577 [= RM 25,6]
Amiga, bon grad’aja Deus

Amiga, bon grad’aja Deus
do meu amigo que mi ven;
mais podedes creer mui ben,
quando o vir dos olhos meus,
que possa aquel dia veer
que nunca vi maior prazer.
Aja Deus ende bon grado
porque o faz viir aqui;
mais podedes creer per min,
quand’eu vir o namorado,
que possa aquel dia veer
[que nunca vi maior prazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 560, V 163

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 70 [= LPGP 178]); Nunes (1973 [1928]: 11-12); Cohen (2003: 593); Littera (2016: I, 215-216).
II. Outras edicións: Moura (1847: 128-129); Monaci (1875: 66); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 174); Cohen (1987: 34); Júdice (1997: 28); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 mi] a mi B : ami V   4 vir dos] uēdꝯs B : uindꝯ V   5 possa aquel] possa quel V   7 Deus ende] des enđ V

Variantes editoriais


2 mi] a mi Lang, Nunes, Littera : |a| mi Cohen   5 possa aquel] poss’aquel Lang, Nunes   9 per] por Lang; min] mi Lang, Nunes   11 possa aquel] poss’aquel Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Amiga, sexan dadas grazas a Deus, porque o meu amigo me vai vir; mais moi ben podedes crer, cando o vexa cos meus propios ollos, que poida aquel día ver que nunca vin un maior pracer.

(II) Teña Deus por iso a miña gratitude, porque o fai vir aquí; mais podedes crer por min, cando eu vir o namorado, que poida aquel día ver que nunca vin un maior pracer.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I [= RM 160:325]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= RM 160:417])

Encontros vocálicos: 5 possaaquel; 11 possaaquel

Notas


Texto
  • 2

    Lang e Nunes manteñen a preposición a coa conseguinte consideración de mi como pronome tónico. Moi probabelmente a presenza desta preposición (que obrigaría a unha anómala sinalefa *que‿a) sexa produto dun erro de copia (xa suxerido na edición de Cohen), moi similar ao producido en V en 497.7 e, sobre todo, ao detectado noutras pasaxes do corpus: na cantiga 511, a terceira estrofa presenta unha anómala lección porque a min [<a mĩ> B, <amj̃> V] fazen no segundo verso do refrán, que debe ser emendado por razóns de isometría e, mesmo, de nivelación coas anteriores cobras (porque mi fazen); por outra parte, en 210.10 (... aquesto mi aven), fronte á lección correcta <aquesto mi auen> de A aparece a lección <aq̄stamj̄ auen> en B, coa mesma incorrección que a rexistrada no presente verso; e tamén véxase 982.7, coas correctas leccións <me> A e <mi> B fronte a <a mi> en V, que introduciría unha variación no refrán con quebra da isometría. Sobre a presenza espuria de <a> nos manuscritos véxase nota a 68.1 e 77.8.

  • 4

    O vir do v. 10 indica a necesidade da emenda das erradas leccións de BV neste verso, onde cómpre o verbo veer (polo sentido) e o futuro de subxuntivo (pola consecutio temporum).

Procurar
    Não foram encontrados resultados