747 [= Tav 127,1]
Amiga, quero-vos eu ja dizer

Amiga, quero-vos eu ja dizer
o que mi diss[e] o meu amigo:
que morre quando non é comigo,
cuidando sempre no meu parecer;
mais eu non cuido, se el cuidasse
en mí, que tanto sen mí morasse.
Nunca lhi ja creerei nulha ren,
pois tanto tarda, se Deus mi perdon,
e diz ca morre desto, ca d’al non,
cuidand’en quanto mi Deus fez de ben;
mais eu non cuido, se el cui[dasse
en mí, que tanto sen mí morasse].
Porque tan muito tarda desta vez,
seu pouc’e pouco se vai perdendo
comig’, e diz el que jaz morrendo
cuidand’en quan fremosa me Deus fez;
mais eu non cuido, [se el cuidasse
en mí, que tanto sen mí morasse].
E non sei ren por que el ficass’e
que non veesse se lh’eu nembrasse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 732, V 333

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 150-151 [= LPGP 848-849]); Cohen (2003: 220); Machado (1981: 43); Littera (2016: II, 388).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 131); Braga (1878: 64); Nunes (1919: II, 322); Machado & Machado (1953: IV, 31); Camargo et alii (1985: 40).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 207).

Variantes manuscritas


3 morre] moire B   4 cuidando] cuydaudo B   6 sen] seu B   7 nulha] uulha B   9 morre] moire B   10 de] om. B   14 perdendo] ꝑdeudo B   15 morrendo] moirēdo B   20 nembrasse] uēbrasse B

Variantes editoriais


1 -vos] -vus Machado   19 ficass’e] ficasse Nunes, Machado, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amiga, quérovos eu dicir xa o que me dixo o meu amigo: que morre cando non está comigo, pensando sempre na miña beleza; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(II) Xa nunca lle crerei nada, pois tanto tarda, así Deus me perdoe, e di que morre por isto e non por outra causa, pensando en todo o ben que Deus me fixo; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(III) Pois tanto tarda desta vez, vaisese estragando aos poucos o meu amor por el, e di el que xace moribundo pensando no moi fermosa que me Deus fixo; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(1) E non sei nada polo que el ficase onde está e non viñese se eu lle lembrase.

Métrica


Esquema métrico: 10a 9’b 9’b 10a 9’C 9’C (I, III [= Tav 160:284]) + 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (II [= Tav 160:271]) + 9’c 9’c

Notas


Texto
  • 14

    Este verso presenta unha segunda aparición da locución adverbial formada por un posesivo + pouc’e pouco, que tamén se rexistra coa forma meu pouc’e pouc(o) nunha cantiga de Joan Garcia de Guilhade (véxase nota a 398.18). Esta locución acha correspondencia noutra similar, meu pass’en passo, tamén presente en Guilhade (1522.9), de modo que semellan construcións exclusivas da sincronía medieval. Na realidade, parece que a introdución dun posesivo era posíbel tamén noutras locucións adverbiais, como pode comprobarse na aparición da expresión de seu vagar (= devagar) na Crónica de 1344: E, quando Julyo Cesar os vyo em aquela pressa, entendeo que se perderyam hy muytos delles e mandoulhes que leixassem de sobyr e que se vehessem decendo seu passo. E elles fezerõno assy e tornaronsse pera suas tendas de seu vagar (Cintra 1952-1990: II, 115).

  • 19-20

    Ningún dos editores precedentes segmentou a copulativa no final do verso; esta deglutinación evita a xustaposición oracional ou a consideración de que (v. 20) como conxunción consecutiva en vez de pronome relativo simétrico de que no v. 19.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado