699 [= Tav 79,6]
Amigo, pois me vos aqui

Amigo, pois me vos aqui
ora mostrou Nostro Senhor,
direi-vos quant’á que sabor
non ar ouve d’al nen de mí,
per boa fe, meu amigo:
des que non falastes migo.
E ar direi-vos outra ren:
nunca eu ar pudi saber
que x’era pesar nen prazer,
nen que x’era mal nen que ben,
per bõa fe, meu [amigo,
des que non falastes migo].
Nen nunca o meu coraçon
nen os meus olhos ar quitei
de chorar, e tanto chorei
que perdi o sén des enton,
per bõa fe, meu [amigo,
des que non falastes migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 684, V 286

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 107-108 [= LPGP 526]); Cohen (2003: 169); Littera (2016: I, 611-612).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 359-360).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 29-30).

Variantes manuscritas


1 vos] uos BV   5 meu amigo] ui**** meu amigo V   10 x’era] sera V   14 nen os] ueuꝯ V

Variantes editoriais


5 boa] bõa Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amigo, pois aquí me vos mostrou Noso Señor, direivos canto hai que non sentín gozo por min nin por nada: abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.

(II) E tamén vos direi outra cousa: nunca eu puiden tampouco saber que era pesar nin pracer, nin que era mal nin que era ben, abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.

(III) Nin nunca tampouco librei o meu corazón nin os meus ollos de chorar, e tanto chorei que perdín o xuízo desde entón, abofé, meu amigo, desde que non falastes comigo.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (= Tav 160:400)

Notas


Texto
  • 5

    Nótese que nesta primeira ocorrencia do refrán boa aparece como variante desnasalizada do bõa dos vv. 11 e 17. Véxase nota a 589.5. Cfr. nota a 27.4.

Procurar
    Não foram encontrados resultados