1078 [= RM 85,4]
Ai mia senhor, todo ben mi a mí fal

Ai mia senhor, todo ben mi a mí fal,
mais non mi fal gran coita nen cuidar,
des que vos vi, nen mi fal gran pesar;
mais non mi valha o que pod’e val
se oj’eu sei onde mi venha ben,
ai mia senhor, se mi de vós non ven.
Non mi fal coita nen vejo prazer,
senhor fremosa, des que vos amei,
mais a gran coita que eu por vós ei:
ja Deus Senhor non mi faça lezer
se oj’eu sei onde mi venha ben,
[ai mia senhor, se mi de vós non ven].
Nen ren non poden veer estes meus
olhos no mund’[ond]’eu aja sabor
sen veer vós, e non mi val Amor;
nen mi valhades vós, senhor, nen Deus
se oj’eu sei onde mi ve[nha ben,
ai mia senhor, se mi de vós non ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1076, V 667

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 436-437 [= LPGP 577]); Reali (1964: 59); Littera (2016: II, 33).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 236); Braga (1878: 127); Machado & Machado (1956: V, 101).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 125).

Variants manuscrites


3 nen] neu B   5 onde] ou de B   10 Deus] des V; faça] faca B : faza V   13 ren] tē V   14 eu] en B   16 valhades] uallades B   17 onde mi] oudemj̄ B; ve[nha]] ne V

Variants editorials


1 todo ben] tod’o bem Littera   3 vos] vus Reali   8 vos] vus Reali   14 olhos] olhus Reali   15 non mi val Amor] non mi val[h]’ Amor Nunes, Littera   16 valhades] valhade Reali

Paràfrasi


(I) Ai, miña señora, todo ben me falta a min, mais non me falta unha gran coita nin as cavilacións, desde que vos vin, nin me falta un gran pesar; mais non me axude o que pode e socorre se eu sei hoxe de onde me poida vir ben, ai miña señora, se me de vós non vén.
(II) Non me falta coita nin vexo pracer, señora fermosa, desde que vos amei, mais (vexo) a gran coita que que eu sinto por vós: xa Deus non me conceda lecer se eu sei hoxe de onde me poida vir ben, ai miña señora, se me de vós non vén.
(III) Nin poden estes meus ollos ver no mundo cousa ningunha que me produza gozo sen vervos a vós, e Amor non me socorre; nin me socorrades vós, señora, nin Deus se eu sei hoxe de onde me poida vir ben, ai miña señora, se me de vós non vén.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:155)

Encontros vocálicos: 1 mia

Notes


Text
  • 4

    O que pod’e val é fórmula elusiva de Deus, que ao longo do corpus aparece moitas veces así cualificado: par ~ por Deus, que pod’e val (188.30, 515.9, 801.8, 1034.4); leve-os Deus cedo, que pod’e val (195.35); E pero Deus é o que pod’e val (230.15); mas rog’a Deus Senhor, que pod’e val (285.3); Pero ben sabe Deus, que pod’e val (855.8); faça-vos Deus ledo, que pod’e val (1192.9).

  • 14

    A hipometría versal esixe a reintegración de unha sílaba métrica (no mund’[ond]’eu aja sabor), que vén indicada polo primeiro verso do refrán: se oj’eu sei onde mi venha ben...

  • 15

    A sistemática presenza de acento tónico na 4ª sílaba de todos os versos, xunto coa grafía <uos> de BV indica que vós é forma tónica sen preposición, en función de complemento directo (sen veer vós).
    Por outra banda, mantemos a lección subministrada polos cancioneiros italianos (e non mi val Amor), se ben a emenda de Nunes (aceptada en Littera), coa transformación de val nun presente de subxuntivo (val[h]’) conferiría unha maior coherencia sintáctica e discursiva á estrofa:

    Nen ren non poden veer estes meus
    olhos no mund’[ond]’eu aja sabor
    sen veer vós; e non mi val[h]’Amor
    nen mi valhades vós, senhor, nen Deus
    se oj’eu sei onde mi ve[nha ben,
    ai mia senhor, se mi de vós non ven]
    .

  • 16

    Nótese a aparición, absolutamente extraordinaria fóra do indefinido nulho/a, da grafía <ll> /l/ en uallades na copia de B, que só volveremos encontrar, sempre en B, en <moller> molher (199.33), <tolle> tolhe (605.3), <uallades> valhades (1078.16), e o pronome <lle> lhe en 1105.17 e 1586.3. Cfr. nota a 29.22.

  • 17

    A variante de B suporía unha forma min como CI, que non é habitual, ao tempo que introduciría unha variante insignificativa no refrán.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat