834 [= RM 120,2]
Ai madr’, o que me namorou

– Ai madr’, o que me namorou
foi-se noutro dia d’aqui,
e, por Deus, que faremos i,
ca namorada me leixou?
– Filha, fazed’end’o melhor:
pois vos seu amor enganou,
que o engane voss’amor.
– Ca me non sei [i] conselhar,
mia madre, se Deus mi perdon.
– Dized’, ai filha, por que non?
Quero-me-vo-lo eu mostrar:
filha, fazed’end’o melhor:
[pois vos seu amor enganou,
que o engane voss’amor].
Que o recebades mui ben,
filha, quand’ante vós veer,
e todo quanto vos disser
outorgade-lho, e por én,
filha, fazed’end’o melhor:
[pois vos seu amor enganou,
que o engane voss’amor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 837, V 423

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 222-223); Panunzio (1992 [1967]: 74-75 [= LPGP 765]); Cohen (2003: 296); Littera (2016: II, 284-285).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 159); Braga (1878: 80); Machado & Machado (1953: IV, 151-152); Fernández Pousa (1956: 807); Juárez Blanquer (1988: 78).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 40); De las Casas (1928: 31); Seoane (1941: 40-41); Álvarez Blázquez (1975: 43-44); Landeira Yrago (1975: 264); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 96); Magalhães (2007: 98); Mongelli (2009: 113).

Variants manuscrites


5 Filha] ēla V

Variants editorials


3 faremos] faremus Panunzio   6 vos] vus Panunzio   8 [i]] om. Nunes : [eu] Panunzio   10 por] per Panunzio   13 vos] vus Panunzio   17 vos] vus Panunzio   18 por] per Panunzio   20 vos] vus Panunzio

Paràfrasi


(I) –Ai madre, o que me namorou foise o outro día de aquí, e, por Deus, que faremos agora, pois me deixou namorada? 
–Filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.

(II) –É que non sei que facer agora, miña madre, así Deus me perdoe. 
–Dicídeme, ai filla, por que non? Quérovolo eu mostrar: filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.

(III) Recibídeo moi ben, filla, cando viñer ante vós, e outorgádelle todo canto vos dixer, e por iso filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.

Mètrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8A 8C (I [= RM 156:6]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8D 8C (II-III [= RM 173:4])

Notes


Text
  • *

    A composición 828, do mesmo Pero da Ponte, presenta unha clara relación temática con esta cantiga.

  • 8

    A integración da forma i neste verso, esixida pola métrica, é unha hipótese de traballo; Panunzio resolveu a hipometría co pronome eu, tamén posíbel. En calquera caso, véxase unha expresión comparábel en Esgaravunha: que non sei i conselho que filhar (221.15).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat