127 [= RM 97,1]
Ai mia sennor, se eu non merecess[e]

Ai mia sennor, se eu non merecess[e]
a Deus quan muito mal ll’eu mereci,
d’outra guisa pensara El de mí,
ca non que m’en vosso poder metesse;
mais soube-ll’eu muito mal merecer
e meteu-m’El eno vosso poder
u eu ja máis nunca coita perdesse.
E, mia sennor, se m’eu desto temesse
u primeiro de vós falar oi,
guardara-m’én de vós viirdes i;
mais non quis Deus que meu mal entendesse,
e mostrou-mi o vosso bon parecer
por mal de min, e non m’ar quis valer
El contra vós nen quis que m’al valesse.
E, mia sennor, se eu morte prendesse
aquel primeiro dia en que vos vi,
fora meu ben; mais non quis Deus assi,
ante me fez por meu mal que vivesse,
ca me valver’a mí máis de prender
mort’aquel dia que vos foi veer
que vos eu visse nen vos connoscesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 40, B 152

En A faltan os vv. 1-10.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 87-88); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 67-68 [= LPGP 640]); Littera (2016: II, 117).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 61); Carter (2007 [1941]: 25); Marques Braga (1945: 83-84); Machado & Machado (1949: I, 221-222); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 127).
III. Antoloxías: Torres (1977: 474).

Variantes manuscritas


6 meteu-m’el] me tenuiel B   8 eu] en B   9 u] o B; vós] u B   10 gardara] g̃dara B   14 m’al valesse] mor ualesse B   19 me valver’a mí] mj̄ ualuera amj̄ B   20 mort’aquel] morte al B; foi]  fui B   21 vos] uos A; nen vos] nēnꝯ B; connoscesse] cōnosciesse A : conhocesse B

Variantes editoriales


9 vós] vus Bertolucci Pizzorusso   10 vós viirdes i] vos vĩirdes i Michaëlis : vos vĩirdes hi Bertolucci Pizzorusso : vos veer des i Littera   16 en que vos] (e)n que vus Michaëlis : en que vus Bertolucci Pizzorusso   19 me valver’a mí] me valver(a) a mi Michaëlis : min valvera / a min Bertolucci Pizzorusso : me valvera a mim Littera   20 mort’aquel] morte / aquel Bertolucci Pizzorusso; vos foi] vus foy Michaëlis : vus fui Bertolucci Pizzorusso, Littera   21 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; connoscesse] conhocesse Bertolucci Pizzorusso, Littera

Paráfrasis


(I) Ai, miña señora, se eu non merecese de Deus canto mal lle eu merecín, doutra maneira disporía El de min, e non que me puxese no voso poder; mais eu sóubenlle merecer moito mal e púxome El no voso poder, onde eu nunca xamais perda a coita.

(II) E, miña señora, se eu recease disto cando por vez primeira ouvín falar de vós, tería evitado por iso que vós viñésedes alí; mais non quixo Deus que eu me decatase do meu mal, e mostroume a vosa gran beleza para mal de min, e non me quixo El valer contra vós nin quixo que ningunha outra cousa me valese.

(III) E, miña señora, se eu recibise a morte aquel primeiro día en que vos vin, sería o meu ben; mais non o quixo así Deus, antes fixo, para o meu mal, que vivise, pois máis me valera a min recibir morte aquel día en que vos fun ver ca que eu vos vise e vos coñecese.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:157)

Encontros vocálicos: 12 -mio; 16 di·aen

Notas


Texto
  • 10

    Littera modifica o texto do verso a partir dunha inxustificada emenda da lección ofrecida polo manuscrito (viirdes i > veer des i); porén, o verbo viir ten pleno sentido neste contexto: ‘se el sospeitase a coita que lle ía causar vela, tomaría as medidas de protección precisas cando ela viñese.

  • 14

    A lección de B supón a aparición do segundo rexistro da moi minoritaria forma or (m’or valesse), variante de ar ~ er, que só se atesta en 1310.7.

  • 19

    Nótese a vacilación entre a conservación da raíz antiga valv- (valvera) dos tempos de pretérito de valer e a aparición e extensión da raíz analóxica regularizada val- (valesse) no v. 14, con aparición condicionada pola necesidade dunha rima [‘ese] (valvesse ten vogal tónica aberta). Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 117.12, 196.16, 271.3, 559.2, 1373.6 e 1532.20).

  • 20

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 21

    Neste verso sobrancea en A o evidente castelanismo <cõnosciesse>, coa lección correcta en B, caso similar, pola ditongación, a fuesse (65.32), tamén coa lección correcta no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

    Canto á grafía <sc> en connoscesse, esta aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.

Buscar
    Sin resultados