793 [= RM 107,2]
Ai mia madre, sempre vos eu roguei

Ai mia madre, sempre vos eu roguei
por meu amig’, e pero non mi val
ren contra vós, e queredes-lhi mal,
e direi-vos que vos por én farei:
pois mal queredes meu lum’e meu ben,
mal vos querrei eu, mia madre, por én.
Vós catade per qual guisa sera,
ca non ei eu ja máis vosc’a viver;
pois vós a meu amig’ides querer
mal, direi-vos que vos end’averra:
pois mal queredes [meu lum’e meu ben,
mal vos querrei eu, mia madre, por én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 797, V 381

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 190 [= LPGP 695]); Cohen (2003: 265); Littera (2016: II, 191).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 97).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).

Variantes manuscritas


4 vos] us B   6 querrei] queirey B   7 sera] sem B   9 vós] iuos V   10 averra] aueira B   11 pois] Poy B

Paráfrasis


(I) Ai, miña nai, sempre vos eu rogarei polo meu amigo, e aínda que nada me vale con vós e (aínda que) lle queredes mal, direivos o que vos farei por iso: xa que queredes mal o meu lume e o meu ben, madre, eu querereivos mal a vós por iso. 

(II) Mirade como será, que non hei de vivir máis convosco; pois que ao meu amigo lle queredes mal, direivos o que vos sucederá por iso: xa que queredes mal o meu lume e o meu ben, madre, eu querereivos mal a vós por iso.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:184)

Notas


Texto
  • 2

    Neste verso aparece a frecuente locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, aínda que nalgúns contextos é posíbel optar pola independencia sintáctica dos dous elementos.

Buscar
    Sin resultados