1251 [= RM 126,1]
Ai meu amigo, pero vós andades

Ai meu amigo, pero vós andades
jurando sempre que mi non queredes
ben ant’as donas quando as veedes,
entenden elas ca vos pejurades
e que queredes a mí tan gran ben
com’elas queren os que queren ben.
E pero vós ant’elas jurar ides
que non fazedes quanto vos eu mando,
quanto lhis máis ides en min falando
atant’en[ten]den máis que lhis mentides
e que quere[des a mí tan gran ben
com’elas queren os que queren ben].
E andad’ora de camanho preito
vos vós quiserdes andar toda via,
ca o cantar vosso de maestria
entenden elas que por mí foi feito
e que queredes a mí tan gran [ben
com’elas queren os que queren ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1235, V 840

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 406-407); Alvar (1986: 52 [= LPGP 840-841]); Cohen (2003: 470); Littera (2016: II, 378).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 289); Braga (1878: 158); Michaëlis (1990 [1904]: II, 541); Machado & Machado (1956: V, 349).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 199); Arias Freixedo (2003: 256-257); Ferreiro (2023a: 38).

Variants manuscrites


5 gran] grã B   6 Comel as las q̄renbē B   14 vos] uus V   17 mí] mī V; gran] grã B

Variants editorials


4 ca vos pejurades] ca vós pe[r]jurades Nunes, Alvar : ca vos pe[r]jurades Cohen, Littera   6 os] òs Alvar : ós Cohen   12 os] òs Alvar : ós Cohen   14 vos vós] vós vos Cohen, Littera   18 os] òs Alvar : ós Cohen

Paràfrasi


(I) Ai meu amigo, aínda que ante as donas, cando as vedes, vós andades xurando sempre que non me queredes ben, elas entenden que perxurades e que me amades a min tanto como elas aman os seus amigos.

(II) Aínda que vós ides xurar ante elas que non facedes o que vos eu mando, canto máis lles ides falando de min tanto máis entenden que lles mentides e que me amades a min tanto como elas aman os seus amigos.

(III) E seguide facendo todo aquilo que vós de todos os modos queredes facer, porque elas entenden que a vosa cantiga de mestría foi por min feita e que me amades a min tanto como elas aman os seus amigos.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10C 10C (= RM 160:255)

Notes


Text
  • 4

    Nesta cantiga, xunto con 1385.13, rexístrase a variante pejurar (emendada por todos os editores, aínda que Cohen recoñece que «peiurare is a common form of the Latin verb»), que convive coa forma maioritaria perjurar no corpus das cantigas.

    Nesta variante produciuse unha evolución [ɾʒ] > [ʒ] que tamén se detecta noutras obras medievais (véxase CGPA, s.v. pejurar, peiurar). Así acontece na Crónica Troiana:

    porque sodes dizidor et porque fezestes per uosas trayções por que nós senpre seremos desditos et pusfaçados por desleaes et por traedores et por falsos et peiurado [...] Et eles así o fezerõ, ca todos pasarõ per alí et guardaron moy bẽ seu juramento, ca os traedores Antenor et Eneas falarõ cõ eles, en guisa que se nõ peiurarõ en cousa que fezesem. 

    E tamén na Historia Troiana:

    Et diso: “prendeu Ercoles as amenas de Troya pejuradas duas vezes” [...] Et en todas las tuas presas, te prometo de ajudar ' todas estas cousas lle [outorgou] Jaason, et jurou o todo asy conplidamẽte cõmo o ella demãdou mays depoys se pejurou, ca lle nõ atendeu nẽgũa cousa de quanto lle jurou.

    Alén da prosa literaria, achamos pejuro/a tamén na documentación tabeliónica, sempre en documentos serodios:

    et se por ventura o quisese faser, o que Deus non queira, que me non valla nen seia oyda sobrello en juiso nen fora del, et de mays que eu fique pejura, et esta carta fique firme et valiosa et cunprase en todo (doc. de 1378);

    et se o feser, que me non valla nen seia sobrello oyda et fique por ello pejura (doc. de 1381);

    et juro a Deus e a bõã fe que nunca vãã nen pase contra esta dita doaçón e esmolna nen a revoque per min nen per outro en juyzo nen fora del en tempo nihún, e queréndoo fazer que me non valla e que seja por ello enfame e fe pejuro (doc. de 1404).

  • 6

    En B rexístrase un erro de copia neste segundo verso do refrán, que encontra a súa causa na repetición de queren (salto de igual a igual): <Comel as q̄renbē> = com’elas [queren os que] queren ben.

    Por outra parte, é inxustificado, mesmo errado, considerar a existencia da preposición a (na contracción òs, que non se documenta na altura cronolóxica das cantigas) proposta por Alvar e Cohen para introducir os que queren ben, complemento directo de queren, que non precisa tal elemento (véxase Ferreiro 2010a: 245-246).

  • 7

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 13

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval; nun caso forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):

    Non creo que tamanho ben
    mi vós podessedes querer
    camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

  • 14

    É incorrecta a secuencia vós vos a partir das leccións <uꝯ uos> B, <uus uos> de V, que se corresponden co uso dos trobadores, que sempre antepoñen a forma átona á tónica nestas secuencias (... camanho preito vos vós quiserdes andar...).

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza o pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat