717 [= Tav 40,3]
Amig’, e non vos nembrades

Amig’, e non vos nembrades
de mí e torto fazedes;
mais nunca per mí creades
se mui cedo non veedes
ca sodes mal conselhado
de mi sair de mandado.
Non dades agora nada
por mí e, pois vos partirdes
d’aqui, máis mui ben vingada
serei de vós quando virdes
ca sodes mal [conselhado
de mi sair de mandado].
Non queredes viver migo
e moiro con soidade;
mais ve[e]redes, amigo,
pois, que vos dig’én verdade:
ca sodes mal con[selhado
de mi sair de mandado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 702, V 303

No Cancioneiro da Vaticana os vv. 1-4 foron copiados en dous versos longos.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 122 [= LPGP 282]); Cohen (2003: 187); González Martínez (2012: 152); Littera (2016: I, 306-307).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 122-123); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 382).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 32).

Varianti manoscritte


7 agora] agor B   16 én] eu V

Varianti editoriali


9 máis] mais González Martínez   14 moiro] moiro [eu] Nunes, Littera   15 ve[e]redes, amigo] veredes, [meu] amigo Nunes   16 pois, que vos dig’én verdade] pois que vos digu’ en verdade Nunes : pois que vos dig’ eu verdade Cohen : pois que vos digu’én verdade González Martínez : pois que vos dig’en verdade Littera

Parafrasi


(I) Amigo, non vos lembrades de min e obrades mal; mais nunca máis me creades se moi cedo non vedes que seguides un mal consello desobecedendo o meu mandado

(II) Agora eu non vos importo nada e, despois de que vos vaiades de aquí, mui ben serei eu vingada de vós cando virdes que seguides un mal consello desobecedendo o meu mandado.

(III) Non queredes vivir comigo e morro de soidade; mais veredes, amigo, despois, que nisto vos digo verdade: que seguides un mal consello desobecedendo o meu mandado.

Metrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= Tav 99:70)

Encontros vocálicos: 14 so·i·da·de

Note


Testo
  • 6

    A expresión sair de mandado ‘desobedecer’ é case exclusiva das cantigas de amigo (724.12, 795.9, 803.13-14, 932.15, 1120.13, 1158.9, 1658.10).

  • 10

    A presenza dunha vírgula no final do verso en Cohen suxire que ca é interpretado como causal en vez da súa función de completiva, dependente de virdes.

  • 14

    Talvez Nunes e Littera acrecentaron o pronome suxeito eu por non consideraren o carácter tetrasilábico de soidade.

  • 15

    Fronte á intrusión nunesiana co vocativo [meu] amigo, preferimos, como a maioría dos editores, restaurar a vogal etimolóxica en ve[e]redes, aínda que cabería tamén a posibilidade dun contaxe bisilábica de mais (véxase nota a 12.8).

  • 16

    De acordo coa prioridade concedida a B, mantemos a lección <en>, que forma parte da expresión dizer én verdade, que reaparece noutros dous contextos do corpus profano (942.11, 1075.14).

    Por outra banda, sendo posíbel interpretar pois que como locución causal, optamos por unha outra lectura (e puntuación) do verso, en que pois é adverbio temporal e, dese xeito, se reforza a afirmación da amiga no refrán.

Cerca
    Nessun risultato trovato