600 [= RM 25,11]
Amig’e fals’e desleal

Amig’e fals’e desleal,
que prol á de vos trabalhar
de na mia mercee cobrar?
Ca tanto o trouxestes mal
que non ei, de vos ben fazer,
pero m’eu quisesse, poder.
Vós trouxestes o preit’assi
come quen non é sabedor
de ben nen de prez nen d’amor;
e por én creede per min
que non ei, de vos ben fazer,
[pero m’eu quisesse, poder].
Caestes en [a]tal cajon
que sol conselho non vos sei,
ca ja vos eu desemparei
en guisa, se Deus mi perdon,
que non [ei, de vos ben fazer,
pero m’eu quisesse, poder].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 583, V 186

Edicions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 86-87 [= LPGP 180]); Nunes (1973 [1928]: 35-36); Cohen (2003: 619); Littera (2016: I, 230).
II. Outras edicións: Moura (1847: 165-166); Monaci (1875: 74); Braga (1878: 37-38); Machado & Machado (1952: III, 216-217); Cohen (1987: 82); Júdice (1997: 43); Montero Santalha (2004).

Variants manuscrites


11 vos] ues B : uos V   16 Deus mi perdon] ds̄ mī pardō B

Variants editorials


1 Amig’e] Amigo Lang, Nunes   3 de na] d’em a Lang : d’én a Cohen : d'ena Littera   6 quisesse] quizesse Lang   10 per] por Lang; min] mi Lang, Nunes   12 quisesse] quizesse Lang   13 Caestes en [a]tal cajon] [Vós] caestes em tal cajom Lang : Caestes en tal [o]cajon Nunes, Cohen : Caestes [vós] em tal cajom Littera   18 quisesse] quizesse Lang

Paràfrasi


(I) Amigo falso e desleal, que prol hai en facerdes todo o posíbel por recibir o meu favor? Pois manexastes o asunto tan mal que non teño, aínda que quixese facervos ben, poder (para facelo).

(II) Vós manexastes a nosa relación como quen non sabe de ben nin de honra nin de amor; e por iso crédeme ben que non teño, aínda que quixese facervos ben, poder (para facelo).

(III) Caestes en tal desgraza que non lle sei solución posíbel, pois eu xa vos desamparei de tal xeito, así Deus me perdoe, que non teño, aínda que quixese facervos ben, poder (para facelo).

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:327)

Notes


Text
  • 1

    A teor da lección dos cancioneiros, falso e desleal terán de fucionar como adxectivos substantivados en paralelo ao amigo inicial, ligados pola copulativa; talvez os sintagmas Amigo fals’e muit’encoberto en D. Denis (612.6), ou daqueste mundo fals’e desleal de Pero da Ponte (988.6) levou aos primeiros editores á emenda da secuencia <Amigue> de BV.

  • 3

    Lang e Cohen presentan un texto coa segmentación d’en a da secuencia <De na> B, <de na> V; mais a existencia da construción cobrar + preposición en aconsella respectar neste caso a cadea gráfica que ofrecen os manuscritos, tal como fixo Nunes. Véxanse as seguintes construcións:

    u perdi aquela que amei, 
    en outra senhor mui melhor cobrei
    que me faz Deus servir e desejar (626.19); 

    o que perdeu nos alhos quer cobrar nas cebolas (1634.8).

  • 5

    A conxunción que alterna a función consecutiva (I, III) coa completiva (II); mesmo na estrofa III que forma parte da locución conxuntiva en guisa que. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 5-6

    O refrán da cantiga presenta un notábel hipérbato; isto é: que non ei poder de vos ben fazer, pero m’eu quisesse.

  • 13

    As posibilidades para compensar metricamente o verso son varias, en especial é de considerar tamén a variante [o]cajon, opción de Nunes e Cohen. A forma ocajon, xunto con acajon (véxase nota a 778.9), é unha variante da forma xeral cajon ‘desastre, desgraza, dano’, procedente do lat. occasiōnem, que perdeu a vogal inicial por un proceso de aférese (ao tempo que por posíbel segmentación da forma de artigo). De calquera forma, ocajon é a forma xeral, xunto con oqueijon, nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e, fóra da poesía, este vocábulo áchase con todas as variantes (cajon, ocajon, enqueijon, oqueijon etc.) en diversos textos prosísticos (CGPA, s.v.). No corpus trobadoresco profano, véxase tamén a variante aqueijon en 1590.18.

  • 16

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat