464 [= RM 18,5]
Ben sabia eu, mia senhor

Ben sabia eu, mia senhor,
que, pois m’eu de vós partisse,
que nunca veeria sabor
de ren, pois vos eu non visse,
porque vós sodes a melhor
dona de que nunca oisse
omen falar,
ca o vosso bõo semelhar
sei que par
nunca lh’omen pod’achar.
E, pois que o Deus assi quis,
que eu sõo tan alongado
de vós, mui ben seede fis
que nunca eu sen cuidado
én viverei, ca ja Paris
d’amor non foi tan coitado
nen Tristan:
nunca sofreron tal afan
nen [o] an
quantos son nen seeran.
Que farei eu, pois que non vir
o mui bon parecer vosso?
Ca o mal, que vos foi ferir,
aquele x’ést[e] o nosso,
e por ende per ren partir
de vos muit’amar non posso
nen farei;
ante ben sei ca morrerei
se non ei
vós, que sempre i amei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscrits


B 468bis

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 52-54 [= LPGP 141-142]); Paredesa (2001: 149); Paredesb (2010a: 130); Tavani (2010: 60-61)1; Littera (2016: I, 85).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 154-155); Machado & Machado (1950: II, 321-322); Paredes (2010b: 102-105); Paredes (2010c: 73-74); Rios Milhám (2018b: III, 464).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 30-31); Oliveira & Machado (1959: 30-31); Tavares (1961: 11-12);  Fiúza (1981: 122-125); Ferreira (1988: 51); Montoya (1988: 312-313); Ferreira (1991: 30-31).

Variants manuscrites


4 vos] uos B   10 pod’achar] pedachar B   13 fis] ffiz B   15 én] Eu B   23 vos] uos B   26 vos] uos B   28 morrerei] moirerey B

Variants editorials


3 nunca veeria] nunc’aveeria Paredesa, Paredesb : nunca veria Tavani, Littera   6 nunca] nunc(a) Nunes   7 omen] hom(en) Paredesa : hom Paredesb, Tavani   8 bõo] bon Tavani : bom Littera   8-10 Ca o vosso bõ(o) ssemelhar / par nunca lh’ omen pod’ echar Nunes   10 pod’achar] pode<r’>achar Tavani   12 sõo] ssõ(o) Nunes : son Tavani : som Littera   13 fis] fiz Tavani, Littera   15 én] eu Nunes   17 nen] [e] nen Nunes, Littera   18-20 nunca soffreron tal affam, / nen am quantos som, nen se(e)ram Nunes   19 nen [o] an] [e] nen an Paredesa : nen [ter]an Paredesb : nen <ten>ran Tavani   20 <todos> quantos som nen seram Tavani   23 vos] os Paredesa   24 aquel’é meu e non vosso Nunes : aquele <mal> x’est o nosso! Tavani : aquel é [meu] x’est o vosso Littera   25 ren] sem Nunes   27 nen] nen [o] Nunes : nen’[o] Littera   28-30 ante ben sey ca morrerey, / se non ey vós que sempr’ amey Nunes   30 que sempre] que <eu> sempre Tavani

Paràfrasi


(I) Ben sabía eu, miña señora, que, despois de me separar de vós, nunca vería nada que me agradase, desde que non vos vise, porque vós sodes a mellor dona de que nunca ouviu ninguén falar, pois á vosa fermosura sei que nunca ninguén lle pode achar par.

(II) E xa que así o quixo Deus, que eu estou tan afastado de vós, tende a total certeza de que eu nunca vivirei sen mágoa por esa razón, xa que Paris non foi tan coitado de amor nin Tristán: nunca sufriron un afán tal nin o teñen cantos existen nin existirán.

(III) Que farei eu, cando non vir o voso rostro? Pois o mal que vos foi ferir, aquel é o noso mal, e por iso non podo, por nada do mundo, deixar de amarvos moito nin o farei; ben sei que morrerei antes se non vos teño a vós, que sempre amei.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 7’b 8a 7’b 8a 7’b 3c 8c 3c 7c (= RM 70:1)

Encontros vocálicos: 3 ve͜e·ri·a; 6-7 nuncao·i·sseomen; 8 bo͂͜o

Notes


Text
  • *

    Nunes emenda sistematicamente o texto de B para acomodar o v. 7 e mais os vv. 8-10 de cada estrofa a, respectivamente, un verso cuadrisilábico e dous versos octosilábicos en vez de catro versos con diferente medida (3 8 3 7).

  • 2-3

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):

    Ben sabia eu, mia senhor,
    que, pois m’eu de vós partisse,
    que nunca veeria sabor
    de ren.

  • 3

    A segmentación nunc’aveeria de Paredes é errada, pois non existe ningunha forma verbal aveeria, nin de veer nin de aviir.

  • 7

    As aparentes catro sílabas do verso son, na realidade, tres pola episinalefa oisse‿/‿omen, mantendo, deste xeito, a regularidade trisilábica nos sétimos versos de todas as estrofas. É por isto que a solución de Paredes e Tavani, coa supresión da sílaba final e a creación dunha fantasmal forma (h)om, non ten apoio nin textual nin lingüístico na lingua medieval de ningún tipo: na edición do editor andaluz non se xustifica tal forma, mentres que Tavani alude a un dubidosa operación para reducir «o suxeito de persoal a impersoal (homen > hom)».

  • 8

    A forma bo͂o, con grafía conservadora (véxase a significativa situación de 887.42, coa oposición <bon> A vs. <bo͂o> BV), é metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (241.10, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 889.24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / so͂o) e, tamén, a un / u͂u. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 8-10

    Nótese a concordancia ad sensum coa ausencia da preposición a no v. 8 (achar par ao vosso...).

    Sobre bõo ~ boo unisilábico véxase nota a 241.10.

  • 10

    Nótese como nos vv. 10, 20 e 30, por mor da procura dunha inexistente simetría no número de sílabas, Tavani modifica os tres versos con suplementos textuais desnecesarios, chegando mesmo no v. 20 a modificar a lección <seeram>, trisilábica para a acomodar á refacción realizada.

  • 13

    Emendamos a lección de B para o provenzalismo fis, que tamén presenta as variantes fiz (véxase nota a 1332.33) e fix (véxase nota a 20.9), pola rima con quis (v. 11) e Paris (v. 15) e, asemade, a fácil confusión para fiz pola existencia da forma de P1 de pretérito de fazer.

  • 15

    Paris, fillo do rei Príamo, raptou Helena e provocou a guerra de Troia, motivo central de diversas obras literarias medievais pertencentes ao ciclo clásico, e moi especialmente da Crónica Troiana, traducida en Galiza no século XIV.

  • 17

    Tristán é o protagonista masculino da historia de Tristán e Iseo, no ciclo artúrico, de que se conserva unha versión medieval galego-portuguesa fragmentaria no Livro de Tristan. Ambos protagonistas aparecen citados tamén en 530.8-9 (Don Denis).

  • 19

    O pronome CD parece mellor solución para a hipometría versal do que a copulativa inicial, que crea un contexto sen o necesario complemento; pola súa parte, Tavani propón un inexistente tenran, de carácter protohistórico, xa que a forma galego-portuguesa é terran.

  • 24

    A solución tavaniana é intrusiva de máis para resolver a hipometría do verso, xa que na secuencia éste o pode existir hiato métrico (cfr. o verso dodecasilábico no mundo máis ca vós éste o mui sobejo en 294.2); e o mesmo acontece coa proposta de Littera, que torna incomprensíbel o texto.

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 29

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. 

  1. ^

    A proposta do estudoso italiano foi reeditada, con mudanzas mínimas, en Tavani (2016a). O texto crítico é coincidente, agás no v. 10, onde na segunda edición aparece pode<ri’> achar en vez de pode<r’> achar.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat