777 [= RM 124,1]
Avedes vós, amiga, guisado

Avedes vós, amiga, guisado
de falar vosc’oj’o meu amigo,
que ven aqui, e ben vo-lo [digo],
por falar vosc’, e traz-vos recado
de rog’, amiga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo.
E, u eu moro, ja el non mora,
ca lhe defendi que non moras[s]e
i, e por én catou quen rogasse
e recado sei que vos traz ora
de ro[g’, amiga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo].
Gran sazon á que meu ben demanda,
e nunca pôde comigo falar
e ven ora voss’amigo rogar,
e con recado sei que vos anda
de rog’, a[miga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 780, V 363-364

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional só foron copiados os vv. 1-10.

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 179 [= LPGP 808-809]); Cohen (2003: 253); Littera (2016: II, 333-334).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 140); Braga (1878: 69); Machado & Machado (1953: IV, 72).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 203).

Variantes manuscritas


1 vós] uos \uos/ V   2 amigo] amiga B   3 ben] tem B   4 vosc’, e traz-vos recado]  uosꝙ̄ gaz uos ssecado B : uosq̅ȝ e piz uos rrecado V   5 rog’, amiga] rre gamiga V   6 façades o meu] facades omeu facades omeu BV   7 moro] moio V   9 por] po V; catou] ca cou B   9-10 én ... recado] om. V   10 vos] uos BV; ora] o ia V   11-18 om. B   13 Gran] Grara V   14 comigo] camigo V   15 ora] agora V   16 eorn rrecado sey q̅ uos andar V

Variantes editoriais


3 e] e[u] Nunes   10 traz ora] traz’ora Nunes   14 comigo] co[n] migo Nunes   15 ora voss’amigo] agora voss’amigo Nunes : vos, amig’, agora Cohen   16 e con recado sei que vos anda] ora recado sei que vos manda Nunes 

Paráfrase


(I) Amiga, vós dispuxestes que fale hoxe convosco o meu amigo, que vén aquí, ben volo digo, por falar convosco, e tráevos unha petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

(II) E el xa non mora onde eu moro, porque lle prohibín que morase alí, e porén buscou quen rogase (por el) e sei que agora vos trae unha petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

(III) Hai moito tempo que demanda o meu ben, e nunca puido falar comigo e agora vén rogar ao voso amigo, e sei que vos vén con petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 9’B 9’B (I [= RM 151:6]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (II [= RM 160:308]) + 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (III [= RM 160:298])

Notas


Texto
  • 4

    A forma traz (tamén no v. 10), que convive con trax (véxase nota a 429.24), é por súa vez forma variante e concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (< *tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). Esta forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, ed. Ferro Couselo).

  • 10

    A presentación gráfica traz’ora de Nunes, talvez por lapso, suxire unha crase da hipotética forma traze (inexistente) co adverbio ora.

  • 15

    Nótese a variación agora / ora entre os apógrafos italianos, que confirma algunhas vacilacións e confusións que se rexistran ao longo das cantigas canto a erros de copia neste adverbio, tanto en BV como en A: 66.2, 108.14, 485.5 e 17, 792.1, 902.9, 980.16.

  • 16

    Este verso, só transmitido por V, constitúe un locus criticus diferentemente resolvido por Nunes e Cohen. O editor portugués opta por transcribir literalmente <ora> (forma algo confusa, cun <a> moi esquemático) como ora (e reconstrúe unha forma verbal manda a partir de <andar>), feito que provoca un verso hipermétrico pola imposibilidade da sinalefa e‿ora. A proposta de Cohen (tamén en Littera), ao tempo que resolve a métrica versal, é coherente do punto de vista paleográfico (<orn>/<con>, <andar>/<anda>) e tamén semántico, mantendo o paralelismo entre os vv. 4, 10 e 16:
              por falar vosc’, e traz-vos recado (v. 4)
              e recado sei que vos traz ora (v. 10)
              e con recado sei que vos anda (v. 16).

    Téñase en conta, ademais, que xusto na primeira palabra desta estrofa, o mesmo copista transcribe como <ra> o que no orixinal debía ser un <m> (<Grara> por <Gram>), o que xustifica neste caso a confusión contraria de transcribir <ra> en vez de <m>.

Procurar
    Não foram encontrados resultados

    Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
    Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies:

    DefiniçõesAceitar