I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 418 [= LPGP 585]); Cohen (2003: 484); Littera (2016: II, 45-46).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 293-294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 364-365).
III. Antoloxías: Corral Díaz & Vieira (2023: 126-127); Gutiérrez (2023: 297).
4 soo] so(l)o V 6 verra] veyra B 7 juro] uiro V 12 (Casey q̅ mal) B 16 logr’este] logreu este BV
1 triste, fremosa] trist’e fremosa Cohen, Littera 4 soo] sõo Nunes, Cohen, Littera 16 logr’este] logr’eu este Nunes, Cohen
(I) Estou triste agora, fermosa, porque se foi o meu amigo con ira, así volo digo; mais eu son aleivosa se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso.
(II) E ben volo xuro, madre, porque se foi el o outro día irado e non mo dicía: non son filla de meu pai se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso.
(III) Pois que eu del moito me queixo e por el fun maltratada por vós, miña nai fermosa, non logre este meu desexo se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 8C 8C (= RM 160:433)
Encontros vocálicos: 9 mi͜ o
A segmentación da copulativa neste verso (Cohen, Littera) introduciría un matiz significativo: ‘a amiga anda «triste e fremosa» porque se foi o amigo’.
En todas as edicións se realiza a emenda que converte i en lhi a partir dun erro de copia explicábel por contigüidade (mal lhi sera / mal hi sera), corrección que se estende a outros contextos en que non é precisa tal emenda (véxase 212.5, Michaëlis; 1051.r1, Rodríguez; 1425.5, Lapa). Neste caso, a construción do refrán na cantiga de Lopo lembra unha outra pasaxe de Roi Fernandiz, coa presenza do complemento indirecto:
mais sei que mi verra én mal,
ca [nunca os ei a partir
de chorar u vos eu non vir] (910.10).
Para alén dunha cacofónica acumulación de elementos tónicos, a presenza de eu desequilibraría a medida do verso e indica que, máis unha vez, o pronome persoal aparece espuriamente introducido no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
A voz soqueixo neste contexto semella significar ‘desexo’, sen que se poida determinar a orixe de tal valor semántico. Este uso contrasta vivamente coa outra ocorrencia desta voz nunha cantiga de Roi Queimado, co valor de ‘parte baixa do queixo’:
Pois que eu morrer, fillará
enton o soqueix’e dira: / ... (249.8).