872 [= RM 14,4]
Bailade oje, ai filha, que prazer vejades

– Bailade oje, ai filha, que prazer vejades,
ant’o voss’amigo, que vós moit’amades.
– Bailarei eu, madre, pois me vós mandades,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco muito vos pagades,
pois me vós ma[n]dades que baile ant’el ben.
– Rogo-vos, ai filha, por Deus, que bailedes
ant’o voss’amigo, que ben parecedes.
– Bailarei eu, madre, pois mi-o vós dizedes,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco gran sabor avedes,
pois que me mandades que [baile ant’el ben].
– Por Deus, ai mia filha, fazed’a bailada,
ant’o voss’amigo, de so a milgranada.
– Bailarei eu, madre, daquesta vegada,
mai[s pero] entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco sodes moi pagada,
pois [que me mandades que baile ant’el ben].
– Bailade oj’, ai filha, por Santa Maria,
ant’o voss’amigo, que vos ben queria.
– Bailarei eu, madre, por vós toda via,
mais pero entendo de vós ũa ren:
en viver el pouco tomades perfia,
pois que [me mandades que baile ant’el ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


B 881, V 464

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 236-237); Tavani (1993 [1963]: 119 [= LPGP 121-122]); Cohen (2003: 318); Littera (2016: I, 129).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 170-171); Braga (1878: 87-88); Machado & Machado (1953: IV, 211-212); Fernández Pousa (1954: 28).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 31-32); Seoane (1941: 22-23); Piccolo (1951: 136-137); Nunes (1959: 385-386); Álvarez Blázquez (1975: 23-24); Beltrán (1987: 55-56); Pena (1990: 184-185); Ferreira (1991: 92); Jensen (1992: 32); Alonso Girgado (1992: 26); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 22); Gutiérrez (2023: 55).

Varianti manoscritte


3 madre] mi dre V   4 ũa] h ua B   5 muito] meyto V; vos] uos BV   6 ben] bēm B   7 vos] uos BV; filha] falha V   8 ben] vē B   9 dizedes] dicedes BV   10 entendo] entende V   15 eu] a\u/(y) V   16 mai[s pero] entendo] May <......> entendo B : may entendo V   17 pagada] pagata V   18 pois] poys / Poys B   19 Santa] sc̄a B : sancta V; Maria] Mwria B   20 vos] uos BV   21 Bailarei eu, madre] Vayrey eu mad’ B   23 en] <...> B : ē V

Varianti editoriali


En Nunes non se considera a existencia de refrán intercalar (v. 4).

1 bailade, oje] bailad’oj’ Nunes   2 moit’] muit’ Nunes   3 me vós mandades] mi-o vos mandades Nunes   4 de vós] que vos Tavani   5 muito] moito Littera   6 baile] bail’ Nunes   9 dizedes] dicedes Tavani   12 pois que me mandades] pois me vós mandades Nunes, Littera : pois me [vós] mandades Cohen; baile] bail’ Nunes   17 moi] mui Nunes, Tavani   18 baile] bail’ Nunes   19 Santa] Sancta Tavani   23 en] de Nunes   24 pois que me mandades] pois me vós mandades Nunes, Littera : pois me [vós mandades] Cohen; baile] bail’ Nunes

Parafrasi


(I) –Bailade hoxe, ai filla, así teñades pracer, ante o voso amigo, que vós tanto amades.
–Bailarei eu, madre, xa que me mandades, porén, entendo unha cousa de vós: que vos alegrades moito de que el viva pouco, pois me vós mandades que baile ben ante el. 

(II) –Rógovos, ai filla, por Deus, que bailedes ante o voso amigo, pois sodes fermosa. 
–Bailarei eu, madre, xa que mo dicides, porén, entendo unha cousa de vós: que tendes gran gusto en que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.

(III) –Por Deus, ai miña filla, facede a bailada, ante o voso amigo, baixo a milgranda.
–Bailarei eu, madre, esta vez, porén, entendo unha cousa de vós: que vos satisfai moito que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.

(IV) –Bailade hoxe, ai filla, por Santa María, ante o voso amigo, que vos quería ben. 
–Bailarei eu, madre, por vós de todos os modos, porén, entendo unha cousa de vós: porfiades en que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 11’a 11’a 11’a 11B 11’a 11B (= RM 13:5)

Encontros vocálicos: 1 Bailade,‿oje,‿ai; 6 baile‿ant’; 9 mi͜-o; 12 baile‿ant’; 14 so‿a; 18 baile‿ant’; 19 Bailade,‿oj’; 24 baile‿ant’

Note


Testo
  • 2

    Aínda que moito (véxase tamén moi no v. 17) é forma minoritaria en relación a muito (rexístrase tamén en 5.16, 26.9, 919.12), o texto de Nunes indica claramente como o proceso de lusitanización en moitas edicións da lírica profana galego-portuguesa chegou a modificar as propias leccións dos manuscritos. A este respecto, convén indicar que, para alén dunha importante presenza de moi ~ moito nos textos medievais xerados no territorio galego, estas formas encóntranse tamén en textos portugueses de diferente teor. Véxase, só como mostra, a forma moito ~ moyto en obras diversas, como o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 277, 278, 298 etc.), a Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 174) ou o tardío Tratado de Confisson (Machado 2003-2013: 51, 56, 59, 61, 62, 64, 65 etc.).

  • 4

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 11.5, 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 5

    A lección de V suxire unha forma moito (véxase v. 2) polo frecuente erro <o>/<e> nos apógrafos italianos.

  • 12

    No refrán das estrofas II (v. 12) e IV (v. 24) –na estrofa III está abreviado–, o trobador introduce unha variación que non foi respectada nas edicións de Nunes, Cohen e Littera, que nivelaron o texto: pois me vós mandades que baile ant’el ben vs.  pois que me mandades que baile ant’el ben.

  • 13

    Eis un dos escasos rexistros da voz bailada, que só se rexistra noutras dúas cantigas. Véxase nota a 2.16.

  • 14

    A forma milgranada, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (louçana, Granada, avelana, venia etc.), sen dúbida como ornato (arcaizante) propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
    A presenza do arcaísmo fai máis evidente a ausencia da solución so-la, que tamén ten ese carácter nas cantigas de amigo: neste caso é a necesidade da sinalefa a que condiciona a aparición de soa milgranada.

  • 17

    Nótese o erro na copia de V, <pagata>, que reaparece tamén en 828.12 (<pagato>pagado), talvez un italianismo do copista do Cancioneiro da Vaticana.

Cerca
    Nessun risultato trovato