I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 260-261); Rodríguez (1980: 160 [= LPGP 373]); Cohen (2003: 543); Littera (2016: I, 443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 214); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 233); Machado & Machado (1960: VII, 87).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 31); Corral Díaz & Vieira (2023: 125).
1 vós] uꝯ V 9 guisade cedo] grisa de zedo V 10 façades] fazades V 13 vos] uos V 14 vo-lo] uo l(h)o V 16 vós como vos] uꝯ como uos V
13 que [a] vós el seja] que vos el[e] seja] Rodríguez, Cohen, Littera
(I) Ai miña filla, por Deus, facede de forma que o voso amigo vos vexa traer ese (vestido de) fustán, e o máis que for posíbel véxavos estar con el sen outra roupa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.
(II) Se o fustán vos sentase mal, non vos mandaría ir ante os seus ollos; mais procurade, por Deus, que logo vos vexa, non fagades outra cousa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.
(III) E como queira que el estea sañudo convosco, despois de que vos vexa o fustán, sentirá un gran desexo de vos contemplar; e arranxade vós de forma que vos vexa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (I-II [= RM 160:74]) + 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C ([= RM 160:290])
Nesta composición existe bastante confusión entre vos átono e vós tónico, como mostran os erros no v. 1 e, sobre todo, no v. 16 (véxanse variantes).
O fustan é un ‘tecido groso de algodón e liño’, mais tamén se pode referir a unha peza de roupa interior, unha especie de saio que vai por baixo do vestido. Só comparece nesta cantiga, aínda que a súa presenza nos textos medievais é frecuente, a teor dos datos subministrados polo Corpus Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v.). Sobre este tecido véxase Rodríguez Parada (2019: 326-328).
A locución adverbial tod’a vosso poder é variante da locución modal a poder ('o máis que for posíbel') e as súas variacións (véxase Glosario, s.v. poder2).
Perante a hipometría versal optamos pola solución de Nunes (a omisión de a é frecuente nos cancioneiros), que mantén a tonicidade de vós indicada pola lección <uos> de V, ao tempo que, do punto de vista rítmico, semella mellor opción. Por outra parte, a expresión seer sanhudo aparece ao longo do corpus tamén construída con complemento indirecto: e fui eu i muit’errada / por quanto lhi foi sanhuda quando se de mí partia (714.3); mais por esto m’é sanhudo (714.10); Sanhudo m’é meu amig’, ... (1120.1); Tan sanhudo non m’é (1120.7); o meirinho vos é / sanhud’e brav’, ... (1619.10)...