155 [= RM 11,1]
Ai Deus, como ando coitado d’amor!

Ai Deus, como ando coitado d’amor!
E, se o for dizer a mia sennor,
logo dira que lle digo pesar,
e quero-mi ante mia coita ‘ndurar
ca lle dizer, quando a vir, pesar.
Pero m’eu moiro querendo-lle ben,
se lle disser a coita’n que me ten,
logo dira ca lle digo pesar,
e quero-mi ante mia coita ‘ndurar
ca lle dizer, qua[n]do a vir, pesar.
Ben m’oirá se al dizer quiser;
mais, se lle ren de mia coita disser,
logo dira c[a lle] d[igo] p[esar],
e q[uero]-m[i ante] m[ia] c[oita ‘n]d[urar]
c[a lle] d[izer, quando a vir, pesar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


A 67, B 179

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 142); Minervini (1974: 43-44 [= LPGP 109]); Littera (2016: I, 109).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 73); Carter (2007 [1941]: 41-42); Marques Braga (1945: 134); Machado & Machado (1949: I, 273); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 155).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 7).

Variantes manuscritas


1 como ando coitado d’amor] comando cuytado B   3 lle] lhi B   5 lle] lhi B   6 lle] lhi B   7 lle] lhi B   8 lle] lhi B   10 qua[n]do] quado A   12 lle] lhi B

Variantes editoriais


1 como ando coitado] com’ando cuytado Minervini : com’ando coitado Littera   2 a] à Minervini   3 lle] lhi Minervini, Littera   5 lle] lhi Minervini   6 lle] lhi Minervini   7 lle] lhi Minervini, Littera   8 lle] lhi Minervini, Littera   10 lle] lhi Minervini   11 m’oirá] moira [eu] Michaëlis   12 lle] lhi Minervini, Littera   13 lle] lhi Minervini, Littera   15 lle] lhi Minervini

Paráfrase


(I) Ai Deus, como ando coitado de amor! E se llo fose dicir á miña señora, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.

(II) Aínda que eu morro amándoa, se lle falase da coita en que me ten, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.

(III) Ben me ouvirá se lle quixese falar doutra cousa; mais, se algo lle dixer da miña coita, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 42:5)

Encontros vocálicos: 1 comoando; 4 miante; 9 miante; 11 o·i·rá; 14 m[iante]

Notas


Texto
  • 3

    Nótese a variación lingüística no v. 1 do refrán, con que na estrofa I fronte a ca nas estrofas II e III, con lección coincidente en AB. Véxase nota a 31.5.

  • 4

    O verbo endurar presenta elisión da vogal inicial e-, do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 6

    O pronome me con morrer debe ser interpretado como un dativo ético, pois morrer é un verbo intransitivo.

  • 7

    Neste verso volve aparecer a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 11

    A errada interpretación de Michaëlis, con moira, bisilábico, por m’oirá, trisilábico (talvez levada pola aparición de eu moiro no v. 6) obrigouna a acrecentar un suxeito eu ausente dos manuscritos.

Procurar
    Não foram encontrados resultados