1226 [= RM 116,3]
Amiga, vistes amigo

– Amiga, vistes amigo
d’amiga que tant’amass’e
que tanta coita levasse
quanta leva meu amigo?
– Non [o vi nen quen o visse
nunca] vi des que fui nada,
mais vej’eu vós máis coitada.
– Amiga, vistes amigo
que por amiga morress’e
que tanto pesar sofresse
[quanto sofre meu amigo?]
– Non o vi nen [quen o visse
nunca vi des que fui nada,
mais vej’eu vós máis coitada].
– Amiga, vistes amigo
que tan muito mal ouvesse
d’amiga que ben quisesse,
quant’á por mí meu amigo?
– Non o vi nen quen o visse
[nunca vi des que fui nada,
mais vej’eu vós máis coitada],
que mui maior mal avedes
ca el, que morrer veedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manoscritti


B 1210, V 815

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 306); Marroni (1968: 259-261 [= LPGP 734]); Cohen (2003: 443); Littera (2016: II, 246-247).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 279); Braga (1878: 153); Machado & Machado (1956: V, 317).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 344); Oliveira & Machado (1959: 97-98); Torres (1977: 468); Ferreira (1988: 82); Alvar & Beltrán (1989: 218-219); Pena (1990: 114-115); Alvar & Talens (2009: 498); Mongelli (2009: 132).

Varianti manoscritte


6 vi des que] mi đs que V   9 morress’e] moiresse B   12 nen] uē V   23 morrer] moirer B

Varianti editoriali


En Nunes, Marroni e Littera o verso primeiro de cada estrofa non forma parte do refrán.

2 amass’e] amasse Nunes, Marroni, Cohen, Littera   5 Non [o vi nen quen o visse] Non o vi, des que fui nada, Nunes : Non [o] vi, des que fui nada Marroni   6 nunca vi des que fui nada] om. Nunes, Marroni   7 vós] vos Cohen   9 morress’e] morresse Nunes, Marroni, Cohen, Littera   12 Non o vi nen [que o visse] Non o vi, des que fui nada : Nunes, Non [o] vi, des que fui nada Marroni   13 nunca vi des que fui nada] om. Nunes, Marroni   14 vós] vos Cohen   19 Non o vi nen que o visse] Non o vi, des que fui nada : Nunes, Non [o] vi, des que fui nada Marroni   20 [nunca vi des que fui nada] om. Nunes, Marroni   21 vós] vos Cohen

Parafrasi


(I) –Amiga, vistes amigo de amiga que tanto amase e que tanta coita sufrise como a que sofre (por min) o meu amigo?
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada.

(II) –Amiga, vistes amigo que por amiga morrese (de amor) e que tanto pesar sufrise como o que sofre (por min) o meu amigo? 
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada.

(III) –Amiga, vistes amigo que tanto mal recibise de amiga que amase como o que por min recibe o meu amigo? 
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada, (1) porque moito maior mal sufrides ca el, a quen morrer vedes.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 7’A 7’b 7’b 7’a 7’B 7’C 7’C + 7’d 7’d

Note


Testo
  • *

    Foi Cohen quen estabeleceu, con razón, a pertenza do verso inicial de todas as estrofas ao refrán, pois, como acontece nas cantigas 709, 1651, 1660, 1676, a súa reiteración nesa posición só pode indicar o carácter de refrán.

  • 2

    Tanto neste verso como no v. 9 a segmentación da conxunción e confire fluidez ao discurso ao evitar a xustaposición de dúas cláusulas de relativo. Con todo, sería posíbel non realizar a segmentación, de modo que os vv. 3-4 (e 10-11) constituísen unha cláusula de relativo que modificase o período anterior.

  • 5-7

    A conformación final do refrán triversal é asisada proposta de Cohen a partir da copia fragmentaria dos apógrafos italianos (con salto de copia por mor da repetición de vi) nas tres ocorrencias do refrán na copia da cantiga:

              I B                                      V

              Nō vi des q̄ fui nada                nō mi đs que fui nada

              Mays veieu· uos mays coitada·     mays ueieu uos mays coytada

              II B                                    V

              Nono vi nē                           nono ui nē

              III B                                  V

              Nono vi nē q̄no visse              non ui nē q̄no uisse
    Isto é, o primeiro verso do refrán é o copiado na terceira ocorrencia, de modo que se debe redistribuír o material textual da primeira ocorrencia a partir de <vi> B, <mi> V, e só fica como hipotético o adverbio nunca, no inicio do segundo verso (a asociación entre veer e nunca é moito frecuente no corpus amoroso):

    Non o vi nen quen o visse
    nunca vi des que fui nada,
    mais vej’eu vós máis coitada.

  • 7

    Véxase neste verso do refrán (tamén nos vv. 14 e 21) o pronome vós, CD sen preposición (mais vej’eu vós máis coitada), tal como ocorre con relativa frecuencia cos pronomes persoais tónicos oblicuos na lingua trobadoresca.

  • 11

    A reconstrución do verso, que foi deducida dos versos correlatos, débese a Nunes.

Cerca
    Nessun risultato trovato