451 [= RM 18,2]
Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado

Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado
por meu amigo, que ei alongado!
Muito me tarda
o meu amigo na Guarda.
Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo
por meu amigo, que tarda e non vejo!
Muito me tarda
o meu amigo na Guarda.
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscrits


B 456

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 458-459 [= LPGP 139-140]); Paredesa (2001: 93); Cohen (2003: 536); Paredesb (2010a: 77); Littera (2016: I, 106).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 149); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 468); Michaëlis (1990 [1904]: II, 593-594); Machado & Machado (1950: II, 297); Paredes (2010c: 51); Rios Milhám (2018b: III, 451).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 18-19); Pellegrini (1928: 38); Nemésio (1961 [1949]: 44); Varela Jácome (1953: 32); Nunes (1959: 349); Oliveira & Machado (1959: 81); Vasconcellos (1959: 17-18); Tavares (1961: 8-9); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 33); Spina (1972: 339); Álvarez Blázquez (1975: 15); Landeira Yrago (1975: 65); Torres (1977: 426); Fiúza (1981: 19-20); Gonçalves & Ramos (1983: 129); Dobarro Paz et alii (1987: 11); Ferreira (1988: 66); Pena (1990: 85); Ferreira (1991: 69-70); Pena (1993: 71); Delgado León (1996: 40); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 24); Diogo (1998: 174); Gutiérrez (2023: 143, 251, 143, 251).

Variantes manuscrites


1 eu] ei   3 Muito] chuyto B   5 desejo] deselo B

Variantes éditoriales


En Michaëlis e Nunes a cantiga presenta unha distribución métrica diferente (véxase nota xeral á cantiga).

4 Guarda] guarda Paredesa, Paredesb   8 Guarda] guarda Paredesa, Paredesb

Paraphrase


(I) Ai de min, que aflixida vivo por causa do meu amigo, que teño lonxe! Moito me tarda o meu amigo na Guarda.

(II) Ai de min, como vivo moi desexosa por causa do meu amigo, que tarda e non o vexo! Moito me tarda o meu amigo na Guarda.

Métrique


Esquema métrico: 2 x 12’a 10’a 4’B 6’B (= RM 37:28)

Notes


Texte
  • *

    Esta breve cantiga de amigo (moitas veces atribuída a Sancho I) foi disposta historicamente de modos diferentes.
    Eis a proposta de Michaëlis (1990: II, 593-594, e 2004: 468)1 :
              Ay eu, coitada,   como vivo
              en gran cuidado   por meu amigo,
              que ei alongado!   muito me tarda
              o meu amigo   na Guarda.

              Ay eu, coitada,   como vivo
              en gran desejo   por meu amigo,
              que tarda e non vejo!   Muito me tarda
              o meu amigo   na Guarda.

    Por súa parte, en Nunes a composición presenta unha outra distribución dos versos:
              Ai eu, coitada!
              Como vivo en gram cuidado
              por meu amigo,
              que ei alongado!
              Muito me tarda
              o meu amigo na Guarda!

              Ai eu, coitada!
              Como vivo en gram desejo
              por meu amigo,
              que tarda e non vejo!
              Muito me tarda
              o meu amigo na Guarda!

  • 1

    A emenda de <ei> non ofrece dúbidas, non só polo sentido mais tamén pola rúbrica que, con man de Colocci, aparece copiada no folio anterior a aquel que recolle o texto da cantiga. O final da rúbrica indica a lectura certa: E diz ai eu coitada como uiue.

  • 4

    Paredes interpreta Guarda como o nome común (guarda) en vez de o considerar como topónimo (a cidade portuguesa da Guarda, na Beira Alta). Con todo, guarda funciona como unha voz ambigua, talvez propositadamente, de xeito que pode entenderse como nome común, referido á actividade militar do amigo, e como nome propio referido á cidade portuguesa.

  1. ^

    Coa única diferenza en guarda fronte ao Guarda de 1904.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé