1247 [= RM 64,6]
Amigo, vós non queredes catar

Amigo, vós non queredes catar
a nulha ren se ao vosso non,
e non catades tempo nen sazon
a que venhades comigo falar,
e non querades, amigo, fazer
per vossa culpa mí e vós morrer,
ca noutro dia chegastes aqui
atal sazon que ouv’én tal pavor
que, por seer deste mundo senhor,
non quisera que veessedes i,
e non querades, amigo, [fazer
per vossa culpa mí e vós morrer].
E quen molher de coraçon quer ben,
a meu cuidar, punha de s’encobrir
e cata temp’e sazon pera ir
u ela ést’, e a vós non aven,
e non querades, a[migo, fazer
per vossa culpa mí e vós morrer].
Vós non catades a ben nen a mal
nen do que nos pois daquest’averra,
senon que pas[s]’o vosso ũa vez ja,
mais en tal feito muit’á mester al,
[e non querades, amigo, fazer
per voss culpa mí e vós morrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1231, V 836

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 402-403); Zilli (1977: 125-126 [= LPGP 413]); Cohen (2003: 466); Littera (2016: I, 484).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 288); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 344-345).

Variantes manuscritas


1 Amigo] Amigo(s) V   3 sazon] saçon V   6 morrer] moirer B   10 quisera que veessedes] quisa  veesededes B   13 coraçon] coracō B   15 sazon] (sa) sazō B   19 Vós] Dos B   20 nos] nos BV; averra] a ueira B   21 vosso] uoso V; vez ja] nona B : uezia V   22 al] om. B

Variantes editoriais


5 querades] que[i]rades Nunes, Littera   8 atal] a tal Nunes, Zilli, Cohen, Littera   10 veessedes] vẽessedes Zilli   11 querades] que[i]rades Nunes, Littera   17 querades] que[i]rades Nunes, Littera   21 pas[s]’o] pas’o Zilli   23 querades] que[i]rades Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Amigo, vós non queredes ter en conta nada que non sexa o voso, e non prestades atención ao momento nin á ocasión en que vindes falar comigo, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous, (II) pois o outro día chegastes aquí en tal momento que tiven tal pavor por iso que, por ser señora deste mundo, non quixera que viñésedes alí, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.

(III) E quen ama de corazón unha muller, segundo creo, esfórzase por ocultarse e procura o tempo e a ocasión para ir onde ela está, e a vós iso non vos pasa, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.

(IV) Vós non mirades nin a ben nin a mal nin o que despois disto nos acontecerá, senón que se cumpra o voso (desexo) xa dunha vez, mais neste asunto é moi necesario outro (comportamento), e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:101)

Encontros vocálicos: 21 vossoũ·a

Notas


Texto
  • *

    Os catro versos da derradeira cobra (que non presenta refrán en BV) foron marcados en B por Colocci como se constituísen unha fiinda, talvez por non ter sido copiado o refrán na última estrofa.

  • 1-2

    O verbo catar pode rexer a preposición a (catar a nulha ren se ao vosso non) na acepción ‘considerar, ter en conta, ponderar’.

  • 5

    Fronte a Nunes e Littera, mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco.

  • 6

    Os pronomes persoais e vós, formas oblicuas tónicas, cumpren función de CD sen preposición (fazer / per vossa culpa e vós morrer), feito bastante frecuente na lingua trobadoresca.

  • 7-8

    A construción chegar atal sazon non precisa preposición a, que todos os editores precedentes tiraron da deglutinación de atal (*chegastes aqui / a tal sazon).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado