I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 428-429); Tavani (1964: 62-63 [= LPGP 600]); Cohen (2003: 497); Littera (2016: II, 66).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 297); Braga (1878: 163); Machado & Machado (1956: V, 376).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 162); Jensen (1992: 202); Alonso Girgado (1992: 63); Arias Freixedo (2003: 590-591); Souto Cabo (2017: 161).
3 quando] Quanto B : quanto V 5 entençar] entencar B 6 muitos] muytus V 8 bõa] boa B 11 Muitos] Muytus V; feitos] fey V 12 lh’eu] heu B 16 E aquesto [o] non sei] Enq̅sto nō (s)sey B
3 quando se torna en trobar] [de] quanto[s] se torna[n or’] en trobar Nunes 5 dos que] dos [muitos] que Nunes : dus que Tavani 6 muitos veen] muytus vẽen Tavani : muitos vẽen Cohen, Littera 7 todos] todus Tavani 8 trobar] [bõo] trabar Nunes 9 que nunca o trobadores vencer] que [o] nunca o[s] trobadores vencer Nunes 10 tan trobador é] tan [bon] trobador [el] é Nunes 11 Muitos ... feitos] Muytus ... feytus Tavani 13 de como se ben defendeu] [foi] de como se [mui] ben defendeu Nunes : é como se ben defendeu Cohen 15 sempre] [en que] sempre Nunes 16 aquesto [o] non] aquesto non [o] Nunes, Tavani, Cohen : aquesto non’[o] Littera 18 trobar cometeu] trobar [muito] cometeu Nunes
(I) Moi bo trobador é o meu amigo, pois nunca ninguén se defendeu mellor, cando se pon a trobar, do que el se defende polo meu amor dos que van con el disputar (nos cantares).
(II) Aínda que moitos o veñen atacar, sábese defender tan ben de todos no seu trobar, abofé, que nunca o puideron vencer trobadores ningúns, tan trobador é.
(III) Moitos cantares ten feitos por min, mais o que lle eu sempre máis agradecín foi como se defendeu tan ben: nas tenzóns que del escoitei sempre venceu polo meu amor.
(1) E isto non o sei eu por min, senón porque o di así calquera que o atacou no trobar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8b 10a 8b (= RM 33:8) + 10a 10a 8b
A alternancia na medida dos versos da cantiga (con octosílabos nos vv. 3 e 5 de cada estrofa) provocou que Nunes tentase reconducila ao decasílabo, acrecentando diversos elementos en todos os versos afectados para conseguir a uniformidade decasilábica.
Ao longo do corpus áchanse algunhas confusións nos apógrafos italianos entre quando e quanto, facilmente detectábeis cando algún dos manuscritos achega o texto correcto (véxase, por exemplo, 166.10, 423.5, 599.14 ou 624.12), mais de carácter por veces incerto cando existe coincidencia na lección dos apógrafos, como acontece neste caso (véxase 633.5 e 13, 1186.14).
É bastante frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral -os (<muytus>, vv. 6, 11); na realidade, esta grafía aparece de modo case exclusivo en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Cohen emenda a preposición de no v. 13 para a converter nunha forma verbal é, de modo que regulariza a sintaxe, mais banaliza a expresión:
mais o que lh’ eu sempre mais gradeci
é como se ben defendeu.
Neste período o verbo ser ten de ser sobreentendido, de maneira que os versos seguintes (vv. 14-15) constitúen a resposta ao posto nestes vv. 12-13:
mais o que lh’eu sempre máis gradeci
de como se ben defendeu: / ...
Neste verso, onde cómpre restaurar o pronome CD para completar a medida do verso, tal pronome debe ser integrado tras aquesto (E aquesto [o] non sei...): esa posición explica que se omitise por haplografía, ao tempo que, máis unha vez, transparece a habitual interpolación de pronomes na lingua medieval (cfr. E aquesto non [o] sei... nos precedentes editores). Neste sentido, véxase a interpolación do mesmo elemento no v. 9: que nunca o trobadores vencer / poderon.