480 [= RM 18,3]
Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar

Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar
quando vos vi deitar aos porteiros
vilanamente d’antr’os escudeiros;
e dixe-lhis logo, se Deus m’ampar:
«Per boa fe, fazede-lo mui mal,
ca Don Ansur, u me el meos val,
ven dos de Vilanansur de Ferreiros;
e da outra parte ven dos d’Escobar
e de Campos, mais non dos de Cizneiros,
mais de lavradores e de carvoeiros;
e d’outra veo: foi dos d’Estepar;
e d’Azeved’ar é mui natural,
u jaz seu padr’e sa madr’outro tal,
e jara el e todos seus erdeiros.
E, sen esto, er foi el gaanhar
máis ca os seus avoos primeiros;
e comprou fouces, terra e [o]breiros,
e Vilar de Paos ar foi comprar
pera seu corp’, e diz ca non lh’én cal
de viver pobre, ca, quen x’assi fal,
falecer-lh’-a[n] todos seus companheiros».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 482, V 65

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 19-20 [= LPGP 140]); Paredesa (2001: 225); Lopes (2002: 69); Paredesb (2010a: 204); Ferreiro (2014a: 189-190); Littera (2016: I, 93-94).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 31); Braga (1878: 13); Machado & Machado (1950: II, 346); Paredes (2010b: 152-153); Paredes (2010c: 104-105); Rios Milhám (2018b: III, 480).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 37-38); Tavares & Miranda (1987: 221).

Variantes manuscritas


1 ouve] oune B : omie V   2 vos] ucs B : uos   3 escudeiros] asendeyros V   4 logo] lego B   5 boa] bea B   6 u me el] ome el BV   7 ven] ueu V; Vilanansur] uillananssur B   9 Campos] tanros B; Cizneiros] ciznerros BV   10 lavradores] laupadoīs V   11 d’Estepar] destorar B : destopar V   12 e d’Azeved’ar] edam euedar   14 jara] ara V; todos] redos B : rodos V   16 avoos] aucos B   17 fouces, terra e [o]breiros] fouce st̃ua / Ebreyros B : fouçe st̄ua ebieryros V   18 Paos] racs B : paes V   19 cal] tal B   20 pobre, ca] p(r)obre ea V   21 todos] tedos B

Variantes editoriais


3 antr’] antre Lapa, Lopes   6 u me el] ond’el[e] Lapa, Lopes : onde el Paredesa, Paredesb   7 Vilanansur] Vilan’Ansur Littera   10 lavradores ... carvoeiros] Lavradores ... Carvoeiros Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   11 veo] vea Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb; Estepar] Estopar Lopes   16 máis] [ben] mais Lapa, Lopes   17 fouces, terra e [o]breiros] Fouce, en terra de Cabreiros Lapa : Fouce, [...] Cabreiros Paredesa : Fouc’, Estrũa e [Ca]breiros Lopes, Paredesb   18 Vilar de Paos] Vilar de Paes Lapa, Paredesa, Paredesb : Vilar de Rates Lopes   20 x’assi] x’a si Lopes, Littera   21 falecer-lh’-a[n]] falecer-lh’-a Littera

Paráfrase


(I) Ansur Moniz, moito me pesou cando vin como os porteiros vos botaban de xeito humillante de entre os escudeiros; e dixen logo, así Deus me ampare: «Abofé que facedes moi mal, porque Don Ansur, onde é de peor ascendencia, vén dos de Vilanansur de Ferreiros; (II) e da outra parte ven dos de Escobar e de Campos, mais non dos de Cizneiros, senón de labradores e de carboeiros; e doutra parte veu: foi dos de Estepar; e de Azevedo tamén é moi natural, onde xace enterrado seu pai, e súa nai tamén, e onde ha xacer el e todos os seus herdeiros.

(III) E, alén disto, el aínda conseguiu máis patrimonio que os seus antepasados; e comprou fouces, terra e obreiros, e tamén comprou Vilar de Paos para se manter, e di que non lle importa vivir pobremente, porque, a quen así falla, hanlle de fallar todos os seus compañeiros.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b’ 10b’ 10a 10c 10c 10b’ (= RM 163:16)

Encontros vocálicos: 8 daoutra; 16 má·is

Notas


Texto
  • 1

    Ansur Moniz é un personaxe descoñecido, mais, en calquera caso, é presentado como un fidalgo rural de pouca importancia que aspiraba a maior consideración.

  • 2-3

    Enténdase: ‘quando vi aos porteiros deitar-vos vilanamente d’antr’os escudeiros’.
    O adverbio vilanamente, verdadeiro hapax na lingua medieval, presenta unha fasquia erudita similar a malamente (neste caso, frecuente nos textos medievais), con conservación de -n- e -l- intervocálicos, respectivamente.

  • 6

    A lección <ome el> de BV non ten sentido, razón que explica as emendas editoriais anteriores, todas na direccion onde el (Lapa, Lopes, Paredes). Porén, partindo do frecuente erro <o>/<u> e dunha segmentación diferente, a interpretación u me el cadra ben co sentido (me sería un dativo ético) e mantén maior fidelidade aos manuscritos.

  • 7

    Vilanansur de Ferreiros é o actual Villasur de Herreros, concello da provincia de Burgos (España). Nótese, ademais, a grafía <ll> en <uillananssur> B (vs. V), que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 8-10

    Escobar, Campos e Cizneiros serán apelidos brasonados importantes, que contrastan coa humilde procedencia de labradores e carboeiros, profesións baixas na escala social. A presentación como Lavradores e Carvoeiros nos diversos editores parece suxerir que se tratarían tamén de eventuais apelidos, cuestión que vai contra a lóxica discursiva da cantiga.

  • 11

    A emenda dos editores para unha forma vea a que lle atribúen o sentido metafório de ‘liñaxe’ é desnecesaria, pois coidamos que veo é o pretérito de viir, a indicar que Ansur Moniz veo d’outra parte (da liñaxe dos Estepar, dos Campo e dos Azevedo). Coidamos que os tres topónimos pertencen, xunto cos restantes da cantiga, ao mesmo territorio; isto é, Escobar sería Escobar de Campos (concello da actual provincia de León), mentres que Cizneiros se debe referir a Cisneros, un concello situado no centro-sur da provincia de Palencia; finalmente, Campos fará referencia ao antecitado Escobar de Campos ou, tamén, á Terra de Campos, extensa comarca que se estende polas provincias españolas de León, Zamora,Valladolid e Palencia.

  • 11-12

    Estepar podería ser o actual Estépar (seguramente a forma antiga do topónimo sería Estepar, derivado de estepa), tamén en Burgos (na mesma comarca que Vilanansur de Ferreiros), mentres que Azevedo debe corresponder ao actual Acebedo, na provincia de León, localización coherente coa concentración de topónimos no territorio leonés-castelán.

  • 14

    As formas de futuro de jazer presentan na lingua medieval a mesma evolución que as dos verbos dizer (direi etc.) e fazer (farei etc.). É por isto que resultan estrañas, fronte ás formas regulares modernas, as formas jara (P3) ou jaredes (1674.7).

  • 16

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, son desnecesarias as reintegracións, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 17

    Neste verso asenta o verdadeiro locus criticus da cantiga, con lecturas dispares entre os diversos editores, todos eles con reconstrucións conxecturais (especialmente Lapa e Paredes 2001), mentres que Lopes (aceptado en Paredes 2010) recorre con excesiva facilidade a formas inexistentes, como Estrũa, que sería estrume (?). Perante o erro de copia nos dous manuscritos, a forma fouces é ben posíbel coa segmentación pertinente de <s> agrupado na copia co vocábulo seguinte (<t͂ua> BV), que moi facilmente pode ser interpretado como terra. O erro <u>/<rr> ou <u>/<ir> (pola equivalencia <ir> = <rr> en BV) é moi frecuente nos apógrafos italianos, especialmente en V: querrei <queuey> (V 368.5), morrerei <mouerey> V (385.20), morrer <mouer> V (387.1, 446.6), morrerei <moue rey> V (417.6), errei <euey> V (498.12), sirgo <sugo> BV (735.4), ir <hu> B (933.10), querrei <q̅uey> B (1230.2) etc.
    Finalmente, as leccións <breyros> B e <bieryros> V permiten sen dificultade [o]breiros: a compra de terra e fouces, así como a contratación de obreiros condí co verso seguinte, que culmina as adquisicións de bens coa propiedade dun lugar enteiro (Vilar de Paos). A voz obreiro xa corrente na Idade Media, desde o século XIII, con presenza, por exemplo, nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. obreiro) ou na Crónica Troiana, o mesmo que nalgúns documentos e obras recollidas no CGPA (s.v. obreiro ~ obreyro), así como na Vida e Feitos de Júlio César (Mateus 2010: III, s.v.), ou os documentos do mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 51, 180, 256...).

  • 18

    Perante a inexistencia dun topónimo igual ou similar a Vilar de Paes (ou Vilar de Raes) debemos supor a existencia de erro de transmisión. Por unha parte, en B o erro <r>/<p> rexístrase con frecuencia: nesta mesma composición <tauros> Canpos (v. 9) e <estorar> Estopar (v. 11), ou, entre outros moitos casos, véxase no mesmo copista <ror> por (479.18), <rcer> poer (856.1) etc.; por outra parte, a confusión <e>/<o> é moi común nos dous apógrafos italianos; e, ao mesmo tempo, o erro <c>/<o> en B tamén é frecuente: nesta mesma cantiga <ucs> uos (v. 2) <aucos> auoos (v. 16) e no mesmo copista véxase, por exemplo, <sscõ> ssoõ (478.29), <rrazc̄ar> rrazõar (478.46), <olhcs> olhos (855.6, 14, 16 e 20), <rcer> poer (856.1), <quantcs> quantos (859.2) etc. Estes datos permiten asegurar con certa probabilidade que a solución editorial para o topónimo sexa Vilar de Paos, que se pode corresponder con Villar de Palos (act. Villadepalos ou Viladepaos), poboación da provincia berciana que aparece citada nun censo populacional do século XVI (González 2009: 31).

  • 19

    A frase non + pron. pers. CI + én chal ‘non me/lle importa’, que se corresponde á frase latina non mihi/illi inde calet, procede da Galo-Romania. No corpus trobadoresco profano, para alén de ne m’én chal (264.9) e nen mi cal (1337.176), con nen e co CI de P1, esta expresión aparece sempre co adverbio non e o CI de P1 (non m’én chal, 495.17; non m’én cal, 1358.18) ou o CI de P3 (non lh’én cal, nesta cantiga), que tamén pode presentar interpolación: lhi non én chal (1652.24). 

  • 20-21

    Nótese a concordancia ad sensum pola frecuente ausencia da preposición a co complemento indirecto (quen x’assi fal).

Procurar
    Não foram encontrados resultados