1012 [= RM 63,11]
Amigo, quando me levou

Amigo, quando me levou
mia madr’, [a] meu pesar, d’aqui,
non soubestes novas de mí,
e por maravilha tenho
por non saberdes quando vou
nen saberdes quando venho.
Pero que vos [c]hamades meu,
amigo, non soubestes ren
quando me levaron d’aquen,
e maravilho-me ende
por non saberdes quando m’eu
venh’ou quando vou d’aquende.
Catei por vós quand’a partir
m’ouve d’aqui, e pero non
vos vi nen veestes enton,
e mui queixosa vos ando
por non saberdes quando m’ir
quer’ou se verrei ja-quando.
E por amigo non tenho
o que non sabe quando vou
nen sabe quando me venho.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


V 598

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 259-260); Rodríguez (1980: 157 [= LPGP 376-377]); Cohen (2003: 542); Littera (2016: I, 442-443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 213-214); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 114); Machado & Machado (1960: VII, 86).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 32); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 81); Magalhães (2007: 100).

Variantes manuscritas


1 Amigo] Amigo(me) V   7 [c]hamades] amhades V   18 ou] on V   20 vou] nō V

Variantes editoriais


7-9 Pero que vos [c]hamades meu, / amigo, non soubestes ren / quando me levaron d’aquen] Pero que vos chamades meu / amigo, non soubestes ren / quando me levaron d’aquen Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amigo, cando miña nai me levou, contra a miña vontade, de aquí, non tivestes novas de min, e considero que é moi sorprendente, por non saberdes cando vou nin saberdes cando veño.

(II) Aínda que vos proclamades meu (servidor), amigo, non soubestes nada cando me levaron de aquí, e sorpréndeme moito iso por non saberdes cando eu veño ou cando me vou de aquí. 

(III) Busqueivos co ollar cando tiven que me ir de aquí, aínda que non vos vin nin viñestes daquela, e moi queixosa estou de vós por non saberdes cando me quero ir ou se virei algunha vez.

(1) E non teño por amigo ao que non sabe cando vou nin sabe cando veño.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 7’c 8a 7’c (= RM 183:17) + 7c 8a 7c

Notas


Texto
  • 7-8

    A puntuación nesta pasaxe é significativa, porque varía o estatuto pragmático do período conforme se considere ou non o sintagma meu amigo (Nunes, Cohen):

    Pero que vos <ch>amades meu
    amigo, non soubestes ren
    quando me levaron daquen.

    Con Rodríguez, inclinámonos por remarcar a alusión á ‘posesión’ do amigo, nun contexto similar ao doutras cantigas de Joan Airas:

    ca ja todas saben que sodes meu
    e nen ũa non vos querra por seu (1008.r).

    Queixa-s’el e diz que sempre foi meu
    e diz gran dereito, per bõa fe (1024.13-14).

    En calquera caso, esta idea da posesión do amigo pode verse aínda noutra cantiga de Joan Airas:

    Queixades-vos que sempre fostes meu,
    amig’, e vos leixo por mí morrer (1025.7).

  • 12

    Na rima deste verso aparece a única documentación de aquende sen preceder vocábulo iniciado por vogal, pois nestes contextos a forma xeral é aquen, tal como ende/én, grande/gran ou muito/mui.

  • 13-14

    A representación gráfica da perífrase verbal en Littera non é adecuada, pois non considerou o nexo preposicional (*quand’a partir- / -m’houve daqui) que desaconsella o uso do trazo: quand(o) m’ouve a partir d’aqui.

  • 14

    O contexto esixe a presenza da locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, aínda que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura (e pero / e, pero).

  • 18

    O adverbio temporal ja-quando (procedente de ja + quando) ‘algunha vez’ só volve aparecer en 1240.12, pois concorre con ja-u. Cfr. notas a 33.14 e 347.9.

  • 20

    O mesmo erro <nõ>~<non>/<uou>, de evidente explicación paleográfica, comparece noutras pasaxes de V e, sobre todo, de B: 295.15, 974.26, 978.221322.5 ou 1669.14.

Procurar
    Não foram encontrados resultados