1047 [= RM 63,12]
Amigo, queredes-vos ir

Amigo, queredes-vos ir
e ben sei eu que mi averra:
enmentre morardes ala,
a quantos end’eu vir viir,
a todos eu preguntarei
como vos vai en cas d’el-rei.
Non vos poderia dizer
quant’ei de vos irdes [pesar];
mais a quantos eu vir chegar
d’u ides con el-rei viver,
a todos eu preguntarei
[como vos vai en cas d’el-rei].
Coitada ficarei d’amor
atá que mi vos Deus adusser;
mais a quantos eu ja souber
que veeren d’u el-rei for,
a todos eu preguntarei
[como vos vai en cas d’el-rei].
E se disseren «ben», loarei
Deus e graci-lo-ei al rei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 1043, V 633

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 292-293); Rodríguez (1980: 258 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 578); Littera (2016: I, 464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 44-45); Fernández Pousa (1959: 266).

Variantes manuscrites


2 averra] aueira B   4 quantos] quanto V; viir] mir V   11 todos] todo V   20 graci-lo-ei] g̃zi loey V

Variantes éditoriales


3 enmentre] en mentre Nunes, Cohen   14 atá] tá Nunes, Rodríguez   19 E] om. Nunes   20 graci-lo-ei] gracilo-e Rodríguez; al rei] a ‘l-rei Littera

Paraphrase


(I) Amigo, querédesvos ir e ben sei o que me acontecerá: mentres morardes aló, a cantos de alí vexa vir, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.

(II) Non vos podería dicir canto pesar teño por vos irdes, mais a cantos eu vir chegar de onde ides vivir co rei, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.

(III) Ficarei coitada de amor até que Deus vos traia ao meu carón; mais a cantos eu saiba que veñen de onde está o rei, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.

(1) E se dixeren “ben”, louvarei a Deus e agradecereillo ao rei.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:346) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 2 mi‿ averra; 19 *lo͜a·rei

Notes


Texte
  • 3

    O adverbio enmentre (tamén en 262.16) procede da aglutinación da preposición en con mentre, feito que xera unha secuencia [nm] inhabitual na lingua medieval (véxase nota a 1.4). Esta variante do adverbio é de uso limitado na Idade Media, a teor dos datos subministrados polo CGPA (s.v. enmentre, en mentre ~ em mentre), aínda que aparece con relativa frecuencia en obras portuguesas do século XV, cal na Demanda do Santo Graal, na Confessio Amantis (Faccon 2012: 470), ou no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 43, 277, 286, 394); tamén, coas formas ememtes e memtes no Livro de Arimateia (Miranda 2016: 101, 123), ou enmentre, mentres e enmentres no Sacramental (Sánchez de Vercial 2005-2013: 500, s.v. enmentre, enmentres).

  • 8

    A lacuna dos códices afecta á palabra rimante, pesar, case inevitabelmente imposta polo desenvolvemento da cantiga e pola ligazón estabelecida entre a partida do amigo e o pesar causado. Así, por exemplo, en Joan Airas:

    Ir-vos queredes, amigo,
    d’aqui por me fazer pesar (1053.1-2).

    Ou noutros trobadores:

    Ir-vos queredes, mia sennor,
    e fic’end’eu con gran pesar (159.1-2);

    Ir-vos queredes, amigo,
    e ei end’eu mui gran pesar (1160.1-2).

  • 14

    A preposición atá confire ao verso máis unha sílaba, converténdoo en hipermétrico (cfr., non obstante, a variante , tamén utilizada nas cantigas; véxase UC/Glosario, s.v. atá1). De todos os xeitos, nótese como o primeiro verso da fiinda tamén é hipermétrico se non computamos como bisilábica a forma verbal loarei.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé