I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 402-403); Zilli (1977: 125-126 [= LPGP 413]); Cohen (2003: 466); Littera (2016: I, 484).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 288); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 344-345).
1 Amigo] Amigo(s) V 3 sazon] saçon V 6 morrer] moirer B 10 quisera que veessedes] quisa veesededes B 13 coraçon] coracō B 15 sazon] (sa) sazō B 19 Vós] Dos B 20 nos] nos BV; averra] a ueira B 21 vosso] uoso V; vez ja] nona B : uezia V 22 al] om. B
5 querades] que[i]rades Nunes, Littera 8 atal] a tal Nunes, Zilli, Cohen, Littera 10 veessedes] vẽessedes Zilli 11 querades] que[i]rades Nunes, Littera 17 querades] que[i]rades Nunes, Littera 21 pas[s]’o] pas’o Zilli 23 querades] que[i]rades Nunes, Littera
(I) Amigo, vós non queredes ter en conta nada que non sexa o voso, e non prestades atención ao momento nin á ocasión en que vindes falar comigo, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous, (II) pois o outro día chegastes aquí en tal momento que tiven tal pavor por iso que, por ser señora deste mundo, non quixera que viñésedes alí, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.
(III) E quen ama de corazón unha muller, segundo creo, esfórzase por ocultarse e procura o tempo e a ocasión para ir onde ela está, e a vós iso non vos pasa, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.
(IV) Vós non mirades nin a ben nin a mal nin o que despois disto nos acontecerá, senón que se cumpra o voso (desexo) xa dunha vez, mais neste asunto é moi necesario outro (comportamento), e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:101)
Encontros vocálicos: 21 vosso‿ũ·a
Os catro versos da derradeira cobra (que non presenta refrán en BV) foron marcados en B por Colocci como se constituísen unha fiinda, talvez por non ter sido copiado o refrán na última estrofa.
O verbo catar pode rexer a preposición a (catar a nulha ren se ao vosso non) na acepción ‘considerar, ter en conta, ponderar’.
Fronte a Nunes e Littera, mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco.
Os pronomes persoais mí e vós, formas oblicuas tónicas, cumpren función de CD sen preposición (fazer / per vossa culpa mí e vós morrer), feito bastante frecuente na lingua trobadoresca.
A construción chegar atal sazon non precisa preposición a, que todos os editores precedentes tiraron da deglutinación de atal (*chegastes aqui / a tal sazon).