1256 [= RM 95,3]
Amig’, avia queixume

– Amig’, avia queixume
de vós e quero-mi-o perder,
pois veestes a meu poder.
– Ai mia senhor e meu lume,
se de mí queixum’avedes,
por Deus que o melhoredes!
– Tant’era vossa queixosa
que jurei en San Salvador
que nunca vos fezess’amor.
– Ai mia senhor mui fremosa,
se de mí quei[xum’avedes,
por Deus que o melhoredes!]
– Amig’, en poder sodes meu
se m’eu de vós quiser vingar,
mais quero-mi-vos perdoar.
– Ai senhor, por al vos rog’eu!
Se de min quei[xum’avedes,
por Deus que o melhoredes]
de min, que mal dia naci,
senhor, se vo-lo mereci!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 1240, V 845

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 411 [= LPGP 632]); Fernández Graña (1994: 60); Fernández Graña (1998: 256); Cohen (2003: 475); Littera (2016: II, 108).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 290-291); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 354-355); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 67-68); Celeiro ÁLvarez (2021:103).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 120); Gutiérrez (2023: 159, 277).

Varianti manoscritte


5 Sede mi q̅ixumauedes (por deꝯ q̅o melhor) B   8 jurei] uirey V   11 Se de mi q̅r B : se demī q̅l V   15 mais] May B; perdoar] perd\o/ar V

Varianti editoriali


5 mí] min Cohen : mim Littera   11 mí] min Cohen : mim Littera   17 min] mi Nunes

Parafrasi


(I) –Amigo, tiña queixa de vós e quéroa perder, pois viñestes ao meu poder. 
–Ai miña señora e meu lume, se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea!

(II) –Eu estaba tan doída convosco que xurei en San Salvador que nunca vos daría mostras de amor. 
–Ai miña señora moi fermosa, se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea!

(III) –Amigo, estades no meu poder se me eu quixer vingar de vós, mais quérovos perdoar. 
–Ai señora, por outra cousa vos rogo eu! Se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea (1) por min, que en infausto día nacín, señora, se volo merecín!

Metrica


Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 7’C 7’C (I-II [= RM 160:428]) + 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (III [= RM 160:402]) + 8d 8d

Encontros vocálicos: 2 -mi͜-o

Note


Testo
  • 7

    Eis un hapax trobadoresco en queixosa 'queixa', substantivo creado a partir da forma feminina do adxectivo queixoso.

  • 8

    San Salvador seguramente se refire a unha ermida de Valongo, na parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima á igrexa de San Salvador da Lama, tamén en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).

  • 11

    Repárese no lapso de copia en BV, especialmente no Cancioneiro da Vaticana, no elemento final do refrán abreviado.

  • 13

    A métrica obriga ao deslocamento de meu para a posición rimante, configurando unha rara expresión (en poder sodes meu = en meu poder sodes), creando, asemade, unha construción atributiva (Amigo .... sodes meu).

  • 17

    Nótese a variación mí / min no refrán (I , II , III, min), que no Cancioneiro da Vaticana comezou na estrofa II, onde subministra xa a variante min. Cfr. nota a 27.4.

Cerca
    Nessun risultato trovato