167 [= RM 106,1]
Ai eu, de min e que sera

Ai eu, de min e que sera,
que fui tal dona querer ben
a que non ouso dizer ren
de quanto mal me faz aver?
E feze-a Deus parecer
mellor de quantas no mund’á.
Mais en grave dia naci
se Deus consello non m’i der,
ca destas coitas qual xe quer
m’é min mui grave d’endurar,
como non ll’ousar a falar
e ela parecer assi.
É a que Deus fez por meu mal,
ca ja ll’eu sempre ben querrei,
e nunca end’atenderei
con que folgu’o meu coraçon,
que foi trist’, á i gran sazon,
polo seu ben, ca non por al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 78, B 181a

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 165-166 [= LPGP 684]); Pousada Cruz (2013: 188); Littera (2016: II, 182).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 77); Carter (2007 [1941]: 47); Marques Braga (1945: 152); Machado & Machado (1949: I, 283); Camargo et alii (1995: 71-72); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 167).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 151).

Variantes manuscrites


1 de min, e que] e demj que B   2 tal] atal B   4 de quanto mal me faz] do mal q̄ mj faz B   10 m’é min mui grave] ea mj graue B   11 lh’ousar a] lhou farei B   14 querrei] q̄rey A : q̄irey B   15 end’atenderei] (entē) endatē derey B   16 folgu’o] folgue B   17 á i] ay A : a muy B   18 ca] q̄ B

Variantes éditoriales


1 de min e que] e de mim que Littera   8 m’i] mi Littera   10 min] mi Littera   13 É a] Ela Michaëlis, Littera, e[l]a Pousada Cruz   16 folgu’] folg’ Littera

Paraphrase


(I) Ai eu, e que vai ser de min, que fun amar tal dona a quen non lle ouso dicir nada de canto mal me fai pasar? E fíxoa Deus ser máis fermosa que cantas hai no mundo.

(II) Mais en mal día nacín se Deus non me dá remedio nesta situación, porque destas coitas calquera delas me resulta moi difícil de soportar, como (a de) non me atrever a lle falar e ser ela así de fermosa.

(III) É a que Deus fixo para o meu mal, porque eu xa sempre a amarei e nunca diso esperarei nada con que se alegre o meu corazón, que estivo triste desde hai moito tempo, polo (desexo do) seu ben e non por outra razón.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a (= RM 189:33)

Notes


Texte
  • 1

    A lección de B, seguida por Littera, simplifica a sintaxe máis complexa da versión de A, base da nosa edición.

  • 2

    A presenza da forma tal en B (vs. atal A) converte este verso en hipométrico.

  • 5

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

  • 8

    Acollemos a segmentación da forma pronominal mi (neste caso forma tamén de A, eventual CI) a partir doutros contextos similares: que non sei i consello que fillar (221.15), mais este conselho cuid’i aver (817.16) etc. (véxase Monteagudo 2019: 111-113). Véxase nota a 81.16.

  • 9

    Nótese a aparición de qualquer con interpolación dun elemento lingüístico, tal como era aínda normal na altura (véxanse outros casos en 86.6, 1332.9, 1425.9, 1554.6, 1594.6, 1624.17), neste caso co pronome xe (ou se), aínda moi ligado a quer. É forma certamente rara, que se atesta nun refrán dunha cantiga de Santa María e mais tamén nun documento notarial: 

    De Santa Maria sinal qual xe quer 
    valrrá muit’a quen ela ben crever (CSM 123.3).

    Et qual xe quer que esto non conplir et contra o prazo a britar veer, peyte a a outra parte L soldos, et o prazo ystia en sua revor (doc. 1269; cfr. CGPA). 

    E no final da Idade Media, achamos algunha ocorrencia máis coa variante se:

    Ao que mata cleligo ou de ostiario ou depistola ou de evangelho manda fazer penitençia como por qual se quer homiçidio voluntario (Martin Perez, Penitencial; cfr. CGPA).

    Mas se o amor de Deus en no seu coraçom he mayor que o amor de qual se quer creatura, he ajnda de saber ... (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 339).

  • 10

    De novo o texto de B (e a mí grav’é) supón unha factura alternativa que equilibra metricamente o verso e evitaría a aparición de min como CI sen preposición, tal como acontece no contexto do Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 4.9).

  • 11

    A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).
    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 293.5, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 13

    Obsérvese a emenda realizada en todas as edicións precedentes, desde Michaëlis até Pousada Cruz, que liga sintacticamente as dúas estrofas. No entanto, coa consideración da forma verbal É non existe problema ningún de coherencia semántica e/ou interpretativa.

  • 18

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé