695 [= Tav 79,7]
Amigo, queixum’avedes

Amigo, queixum’avedes
de mí, que non falo vosco,
e, quant’eu de vós conhosco,
nulha parte non sabedes
de quan muito mal, amigo,
sofro se falardes migo,
nen de com’ameaçada
fui un dia pola ida,
que a vós fui, e ferida:
non sabedes vós én nada
de quan muito mal, amigo,
[sofro se falardes migo].
Des que souberdes mandado
do mal muit’e mui sobejo
que mi fazen, se vos vejo,
enton mi averedes grado
de quan muito mal, amigo,
[sofro se falardes migo].
E pero, se vós quiserdes
que vos fal’e que vos veja,
sol non cuidedes que seja
se vós ante non souberdes
de quan muito mal, [amigo,
sofro se falardes migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


B 680, V 282

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 104-105 [= LPGP 527]); Cohen (2003: 165); Littera (2016: I, 609-610).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111); Braga (1878: 54-55); Machado & Machado (1952: III, 354-355).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 283-284); Oliveira & Machado (1959: 93); Alvar & Beltrán (1989: 306); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 163); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 122); Arias Freixedo (2003: 533-534).

Varianti manoscritte


1 queixum’avedes] queieu maudes V   5 quan] quauj B   7 ameaçada] amea cada B   11 quan] ꝙ̄ V   16 mi] rih V   17 quan] ꝙ̄ V   20 vos] nꝯ B   23 quan] ꝙ̄ V

Varianti editoriali


2 min] mi Nunes, Cohen, Littera

Parafrasi


(I) Amigo, tedes queixa de min porque non falo convosco, e, polo que vos eu coñezo, non sabedes nada de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo, (II) nin de como un día fun ameazada pola ida, que fun onda vós, e ferida: vós diso non sabedes nada, de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.

(III) Así que tiverdes noticias do moito e excesivo mal que me fan, se vos vexo, entón teredes aprecio de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.

(IV) Aínda que, se vós quixerdes que vos fale e que vos vexa, nin pensedes sequera que iso sexa posíbel se vós antes non tiverdes coñecemento de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.

Metrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:454)

Encontros vocálicos: 16 mi‿averedes

Note


Testo
  • 4

    A expresión nominal nulha parte equivale a nada, como mostra o simétrico v. 10: nulha parte non sabedesnon sabedes vós én nada.

  • 19

    Fronte á posibilidade de considerar sintacticamente independentes as conxuncións e e mais pero, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

Cerca
    Nessun risultato trovato