I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 400-401); Zilli (1977: 117 [= LPGP 412]); Cohen (2003: 464); Littera (2016: I, 483).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 287); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 342-343).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 70-71).
5 que jurei] Q Jurey B : que uirey V 6 Quisera] Qni sera B 10 jurei] uirey V 13 gran mal m’é én] g̃ra mal me(n) en B 15 jurei] uirey V
En Nunes, Cohen e Littera o verso final de cada estrofa é editado como refrán.
2 veestes] vẽestes Zilli 3 à] a Nunes, Zilli, Littera; vos] vus Zilli 5 vos] vus Zilli 7 vos ... viir] vus ... vĩir Zilli 8 à] a Nunes, Zilli, Littera; mas] ma[i]s Nunes; vos] vus Zilli 9 vos] vus Zilli 10 vos] vus Zilli 11 sodes] serdes Littera 12 vos ... viido] vus ... vĩido Zilli 13 à] a Nunes, Zilli, Littera 15 vos] vus Zilli
(I) Amigo, entendo que non puidestes vivir noutro lugar e que viñestes procurar a miña mesura, e non vos vale de nada, porque me causastes tan gran pesar que xurei que nunca vos faría ben.
(II) Eu querería non ter xurado, tan coitado vos vexo vir á miña mesura, mais de que vos vale, pois, cando vos fostes contra a miña vontade, xurei que nunca vos faría ben?
(III) Afastado estades de min para sempre e non vos vale ter vido á miña mesura, e vénme por iso gran mal, porque xurei, en canto vos fostes, que nunca xamais vos faría ben.
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 10b 9’a 10b (= RM 33:11)
Aínda que Colocci considerou o derradeiro verso de cada cobra (agás na terceira) como refrán, outorgándolle a apostila tornel vario, este verso, que varía de modo importante de estrofa a estrofa, non debe ser editado como tal, a diferenza de canto sostiveron Nunes, Cohen e Littera.
Nestes versos, como nos seus simétricos das seguintes estrofas (vv. 7-8, 12-13), aparece a construción viir à mia mesura, onde é necesario considerar, fronte a Nunes e Zilli, a contracción à, que convive coa forma máis antiga aa.
A aparición da variante reducida mas para a adversativa mais indica que é unha forma realmente existente nos cancioneiros italianos, aínda que, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).