883 [= RM 94,3]
Amor, de vós ben me posso loar

Amor, de vós ben me posso loar
de qual senhor mi fazedes amar;
mais d’ũa cousa me devo queixar,
quant’é meu sén:
u mesura nen mercee non fal
nen outro ben,
mesur’a mí nen mercee non val
nen outra ren.
Gradesco-vos que mi destes senhor
fremosa e de todo ben sabedor;
mais, pois mi-a destes, pese-vos, Amor,
do que mi aven:
u mesura [nen mercee non fal
nen outro ben,
mesur’a mí nen mercee non val
nen outra ren].
Am’eu e trobo e sérvi’, a máis poder,
aquesta dona por seu ben aver;
mais, quando lh’a coita venho dizer
en que me ten,
u mesura [nen mercee non fal
nen outro ben,
mesur’a mí nen mercee non val
nen outra ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


B 892, V 476

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 299-300); Stegagno Picchio (1968: 134 [= LPGP 621]); Littera (2016: II, 96-97).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174-174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 232).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 58); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 130).

Varianti manoscritte


7 non] no V   10 fremosa] fermosa B; todo] cedo V; sabedor] e sabedo B   13 u] du V   17 trobo] trobe BV

Varianti editoriali


9 vos] vus Stegagno Picchio   10 fremosa] fremos(a) Nunes : fermosa Stegagno Picchio   11 vos] vus Stegagno Picchio   17 trobo] trob(o) Nunes : trob’ Stegagno Picchio

Parafrasi


(I) Amor, ben me podo louvar de vós pola señora que me facedes amar; mais, segundo o meu xuízo, debo queixarme dunha cousa: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.

(II) Agradézovos que me destes unha señora fermosa, e coñecedora de todo ben; mais, pois ma destes, pésevos, Amor, do que me acontece: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.

(III) Amo eu e trobo e sirvo esta dona, a máis non poder, para obter o seu ben; mais, cando lle veño dicir a coita en que me ten, onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 4b 10C 4B 10C 4B (= RM 24:1)

Encontros vocálicos: 10 fremosae; 11 mi͜-a; 12 miaven; 17 troboe sér·vi’,a

Note


Testo
  • 10

    A forma fermosa de B é un lapso de copia (tamén en 279.9, 781.1, 1360.26), tal como mostra a forma correcta transmitida polo testemuño concorrente, de acordo coa forma fremosa (<formōsam) que é xeral na lingua trobadoresca.

  • 11

    Nótese a aparición da forma analóxica pese, aínda que favorecida polo clítico posposto (tamén en 1000.1), que contrasta coa forma máis antiga e histórica pes (< penset): Por Deus, amiga, pes-vos do gran mal (618.1).

Cerca
    Nessun risultato trovato