1280 [= Tav 88,1]
Amiga, des que meu amigo vi

Amiga, des que meu amigo vi,
el por mí morr’, e eu ando des i
namorada.
Des que o vi primeir’e lhi falei,
el por mí morre, e eu del fiquei
namorada.
Des que nos vimos, assi nos aven:
el por mí morr’, e eu ando por én
namorada.
Des que nos vimos, vede-lo que faz:
el por mí morr’, e eu and[o] assaz
namorada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1264, V 869

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 429-430); Tavani (1964: 68-69 [= LPGP 559-600]); Cohen (2003: 498); Littera (2016: II, 66).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 298); Braga (1878: 163); Machado & Machado (1956: V, 377).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 121); Nunes (1959: 329); Álvarez Blázquez (1975: 106-107); Pena (1990: 130); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 30).

Variantes manuscritas


2 por] p(r)õ V; morr’, e] moire B   4 primeir’e] p̄meyro B : pimeyro V   5 morre] moire B   7 vimos] uimus V; nos] nus V   8 por mí] premi V; morr’, e] moire B   10 nos vimos] uꝯ Vimꝯ B : nus uimus V   11 por mí] premi V; morr’, e] moire B

Variantes editoriais


4 primeir’e] primeiro Nunes : primeyro Tavani   7 nos vimos ... nos] nus vimus ... nus Tavani   10 nos vimos] nus vimus Tavani

Paráfrase


(I) Amiga, desde que vin o meu amigo, el morre por min, e eu ando desde entón namorada.
(II) Desde que o vin a primeira vez e lle falei, el morre por min, e eu fiquei del namorada.
(III) Desde que nos vimos, acontécenos así: el morre por min e eu ando por iso namorada.
(IV) Desde que nos vimos, vedes o que fai: el morre por min e eu ando moi namorada.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 3’B (= Tav 26:90)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga 1155, de Joan Servando, presenta o mesmo refrán univocabular.

  • 4

    Xulgamos que existe un erro <o>/<e>, moi frecuente en BV, na lección <pimeyro>, tal como Cohen propuxo: o sentido solicita que o adverbio primeiro (‘por vez primeira’) sexa ligado ao verbo vi, de modo que se mantivermos esa forma, o clítico lhi iniciaría unha cláusula após unha pausa, feito agramatical na lingua galego-portuguesa (*Des que o vi primeiro, lhi falei). É por isto que resulta máis lóxica a posibilidade do erro e a natural ligazón copulativa que se prolonga na estrofa.

  • 6

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral -os (<uimus>, v. 7; <nus>, v. 10); na realidade, esta grafía aparece case de modo exclusivo en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado