1238 [= RM 64,2]
Amiga, dizen que meu amig’á

Amiga, dizen que meu amig’á
por mí tal coita que non á poder
per nulha guisa d’un dia viver
se per mí non; e vedes quant’i á:
se por mí morre, fic’end’eu mui mal,
[e] se lh’ar faç’algun ben, outro tal.
E tan coitad’é, com’aprendi eu,
que o non pode guarir nulha ren
de morte ja se lh’eu non faço ben;
mais vedes ora com’estou end’eu:
se por mí morre, fi[c’end’eu mui mal,
e se lh’ar faç’algun ben, outro tal].
Dizen que é por mí coitad’assi
que quantas cousas eno mundo son
non lhi poden dar vida se eu non;
e este preito cae-m’ora assi:
se por mí morre, [fic’end’eu mui mal,
e se lh’ar faç’algun ben, outro tal].
E, amiga, por Deus, conselho tal
mi dade vós que non fiqu’end’eu mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 1222, V 827

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 394-395); Zilli (1977: 93 [= LPGP 411-412]); Cohen (2003: 457); Littera (2016: I, 479).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 285); Braga (1878: 156); Machado & Machado (1956: V, 336).

Manuscript variants


2 á poder] a (coyta) poder B   5 morre] moire B   11 morre] moire B : morte V   15 poden dar vida] poder dar \u/yda V   17 morre] moire B   19 Deus] des V   20 fiqu’end’eu] fiqwndeu B

Editorial variants


4 e] é Nunes   6 [e] se lh’ar faç’] se lh’ar faç’[eu] Nunes, Zilli   12 [e] se lh’ar faç’] se lh’ar faç’[eu] Nunes, Zilli   18 [e] se lh’ar faç’] se lh’ar faç’[eu] Nunes, Zilli

Paraphrase


(I) Amiga, din que o meu amigo ten tal coita por min que de ningún modo ten poder de vivir un día se non é por min, e vede o que aí acontece: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.

(II) E tan coitado está, como eu souben, que xa nada o pode librar da morte se eu non lle fago ben, mais vede como estou eu niso: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.

(III) Din que está tan coitado por min que ningunha cousa do mundo lle pode dar a vida excepto eu, e este asunto resúltame agora así: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.

(1) E, amiga, por Deus, dádeme consello tal con que eu neste asunto non fique mal.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:100) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 16 oraassi

Notes


Text
  • 6

    O recurso á conxunción e para resolver a hipometría versal está sustentada pola moi frecuente omisión deste elemento debido a erro de copia no inicio de verso, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). Neste sentido, coidamos que é proposta ecdoticamente menos intrusiva do que a integración do pronome eu (Nunes, Zilli).

  • 16

    Nótese o valor semántico de caer nesta pasaxe, sinónimo de acaer: ‘resultar, avir, corresponder’.

Search
    No results