1223 [= RM 121,3]
Amigo, mando-vos migo falar

– Amigo, mando-vos migo falar
cada que vós end’ouverdes sabor.
– Nostro Senhor, fremosa mia senhor,
vos dé grado, que vo-lo pode dar,
[de tod’este ben que mi dizedes]
e de quant’outro ben mi fazedes.
– Pois vós sodes por mí tan coitado,
quando quiserdes, falade migo.
– Ai mia senhor, vedes que vos digo:
Nostro Senhor vos dé [mui] bon grado
de tod’este ben que mi dizedes
[e de quant’outro ben mi fazedes].
– Porque sei que mi queredes [gran] ben,
falade migo, ca ben é e prez.
– Nostro Senhor, que vos [fremosa] fez,
vos dé sempre mui bon grado por én
de tod’este ben que mi dizedes
[e de quant’outro ben mi fazedes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1207, V 812

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 393-394 [= LPGP 794]); Cohen (2003: 440); Fernández Campo (2012: 157); Littera (2016: II, 326-327).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 278); Braga (1878: 153); Machado & Machado (1956: V, 314).

Variantes manuscritas


6 fazedes] façedes V   17 este] estes B

Variantes editoriales


4 dé] dê Nunes, Littera   10 dé] dê Nunes, Littera   12 mi] me Nunes   13 sei que mi queredes [gran] ben] sei [eu] que mi queredes ben Cohen, Littera   15 vos [fremosa] fez] [fremosa] vos fez Nunes   16 dé] dê Nunes, Littera   18 mi] me Nunes

Paráfrasis


(I) –Amigo, mándovos falar comigo cada vez que quixerdes. 
–Miña señora fermosa, Noso Señor, que o pode facer, vos recompense todo este ben que me dicides e calquera outro ben que me fagades.

(II) –Pois vós sufrides tanto por min, cando quixerdes falade comigo. 
–Ai miña señora, vedes o que vos digo: que o Noso Señor vos recompense todo este ben que me dicides e calquera outro ben que me fagades.

(III) –Porque sei que me amades moito, falade comigo, pois non hai nada mao nin deshonroso niso. 
–Noso Señor, que vos fixo fermosa, vos recompense moito, por iso, todo este ben que me dicides e calquera outro ben que me fagades.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (I, III [= RM 160:270]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (II [= RM 160:307])

Notas


Texto
  • 10

    O v. 16 (vos sempre mui bon grado por én) marca o camiño para a integración de mui neste verso: Nostro Senhor vos [mui] bon grado.

  • 13

    A necesidade de máis unha sílaba métrica do verso levou a Cohen e Littera a introducir nel o pronome eu (Porque sei [eu] que mi queredes ben), solución tamén posíbel.

  • 15

    A situación de fremosa no verso podería ser outra (véxase que [fremosa] vos fez en Nunes); porén, a mesma secuencia atéstase en Pero Gomez Barroso, no primeiro verso do refrán da cantiga 749:
              gradesc’a Deus eno meu coraçon
              que m’El fremosa fez: ...

Buscar
    Sin resultados