1245 [= RM 64,3]
Amig’, entendo que non ouvestes

Amig’, entendo que non ouvestes
poder d’alhur viver, e veestes
à mia mesura, e non vos val ren,
ca tamanho pesar mi fezestes
que jurei de vos nunca fazer ben.
Quisera-m’eu non aver jurado,
tanto vos vejo viir coitado
à mia mesura; mas que prol vos ten,
ca, u vos fostes sen meu mandado,
jurei que nunca vos fezesse ben?
Por sempre sodes de mí partido
e non vos á prol de seer viido
à mia mesura, e gran mal m’é én,
ca jurei, tanto que fostes ido,
que nunca ja máis vos fezesse ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1229, V 834

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 400-401); Zilli (1977: 117 [= LPGP 412]); Cohen (2003: 464); Littera (2016: I, 483).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 287); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 342-343).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 70-71).

Variantes manuscritas


5 que jurei] Q Jurey B : que uirey V   6 Quisera] Qni sera B   10 jurei] uirey V   13 gran mal m’é én] g̃ra mal me(n) en B   15 jurei] uirey V

Variantes editoriales


En Nunes, Cohen e Littera o verso final de cada estrofa é editado como refrán.

2 veestes] vẽestes Zilli   3 à] a Nunes, Zilli, Littera; vos] vus Zilli   5 vos] vus Zilli   7 vos ... viir] vus ... vĩir Zilli   8 à] a Nunes, Zilli, Littera; mas] ma[i]s Nunes; vos] vus Zilli   9 vos] vus Zilli   10 vos] vus Zilli   11 sodes] serdes Littera   12 vos ... viido] vus ... vĩido Zilli   13 à] a Nunes, Zilli, Littera   15 vos] vus Zilli

Paráfrasis


(I) Amigo, entendo que non puidestes vivir noutro lugar e que viñestes procurar a miña mesura, e non vos vale de nada, porque me causastes tan gran pesar que xurei que nunca vos faría ben. 

(II) Eu querería non ter xurado, tan coitado vos vexo vir á miña mesura, mais de que vos vale, pois, cando vos fostes contra a miña vontade, xurei que nunca vos faría ben?

(III) Afastado estades de min para sempre e non vos vale ter vido á miña mesura, e vénme por iso gran mal, porque xurei, en canto vos fostes, que nunca xamais vos faría ben. 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 10b 9’a 10b (= RM 33:11)

Notas


Texto
  • *

    Aínda que Colocci considerou o derradeiro verso de cada cobra (agás na terceira) como refrán, outorgándolle a apostila tornel vario, este verso, que varía de modo importante de estrofa a estrofa, non debe ser editado como tal, a diferenza de canto sostiveron Nunes, Cohen e Littera.

  • 3-4

    Nestes versos, como nos seus simétricos das seguintes estrofas (vv. 7-8, 12-13), aparece a construción viir à mia mesura, onde é necesario considerar, fronte a Nunes e Zilli, a contracción à, que convive coa forma máis antiga aa.

  • 8

    A aparición da variante reducida mas para a adversativa mais indica que é unha forma realmente existente nos cancioneiros italianos, aínda que, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.41046.10, 1201.101225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

Buscar
    Sin resultados