852 [= RM 8,2]
Ai mia senhor, sempr’eu a Deus rog[u]ei

Ai mia senhor, sempr’eu a Deus rog[u]ei
q[u]e vos visse e nunca al pedi,
e, pois vos vi, log’i tanto cuidei
que non era cuidado pera mí;
mais non poss’eu meu coraçon forçar
que non cuide com’el [quiser] cuidar.
E, mia senhor, por Deus, rogar-vos-ei,
come sen[h]or que am’e que servi,
que vos non pes d’en vós cuidar, ca m’ei
atanto ben e máis non atend’i;
mais non poss’eu meu coraçon forçar
que non cuide com’el quiser cuidar.
E, se eu fosse emperador ou rei,
era muito de mi avĩir assi
de vós, sen[h]or, com’eu depois cuidei,
e vejo ben que lazerarei i;
mais non poss’eu meu coraçon forçar
que non cuide com’el quiser cuidar.
Pero que m’eu i ei a lazerar,
sabor m’ei eu no que m’el faz cuidar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 856, V 442

Antes da fiinda, após a copia da estrofa III, aparece a anotación dos copistas para indicaren a presenza da fiinda: <ffijda> B, <frida> V.

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 266-267 [= LPGP 98-99]); Negri (2012: 159); Littera (2016: I, 65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 164-165); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 183);  Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 sempr’eu] sēp’ru B : senpru V   2 vos] uos BV   3 vos] uos B   5 poss’eu] poseu V; meu coraçon forçar] o meu coraçō forcar B : o meu corazom forzar V   6 cuidar] euydar V   7 ei] om. V   9 vos] uos BV   10 atanto] attendo B : atendo V; e] a V   11 forçar] fforcar B : fforzar V   12 com’el] eo mel V   14 avīir] a mj̄r BV   15 eu] en V   17 eu meu coraçon forçar] ea meu corazō fforzar V   18 cuidar] cuidar ffijda B : cuidar frida V   19 lazerar] lezerar BV   20 no] nō V

Variantes editoriais


8 servi] serv’i Littera   10 e] que Nunes   14 avĩir] aviir Littera   20 eu no] en no Nunes

Paráfrase


(I) Ai, miña señora, eu sempre lle roguei a Deus que vos vise e nunca pedín outra cousa, e despois de que vos vin, tanto pensei logo niso que non era pensamento para min; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(II) E, miña señora, por Deus vos rogarei, como señora que amo e que servín, que non vos pese que eu pense en vós, pois teño por iso moito ben e non espero máis; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(III) E se eu fose emperador ou rei, era moito que me acontecese así con respecto a vós, señora, eu despois pensei, e ben vexo que sufrirei por iso; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(1) Aínda que eu me hei de laiar moito por iso, sinto moito pracer no que el me fai pensar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 99:4)

Encontros vocálicos: 13 fosse‿emperador; 14 mi‿a·vĩ·ir

Notas


Texto
  • 8

    Non consideramos acertada a segmentación realizada por Negri e Littera en serv’i, que implica, para alén da aparición da rara variante servo (cfr. sérvio), a presenza do adverbio i como palabra rimante, cando este mesmo adverbio xa está presente na rima do v. 10 (atend’i).

  • 10

    Para alén da corrección do erro de copia en atanto (<attendo> B, <atendo> V; cfr. atend’i despois a seguir no mesmo verso), Nunes interpretou as leccións <e> B, <a> V como que (ca m’ ey / atanto ben que mais non atend’ y). Porén, a fixación textual cunha copulativa, conforme a lección de B, semella a opción ecdótica máis natural.

    Canto á segmentación de i, semella acaída pola sistemática presenza deste adverbio en todas as estrofas (log’i, v. 3; lazerarei i, v. 16; i ei, v. 19).

  • 19

    O uso unánime de lazerar no corpus trobadoresco e a inexistencia documentada de *lezerar conforme o Corpus Galego-Portugués Antigo implica máis outro erro na copia desta cantiga por parte dos dous apógrafos italianos.

Procurar
    Não foram encontrados resultados