1291 [= RM 93,2]
Ai vertudes de Santa Cecilia

Ai vertudes de Santa Cecilia,
que sanhudo que se foi un dia
o meu amigo, e ten-se por morto,
e, se s’as[s]anha, non faz i torto
o meu amigo, e ten-se por morto.
Ai vertudes de santa ermida,
con gran pesar fez aquesta ida
o meu amig’, e ten-se por morto,
e, se s’assanha, non faz i torto
[o meu amigo, e ten-se por morto].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscritos


B 1274, V 880

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 438 [= LPGP 616]); Lopes (1963: 59); Cohen (2003: 509); Littera (2016: II, 89).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 301); Braga (1878: 165); Machado & Machado (1956: V, 387); Monteagudo (1998b: 139); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 115); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 164).

Variantes manuscritas


3 ten-se] teusse B   7 gran] grã B

Variantes editoriales


1 Santa] Sancta Lopes   3 amigo] amig’ Nunes   4 as[s]anha] asanha Lopes   5 amigo] amig’ Nunes   6 santa] sancta Lopes   8 amig’] amig[o] Cohen, Littera   10 amigo] amig’ Nunes

Paráfrasis


(I) Ai milagreira Santa Cecilia, que irado se foi un día o meu amigo, e tense por morto, e, se se asaña, non obra mal o meu amigo, e tense por morto. 

(II) Ai santa ermida milagreira, con gran pesar se foi o meu amigo, e tense por morto, e, se se asaña, non obra mal o meu amigo, e tense por morto.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 9’a 9’b 9’B 9’B 9’B (= RM 42:13)

Encontros vocálicos: 1 Ce·ci·li͜a; 3 amigo,‿e; 5 amigo,‿e; 10 amigo,‿e

Notas


Texto
  • 1-2

    Como noutras pasaxes de Martin de Giinzo, aparece a referencia a Santa Cecilia, unha ermida dedicada a esta santa, aínda sen identificar, probabelmente ligada tamén a Soveral (Sobral), lugar da parroquia de Xeve, no concello de Pontevedra (Galiza), moi próximo a Bagüín, no concello de Marín (véxase cantiga 1292). Por outra parte, Souto Cabo (2018: 88) relaciona o xograr coa parroquia de Xinzo (concello de Ponteareas), onde hai un lugar actualmente denominado Sobral (nome de diversos lugares no sudoeste galego).

    Santa Cecilia, forma presente en todas as cantigas de Martin de Giinzo, agás na última (talvez incompleta), mostra unha forma antroponímica discutida por Montero Santalha (2004), que apunta a posibilidade de Cecilia contituír unha corrección latinizante nos cancioneiros, razón por que propón a emenda Cecia: «É uma modificação que, embora insegura, me parece mais provável que a opção de manter a lição dos manuscritos [...]. Por diversos motivos considero que Cecia devia de ser a forma empregada originariamente pelo trovador, e que a forma Cecília reflectirá uma correcção de influxo culto realizada no processo de transmissão textual. Com efeito, Santa Cecia é forma usada em documentos medievais e que ainda pervive hoje».
    No entanto, é sistemático o uso desta forma nas cantigas de Martin de Giinzo, e varias veces en rima: dia : Cecilia  (1288.1-3, 1290.1-2, 1291.1-2), romaria : Cecilia (1289.1-2), Cecilia : queria (1289.11-12).
    No que di respecto á documentación medieval, só achamos Cezia nun documento de 1289 (véxase TMILG, s.v.):

    Item aa ygregaa de Santa Cezia et da uila I doezema que (...) XV soldos de leoneses.

    As restantes atestacións levan á forma Cecilia (en dia de Santa Cecilia en pã e uino; doc. de mediados do s. XIII) e a Cezilia (Cezilia Afonso; doc. de 1453), forma que tamén aparece nun texto da Chancelaría de Dom Duarte, xunto coa variante Cezilha (cfr. CdP, s.v.). Canto ás Cantigas de Santa Maria, rexístrase só a forma Cezilla:
              E trouxe dous menynnos
              sig’, aquel fill’e hũa filla;
              e macar pequenỹos
              eran, por los de peccadilla
              tirar, en Santa Cezilla,
              na pia sagrada,
              os fez dessa vegada
              A Madre de Deus onrrada ... (CSM 89.74).

    Máis unha vez comparece a extraordinaria rima Cecilia : dia, xa presente na cantiga 1290.1-2, e tamén dia : Cecilia en 1288.1-3, e romaria : Cecilia e mais Cecilia : queria en 1289.1-2 e 11-12, similar a outras rimas defectuosas, como nemiga : preitesia. Véxase nota a 494.7-8 e 1287.8.

  • 3

    Fronte a Nunes (que estende a crase) e mais Cohen e Littera (que repón a vogal en amig[o]), mantemos a variación lingüística no primeiro verso do refrán (amig’, e I vs. amigo, e II), en liña con outras variacións de maior ou menor entidade que se detectan no refrán dalgunhas cantigas. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Sin resultados