867a [= RM 14,2]
Amor faz a min amar tal senhor

Amor faz a min amar tal senhor
que é máis fremosa de quantas sei,
e faz-m’alegr’e faz-me trobador
cuidand’en ben sempr’; e máis vos direi:
[.......................................... -ar]
faz-me viver en alegrança,
e faz-me toda via en ben cuidar.
Pois min Amor non quer leixar
e dá-me esforç’e asperança,
mal venh’a quen se del desasperar,
ca per amor cuid’eu máis a valer,
e os que del desa[s]perados son
nunca poderan nen ũu ben aver,
mais aver mal; e por esta razon
[.......................................... -ar]
trob’eu, e non per antolhança,
mais porque sei lealment’amar.
Pois min Amor [non quer leixar
e dá-me esforç’e asperança,
mal venh’a quen se del desasperar].
Cousecen min os que amor non an
e non cousecen sí (vedes que mal!),
ca trob’e canto por senhor, de pran,
que sobre quantas oj’eu sei máis val
de beldad’e de ben falar,
e é cousida sen dultança:
atal am’eu e por seu quer’andar.
Pois min Amor [non quer leixar
e dá-me esforç’e asperança,
mal venh’a quen se del desasperar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscrits


B 873, V 457

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 283-285); Tavani (1993 [1963]: 99 [= LPGP 120-121]); Littera (2016: I, 125-126).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 169); Braga (1878: 86-87); Machado & Machado (1953: IV, 205-206); Fernández Pousa (1954: 25-26).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 145-146); Torres (1977: 440-441); Gonçalves & Ramos (1983: 309); Dobarro Paz et alii (1987: 29); Alvar & Beltrán (1989: 349-350); Pena (1990: 61-62); Jensen (1992: 26); Alonso Girgado (1992: 27); Pena (1993: 127-128); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 28); Magalhães (2007: 119); Mongelli (2009: 55); Souto Cabo (2017: 60).

Variantes manuscrites


4 vos] uos BV   6 alegrança] alegrāca B : a legranza V   9 esforç’e asperança] esfor çie asperanca B : esfor ze asperanza V   10 desasperar] (d)a sasperar B   13 poderán] perderā B   14 e] et V; razon] irazō B   16 antolhança] antolhāca B : ancholāç(h)a V   17 porque] pro q̄ B : por q̄ V; lealment’] lealm̄c B : lealmē V; amar] amor B   22 e] et B   24 sobre] so(*)bre B   25 beldad’e] veldade B   26 é cousida] \h/e cousido V; dultança] dul tanta BV   27 am’eu] comeu B; e] et V; seu] sen B; andar] a n̄dar V

Variantes éditoriales


A edición de Nunes estabelece esta versión como prioritaria, e recolle a segunda en nota.

2 que é máis fremosa de quantas sei] mais fremosa de quantas hoj’eu sei Littera   3 alegr’e] alegre e Littera   5 om. Tavani   5-7 faz-me viver en alegrança / e faz-me todavia en ben cuidar Nunes : u se pararom de trobar, / trob’eu e nom per antolhança, / mais por que sei mui lealmente amar Littera   8 Amor] amor Tavani, Littera   12 desa[s]perados] desamperados Nunes   13 nunca poderan nen ũu] nunca poderán nen hũn Nunes : nunca poderán nẽũu Tavani : nom podem nunca nẽum Littera   14-17 mais aver mal; e por esta razon / [...-ar] / trob’eu, e non per antolhança, / mais porque sei lealment’amar] nem fazer bem. E per esta razom, / com amor quero-me alegrar; / e quem tristur’ou mal andança / quer, nom lhe dê Deus al, pois s’en pagar Littera   15 om. Nunes, Tavani   17 porque] pero que Tavani   18 Amor] amor Tavani, Littera   22 que] qu’é Nunes   24-26 que sobre quantas oj’eu sei máis val / de beldad’e de ben falar, / e é cousida sen dultança] que de beldade quantas eu sey val / e de todo ben sen dultança Nunes   28 Amor] amor Tavani, Littera

Paraphrase


(I) Amor faime a min amar tal señora que é a máis fermosa de cantas coñezo, e faime alegre e faime trobador pensando sempre no ben; e direivos máis: [...] faime vivir en alegría e faime sempre pensar no ben. Pois a min Amor non me quere deixar e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen se desesperar del, (II) porque por amor eu coido valer máis, e os que del están desesperados nunca puideron recibir ningún ben, senón obter mal; e por esta razón [...] trobo eu, e non por antollo, senón porque sei amar lealmente. Pois a min Amor non me quere deixar e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen se desesperar del.

(III) Censúranme os que que non aman e non se censuran a si mesmos (vede que mal!), porque trobo e canto por unha señora que, certamente, sobre todas cantas eu hoxe coñezo vale máis en beldade e en ben falar, e é prudente sen dúbida: tal amo eu e por seu (servidor) quero andar. Pois a min Amor non me quere deixar e dáme esforzo e esperanza, mal veña a quen se desesperar del.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 8c 8’d 10c 8C 8’D 10C [= RM 111:1]

Encontros vocálicos: 7 vi·a‿en; 9 -me‿esforç’; 13 ũ͜u; 17 ma·is; 19 -me‿esforç’; 29 -me‿esforç’

Notes


Texte
  • *

    Conforme Tavani, as dúas versións desta composición de Airas Nunez “reproducen un único texto poético conservado por dúas tradicións distintas, aínda que cada unha delas reflecte só en parte a probable estructura primitiva do poema” (1993: 24).

    A primeira versión enviada polos códices, Amor faz a min amar tal amor, foi copiada en B, co número 873, no f. 185v, tras o inicio en branco da col. a, aparentemente sen máis anomalías que unha liña de verso que se deixa en branco tras escribirse a forma uerey (primeira estrofa). Segue a copia de diversos textos do autor, nunha transcrición caracterizada, neste manuscrito, por numerosos espazos en branco, que parecen apuntar a unha transmisión conflitiva ou a un antecedente xa afectado por espazos lacunosos ou por unha deterioración textual clara –a diferenza do que sucede en V, que, de acordo coa súa práctica habitual, fornece unha copia limpa e continuada–. Xa no f. 187r-v, esta vez sen numeración de Colocci, localizamos o texto Pois min Amor non quer leixar (867b), transcrito de forma regular, coa salvidade de pequenos espazos en branco nos versos que parecerían destinados a acoller algunha maiúscula ou outro elemento menor. Como no caso precedente, V ofrece unha copia limpa, sen alteracións perceptíbeis.

    A collatio dos relatores para cada un dos dous textos mostra un máis completo e regular (867b), complexo desde o punto de vista estrófico, cun refrán inicial moi pouco frecuente na lírica galego-portuguesa, mais que aproveita o material textual de Amor faz a min tal amor, invertendo, iso si, e para alén doutras variantes de peso non menor, a orde estrófica, de forma que as tres estrofas deste último texto pasan a ocupar lugares diversos en Pois min Amor non quer leixar (I-II-III>II-I-III).

    Perante esta situación, inhabitual na lírica dos trobadores –aínda que debería procederse a unha análise global do corpus sen prexuízos, que podería animar a ofrecer duplas edicións de textos cun importante número de variantes– cabe pensar na chegada dos poemas de Airas Nunez ao antígrafo de BV a través dunha dúplice tradición manuscrita e que, nunha desas fontes, un dos textos, quizais o dotado de refrán inicial, sexa exemplo da reelaboración do material primario, dotándoo dunha maior complexidade semántica e incidindo de maneira notábel na alegría do amor, seguindo a pegada provenzal que debeu penetrar na corte de Afonso X a mediados do século XIII.

    No relativo ao tratamento editorial da composición de Airas Nunez, repárese en que tanto na edición de Nunes como na de Littera se realiza unha reconstrución na evidente lacuna das estrofas I e II, onde falta o quinto verso: Nunes opta por manter a lección dos manuscritos nas dúas primeiras estrofas e por refacer os vv. 24-26 na terceira estrofa para reducir un verso; pola súa parte, en Littera realízase unha refacción nas dúas primeiras estrofas con materiais tirados da versión alternativa (867b).

  • 1

    Xa Tavani explicitou que o incipit desta cantiga constitúe unha evidente intertextualidade co incipit dionisino (Amor fez a mí amar, cantiga nº 561). Así, en palabras de Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 232), “contrapondo, polemicamente, o amor entendido como «estímulo de alegria e de esperança» ao amor «fonte de coita, de mal e de morte», o trovador clérigo parece, de facto, responder à cantiga de D. Denis”.

  • 8

    No primeiro verso do refrán pode verse o pronome persoal tónico oblicuo min como complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco.

  • 12

    A segmentación qu’é de Nunes é, obviamente, un lapso do grande editor portugués (véxase Ferreiro 2009).

  • 13

    Diferentemente de Nunes e Tavani (en Littera estabeleceuse un verso compósito), consideramos que poderan representa unha forma de antepretérito en vez de futuro, de modo que o acento métrico fica na 4ª sílaba do verso.
    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece ás veces ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 17

    A contaxe decasilábica do verso é garantida se considerarmos a posibilidade de bisilabicidade de mais (Ferreiro 2016c).

  • 21

    Neste verso pode verse o pronome persoal tónico oblicuo min como complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé