738 [= RM 36,1]
Amigas, quando se quitou

Amigas, quando se quitou
meu amig’un dia d’aqui,
pero mi-o eu cuitado vi
e m’el ante muito rogou
que lhi perdoasse, non quix,
e fiz mal porque o non fiz.
E pavor ei de s’alongar
d’aqui, assi Deus mi perdon,
e fara-o con gran razon,
ca me veo ante rogar
que lhi perdoasse: [non quix,
e fiz mal porque o non fiz].
Chamava-m’el lume dos seus
olhos e seu ben e seu mal,
poi-lo non fazia por al,
que o [eu] fezess’e, por Deus,
que lhi perdoasse: non [quix,
e fiz mal porque o non fiz].
E, se o por én perdud’ei,
nunca maior dereito vi,
ca vẽo chorar ante mí
e disse-mi o que vos direi,
que lhi perdoasse: [non quix,
e fiz mal porque o non fiz].
E sempre m’én mal acharei
porque lh’enton non perdoei,
ca, se lh’eu perdoass’ali,
nunca s’el partira d’aqui.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


B 723, V 324

No final da cantiga aparece en BV o que, por erro, constituiría unha nova aparición do refrán: Quelhi perdoasse.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 143-144 [= LPGP 273-274]); Cohen (2003: 210); Littera (2016: I, 291-292).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 19-20).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 54-55); Magalhães (2007: 93).

Varianti manoscritte


5 perdoasse] pdoasse B   20 dereito] deʼyto V   26 enton] eutō B

Varianti editoriali


En Nunes as dúas fiindas aparecen dispostas como unha nova estrofa co correspondente refrán reintegrado. 

3 cuitado] coitado Nunes   5 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera   8 mi] me Nunes   10 veo] vẽo Cohen   11 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera   16 [eu] fezess’e, por Deus] fezesse [eu] por Deus Nunes : [eu] fezesse, por Deus Littera   17 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera   21 vẽo] veo Littera   23 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera

Parafrasi


(I) Amigas, cando un día o meu amigo se foi de aquí, aínda que eu o vin coitado e el antes me rogou moito que lle perdoase, non quixen, e fixen mal porque non o fixen.

(II) E teño pavor a que se vaia lonxe de aquí, así Deus me perdoe, e farao con moita razón, pois veume antes rogar que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.

(III) El chamábame luz dos seus ollos e seu ben e seu mal, e non o facía por outra cousa, para que eu o fixese e, por Deus, que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.

(IV) E se por iso o perdín, nunca vin unha razón máis xusta, pois veu chorar ante min e díxome o que vos direi, que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.

(1) E sempre diso me arrepentirei porque daquela non lle perdoei, (2) pois, se eu lle perdoase alí, nunca el se iría de aquí.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8a 8a + 8b 8b (= RM 160:339)

Encontros vocálicos: 3 mio; 22 -mio

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga presenta un refrán que foi incorporado, case literalmente, a unha cantiga escarniña de Don Denis (cfr. 1557.r1-r2):
              per que lhi trobasse: non quis,
              e fiz mal porque o non fiz.

    A intertextualidade entre as dúas composicións (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 222-225) aínda vai máis lonxe, pois a cantiga dionisina tamén presenta dúas fiindas, ambas coas mesmas rimas -ei e -i de Estevan Travanca.
    Neste sentido, a edición de Nunes é errada (as rimas indican o carácter de fiindas), seguramente condicionada polo inicio do refrán que por lapso de copia aparece nos manuscritos tras o verso derradeiro (véxase tamén Gonçalves 2016 [1992]: 223-224).

  • 5-6

    O refrán desta cantiga presenta a mesma rima defectuosa (fiz - quix)1 que a cantiga 698 (vv. 5-6), que di respecto a unha nivelación fonolóxica de sibilantes que non é canónica nas rimas trobadorescas (cfr., tamén, a rima vezes : meses en 1467.8-11, rafez : Ocres en 1610.16-18 e Galiza : Fariza : peliça : liça en 1635.18-24). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 1118.10-12.

    Por outra banda, é posíbel a segmentación da conxunción copulativa (realizada na edición de Littera) no primeiro verso do refrán, que non modifica semanticamente o texto, embora sintacticamente non encaixe ben no contexto da primeira estrofa:
              Amigas, quando se quitou
              meu amig’um dia daqui,
              pero mi o eu cuitado vi
              e m’el ante muito rogou
              que lhi perdoass’, e nom quix,
              e fiz mal porque o nom fiz.

  • 16

    Xa Lapa considerou «infeliz» a interpolación de eu realizada por Nunes (Lapa 1982: 165), que propuña substituír por unha copulativa: e que o fezesse, por Deus ou que o fezesse, e por Deus. Porén, a opción de Cohen coa interpolación de eu onde non hai posibilidade de sinalefa e coa segmentación da copulativa en fezess’e (que Littera non realiza) resolve satisfactoriamente a hipometría e o sentido do verso.

  • 25-28

    A correcta disposición das dúas fiindas, fronte á súa conversión nunha nova estrofa tal como Nunes editou a cantiga, foi proposta por Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 223-224).

  1. ^

    Na realidade, nesta época a distinción entre sibilantes en posición final podería estar xa neutralizada.

Cerca
    Nessun risultato trovato