1076 [= RM 77,1]
Amigos, cuido sempr’en mia senhor

Amigos, cuido sempr’en mia senhor
por lhi fazer prazer, [se Deus m’ampar],
pero direi que min ven en cuidar:
ei a cuidar en cuida-lo melhor,
pero cuidando non posso saber
como podesse dela ben aver.
E o cuidar que eu cuidei cuidei
des aquel dia en que mia senhor vi;
log’en cuidar sempre cuidei assi,
por cuidar end’o melhor, e cuidei,
pero cuidando [non posso saber
como podesse dela ben aver].
[E] tanto cuidei ja que non á par
en mia senhor se mi faria ben;
en cuidar non me partiria én
se poderia o melhor cuidar,
pero cuidando [non posso saber
como podesse dela ben aver].
Par San Servando, mentr’eu ja viver,
por mia senhor cuid’, e cuid’a morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1075, V 665

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 434-435 [= LPGP 498]); Littera (2016: I, 581-582).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 235); Braga (1878: 127); Machado & Machado (1956: V, 97-98); Camargo et alii (1990: 25); Burgazzi (2015: 31).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 520).

Variantes manuscritas


2 Amigos] Amigus V   3 que min] quenmj B : quenmi V   7 cuidei cuidei] cuydei e cuydei B : cuydei <     > V   10 e cuidei] eo cuidey B : eo cuydei V   20 morrer] moirer B

Variantes editoriales


1-4 Amigos, cuido sempr’en mia senhor / por lhi fazer prazer, [se Deus m’ampar], / pero direi que min ven en cuidar: / ei a cuidar en cuida-lo melhor] Amigos, cuydo sempr’en mha senhor, / por lhi fazer prazer, pero direy / que mi-[a]ven en [no assi] cuydar: ey / [já] a cuydar en cuyda’ lo melhor Nunes   3 min ven] mi avém Littera   6 podesse] pudesse Littera   7 cuidei cuidei] cuyd’e cuydei Nunes : cuid’e cuidei Littera   8 dia en] di(a) en Nunes : dia ‘m Littera   10 por cuidar end’o melhor, e cuidei] por cuyda’ lo melhor, e o cuydei Nunes   12 podesse] pudesse Littera   13 [E] tanto cuidei] Tanto cuydei [i] Nunes : Tanto cuidei [eu] Littera   18 podesse] pudesse Littera

Paráfrasis


(I) Amigos, penso sempre na miña señora para lle dar alegría, así Deus me ampare, mais direi o que me acontece ao pensar: teño que pensar en pensar o (que é) mellor, pero pensando non podo saber como podería obter o ben dela.
(II) E o pensamento que eu pensei penseino desde aquel día en que vin a miña señora; despois pensei así en pensar sempre, por pensar diso o mellor, e pensei, pero pensando non podo saber como podería obter o ben dela.
(III) E tanto pensei xa en se a miña señora me faría ben que non hai pensamento igual; non deixaría de pensar por ver se podería pensar o mellor, pero pensando non podo saber como podería obter o ben dela.
(1) Por San Servando, mentres eu viva, penso na miña señora, e penso en morrer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:135)

Encontros vocálicos: 8 di·a‿en

Notas


Texto
  • *

    Repárese en que toda a cantiga está construída en base á repetición de cuidar, que presenta vinte ocorrencias, algunhas delas redobradas (vv. 1, 3, 4, 5, 6, 7, 9, 10, 11, 13, 15, 16, 17, 20).

  • 1-4

    A intrusiva edición de Nunes neste período, especialmente nos vv. 2-4, altera a estrutura métrica pola deficiente interpretación que fixo do texto achegado polos manuscritos: a chave reside, a noso ver, na lacuna final do v. 2, que a frecuente expresión se Deus m’ampar completa satisfactoriamente, aínda que podería presentar as variantes si e empar.

  • 2

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 3

    As leccións <quenmj> e <quenmi> de B e V, respectivamente, parecerían levar para quen mi, que resulta unha estrutura máis frecuente e que explicaría o erro. No entanto, quen mi non é posíbel no contexto, razón por que unha lectura que min semella verosímil a partir dunha acumulación de minimi nalgún dos antecedentes dos cancioneiros.

    A forma pronominal min cumpre, así, función de CI sen preposición, estrutura infrecuente no corpus que conta con relativamente poucas atestacións nas cantigas; porén, tal función ficou apagada en Nunes e Littera coa lección mi aven.

  • 7

    Perante a presenza dunha anómala copulativa en B (en V existe unha significativa lacuna), Nunes (e Littera) preferiu realizar unha emenda (cuid’e cuidei) antes do que practicar a expunción da conxunción. A presenza adventicia da copulativa está comprobada en diversas pasaxes (véxase, por exemplo, 830.9), nomeadamente en posición inicial de verso. No contexto que nos ocupa é explicábel a súa aparición pola repetición da forma verbal <cuydei>, que facilmente puido ter levado o copista a reinterpretar unha pasaxe que, sen hipérbato, fica ben clara: «E cuidei o cuidar que eu cuidei».

  • 10

    De novo Nunes (tamén seguido por Littera) intervén impetuosamente no texto subministrado polos manuscritos para evitar a expunción do pronome o: cuidar end’o melhor, e cuidei vs. cuyda’lo melhor e o cuidei (Nunes). Na realidade, o pronome resulta excedente do punto de vista semántico –cfr. o carácter xeneralizador de cuidar na pasaxe– e, con algunha frecuencia revélase espurio en diversos contextos, tal como pode comprobarse con seguranza nalgunhas cantigas profanas: 423.4 (V), 776.15 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV).

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal (cfr. [i] en Nunes e [eu]  en Littera). Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Sin resultados