xa, e ela ben pode entender que esta morte está xustificada, porque eu non podo vivir en paz mentres lle viva este home.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:44)

Encontros vocálicos: 14 cuitaen; 18 podesseal

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga, igual que a cantiga 81 (tamén de Somesso), está construída sobre un xogo de dobres sentidos, de xeito que o que parece unha ameaza do namorado rexeitado –no sentido de que vai causar a morte dun vasalo da dama– é o recoñecemento da propia morte ocasionada pola coita que sufrirá cando teña que vivir lonxe dela.

  • 4

    O sentido esixe a consideración de perque como conxunción causal, sen que teña sentido a súa deglutinación coa transformación de que en quen, tal como Michaëlis e Littera fixeron. A pesar do frecuente uso de per, é rara a súa combinación con que na conxunción perque, fronte ao xeral porque, xa que só se rexistra en 39.7, 74.11, 84.4, 150.15, 263.23, 376.6, 976.18, 1440.44 e 1451.211 .

  • 6

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que2 .

  • 10

    Nótese a ausencia da preposición a co CI, que Littera repón, contra a lección dos manuscritos, especialmente de A. O pronome ela é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14) etc.

  • 11-14

    Enténdase: ‘e, por iso, un único vasalo que ten, certamente o vai perder ao morrer pola coita en que o ten’ (véxase a nota xeral á cantiga).

  • 12

    A forma <uasalo> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

    Lémbrese que as cantigas de amor e o canto cortés, en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.

  • 23

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  1. ^

    Nas cantigas 976 e 1421 en V aparece a lección porque.

  2. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Cerca
    Nessun risultato trovato