689 [= RM 75,2]
Amig’ouv’eu a que queria ben

Amig’ouv’eu a que queria ben,
tal sazon foi; mais j’amigo non ei
a que ben queira, nen o averei
enquanto viva ja, per ũa ren,
ca mi mentiu o que mi soia
dizer verdad’e nunca mentia.
E mui pouc’á que lh’eu oi jurar
que non queria ben outra molher
senon min, e [ben] sei eu que lho quer;
e por esto non poss’en ren fiar,
ca mi mentiu o que mi [soia
dizer verdad’e nunca mentia].
Máis me fiava per el ca per min
nen ca per ren que no mundo viss’al,
e mentiu-m’ora tan sen guisa mal
que non fiarei en ren des aqui,
ca mi men[tiu o que mi soia
dizer verdad’e nunca mentia].
E, se outr’ouvesse, mentir-m’-ia,
pois mi mentiu o que non mentia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 674, V 276

Tras a copia do refrán da primeira estrofa parece iniciarse de novo a súa copia en ambos os códices: <Ca mj> B, <ca mi> V.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 99-100 [= LPGP 487]); Cohen (2003: 160); Littera (2016: I, 574).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 107); Braga (1878: 53); Machado & Machado (1952: III, 348-349).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 163); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 117); Arias Freixedo (2003: 515-516); Souto Cabo (2017: 136).

Varianti manoscritte


2 j’amigo] la migo B   3 queira] que queyra B   7 mui] om. V; lh’eu] heu B   10 en] eu B   11 mi] mj̄ V, co til riscado; mentiu] mētui B   16 en] ea V   17 ca mi] camj̄ B   19 outr’ouvesse] outrouesse B : otrouuesse V   20 pois] pors V; mi] mj (j) B

Varianti editoriali


2 j’amigo] ja ‘migo Nunes, Cohen, Littera   4 enquanto] en quanto Cohen   9 min, e [ben] sei] mi, e sei Nunes   13 min] mi Nunes   19 mentir-m’-ia] mentir-mi-a Nunes

Parafrasi


(I) Tiven un amigo a quen amaba, hai xa ben tempo; mais xa non teño amigo a quen ame, nin o terei xa mentres viva, por unha razón: porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.

(II) E hai moi pouco que eu lle oín xurar que non amaba outra muller agás a min, e ben sei que a ama, e por isto non podo fiarme de nada, porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.

(III) Confiaba máis nel ca en min nin ca en ningunha outra cousa no mundo, e mentiume agora tan despropositadamente que non me fiarei de nada de aquí en diante, porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.

(1) E se tivese outro, mentiríame, xa que me mentiu o que nunca mentía.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C + 9’c 9’c (RM 160:266)

Encontros vocálicos: 10 fi·ar; 13 fi·a·va; 16 fi·a·rei

Note


Testo
  • 2

    Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio. Véxase, alén de j’amigo neste verso, j’a –pronome– (64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola xeral presenza presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo).
    Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). É por isto que a representación destas crases leva consigo a existencia de propostas gráficas diversas (cfr. ja ‘migo en Nunes, Cohen e Littera).

  • 8-9

    No corpus das cantigas profanas, as construcións dos verbos desejar, nembrar, querer senon mi(n) (véxase tamén 674.3-4, 689.8-9, 798.16-17, 928.2) non presenta a preposición a, dun modo similar ao que acontece nas construcións amar máis ca mí/min (nen al) e querer melhor ca mí/min (véxanse notas a 44.13 e 177.22) e mais querer maior ben / ben maior ca mi(n)/sí (véxase nota a 679.5-6).

  • 17

    A variante min de B suporía unha variación formal no refrán.

  • 19

    A representación gráfica do pospretérito mentir-m’-ia en Nunes (mentir-mi-a) non é correcta, pois suxire unha forma de futuro.

    Canto á variante <ouesse> de B, para alén dun probábel erro de copia, sería factíbel considerala como unha mostra máis da raíz ou- das formas de pretérito do verbo aver, en liña con ouer, oui ~ oue etc. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

Cerca
    Nessun risultato trovato